Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

PECHE DO CURSO NA EBMT REBULIR

16.06.09

O sábado 20 de xuño a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir pechará o curso 2008/09 cunha festa que se prolongará durante toda a xornada, co seguinte programa:

11:30 – Contacontos e Animación teatral. Con Alba Grande. No local de Rebulir (Praza de San Andrés –Vilavidal)

18:30 – Actuación dos grupos da EBMT Rebulir. No Salón de Actos do Multiusos de O Picouto

19:30 – Petiscos para membros, familiares e amigos de Rebulir.

20:00 – Peche do Curso.


Aínda que o Sábado rematan as clases en Rebulir, a actividade non cesa, posto que durante o verán preséntase unha axenda chea de actuacións destacando: Festival en Tordoia (A Coruña), Festival Internacional de Pinheiros-MonÇao (Portugal) e Festival Internacional de Cacia-Aveiro (Portugal), sen esquecer unha chea de Romarías e Festas. Estando tamén en vixencia o II Concurso de Fotografía Antiga.
   

PRESENTACIÓN DO ARQUIVO DO PATRIMONIO ORAL DA IDENTIDADE

15.06.09

O xoves 25 de xuño celebrarase a presentación pública do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade en Santiago de Compostela.

O APOI xorde como consecuencia da evolución do programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007. Un arquivo destas características, público e accesible e que dá conta da autoría das achegas que se incorporan, pasará desde o Museo a ser un arquivo do pobo galego que teña a ben participar nel. Neste momento xa está accesible un avance do traballo realizado na páxina web que ha ser o aloxamento do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade.

Na reunión, que se celebrará no Museo do Pobo Galego o xoves 25 de xuño ás 18:00h, as persoas responsables do desenvolvemento do proxecto, desde os compiladores que fixeron as primeiras contribucións, Mini Rivas e Mero Iglesias, ata os informáticos de AmaroukStudio, xunto aos técnicos de Sons da Vila que se ocupan da dixitalización e Sergio de la Ossa, responsable das transcricións, estarán a disposición dos asistentes para responder a todas as cuestións que poidan resultar de interese.
   

ASAMBLEA ABERTA NA SALA NASA

11.06.09

Komunicando.net vén de publicar un comunicado en relación aos cambios realizados recentemente na programación da Radio Galega, e en apoio á presenza da música galega en dito ente público.

Extracto do Manifesto Básico pola Defensa da RTVG (Fonte: komunicando.net):

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS, e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos [...] entendemos que esta medida de eliminación da música en lingua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.

Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.

Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.

Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!

Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.

Pode consultar o texto íntegro do manifesto e asinalo aquí.

Asimesmo, queda convocada unha Asemblea Aberta para tratar este tema e adoptar unha postura común, o sábado 13 de Xuño ás 12:30 h. na Sala NASA de Santiago de Compostela.

Sala NASA
San Lourenzo,51-53 B
Santiago de Compostela
   

O PATRIMONIO INMATERIAL NA MARIÑA

11.06.09

Catro vilas da mariña lucense -Ribadeo, Viveiro, Foz e Alfoz- comparten programación para a posta en valor do patrimonio inmaterial nas tardes dalgúns venres de xuño e xullo.

O programa destas xornadas será o que segue:

12 xuño en Viveiro. Mini e Mero: “A literatura oral na canción galega”

19 xuño en Ribadeo. Xosé Miranda: “Guia da narrativa oral”

26 xuño en Foz. Antonio Reigosa: “Mitos e monstros da Mariña”

10 xullo en Alfoz. Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón: “Polo pais do Valadouro: xiganteas, mouras, ninfas, demos e santos”
   

XXIII DÍA DA MUIÑEIRA EN ARTEIXO

08.06.09

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.

BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA

1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.

4.A Muiñeira a bailar será a “Muiñeira do Sr. Macías” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas.
Bailarase catro veces con breves descansos.

5.O prazo de inscripción remata o 7 de Xuño. As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:
Correo ordinario: Asociación Xuvenil “Xiradela”,
Polígono de Sabón, 5.
15142 Arteixo.
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

6.Os grupos inscritos deberán concentrarse a carón da Piscina Municipal (zona escolar), ás 17:00h.

7.Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.

Tlfnos. de contacto:981641125 (Xiradela), 675527543( Raquel)
   

FEIRA DO DEZAOITO EN CUNTIS

02.06.09

Mel, marmeladas, viños, conservas, produtos da horta, doces, artesanía… son os protagonistas principais da Feira do Dezaoito, que busca dar a coñecer os productos agroalimentarios e artesáns do noso pais e achegar novas canles de comercialización para os productores.
Pero ademais recupera un espazo de encontro social que acollerá actividades que forman parte do noso patrimonio cultural, como a música e o baile tradicional, os xogos populares ou as mostras de artesanía en vivo.

A Feira do Dezaoito, hoxe desaparecida, foi unha das feiras máis antigas do concello de Cuntis. Celebrábase na carballeira de Troáns, o día dezaoito de cada mes. Deixou de celebrarse a comezos do século XX. Esta FEIRA DO DEZAOITO, de carácter anual, pretende recuperar tamén o ambiente da época polo que os expositores deberán empregar vestimenta propia daquel tempo (principio do século XX).


Para asistir, confirme chamando ao 986 533600 ou ao 687 497591, ou enviando un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Organiza a Concellaría de Cultura do concello de Cuntis.
   

II SERÁN Á BEIRA DO MAR EN BAIONA

01.06.09

O sábado 13 de xuño celebrarase en Baiona o 2º serán á beira do mar.

O programa do serán será o seguinte:

19:30 h. Encontro de músicos na Praza do Concello
20:00 h. Pasarrúas
21:20 h. Serán no Parque da Palma

Durante a noite rifarase unha folla de bacallau, unha noite nun hotel de
Baiona, unha enciclopedia, unha cesta de froita...

Se queredes participar, confirmade asistencia enviando un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou me chamando ao 654838212.

Organizan:
A.C. A Seneira
O Ximbaleu - Tramallo Cultural

Colaboran:
Concello de Baiona
Salcón
Frutas Vilar
Hotel-Residencia Tres Carabelas
   

XXVII DÍA DA MUIÑEIRA NA CORUÑA

27.05.09

O XXVII Día da Muiñeira na cidade da Coruña terá lugar o domingo día 7 de Xuño de 2009, na praza de María Pita e nos Xardíns de Méndez Núñez.

A continuación ofrecemos as bases da participación:

1. O “Día da Muiñeira” celébrase con carácter de exhibición, non de concurso.

2. Poderán participar nel os grupos de Asociacións Culturais e Recreativas, Centros de ensino, Asociacións Folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións de Veciños, Asociacións Xuvenís, Centros Sociais, etc, de toda Galicia, sendo requisito indispensable enviar debidamente cuberta a folla de inscrición adxunta:

- Ó local social na rúa Historiador Vedía, 3-soto 1º na Coruña
- Por correo electrónico á dirección: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

3. O prazo de admisión de inscripcións rematará o día 30 de Maio.

4. Os participantes poderán ser grupos mixtos, femininos ou masculinos, sexan infantís, xuvenís ou de adultos, non sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. O XXVII Día da Muiñeira terá lugar o domingo día 7 de Xuño de 2009, comezando cun pasarrúas dende a praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez, onde terá lugar a exhibición.

6. Os grupos daránse cita nos soportais da Casa do Concello da Coruña, na praza de María Pita, ás 17:00 h. Alí colocaránse no lugar sinalado có seu número correspondente, do que serán informados nos días previos ó acto.

7. Ás 17:30 h. dará comenzo o pasarrúas e ás 18:00 h. terá lugar a lectura do pregón e a exhibición.

8. Tódolos grupos inscritos bailarán ó mesmo tempo, aínda que en grupos separados, tres muiñeiras formadas por 5 voltas e 4 puntos, con breves descansos entre elas.

9. Por último, procederase á entrega de agasallos conmemorativos aos participantes, polo que unha parella de cada asociación deberá achegarse ó escenario para recollelos.

Para calquera dúbida ou aclaración, pódense poñer en contacto coa Asociación Xuvenil Xacarandaina, organizadora do Día da Muiñeira:

- no teléfono 981 277 315
- por correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
   

FOLIADA EN AS PONTES O 29 DE MAIO

26.05.09



O venres 29 de maio celebrase a última Foliada nas Pontes de esta temporada con cartel de luxo.

Esta foliada contará coa presenza do grupo Alxibeira de Narón, que participará coas secions de gaita e percusión, cantareiras e baile tradicional.


E para rematar, o prato forte da tempada. Dende o Bierzo chega o grupo Folk Antubel, cque onta xa con tres discos gravados dende o ano 1999, data da sua fundación.


A Foliada das Pontes celebrarase o venres 29 de maio ás 22:30 h. no Lar.
   

XXI FESTIVAL FOLCLÓRICO A.C. ROSALÍA DE CASTRO DE CACHEIRAS

25.05.09

A XXI edición do Festival folclórico que celebra a Asociacion Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo - A Coruña) celebrarase o domingo 31 de maio a partir das 5 da tarde.

Este ano, ademais da súa Escola de Baile e Música Tradicional, tamen participan grupos das seguintes asociacións:
Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima (Rois)
Sociedade Recreativa San Xoan de Calo (Teo)
Asociación Cultural Agarimo de San Fins (San Félix de Sales – Vedra)
Agrupación Folclórica “Alborada” de Santa Lucía (Compostela)
   

Páxina 249 de 265