Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Venrespirar en Ourense

23.02.10

Comezan de novo os Venrespirar en Ourense

Festas itinerantes de música e baile, organizadas por "Algaravía" e "AOFT Gomes Mouro".
Realízanse en diferenes locales da cidade de Ourense e coinciden neste ano nos últimos venres de cada mes. Comezan as 22:30h.

Estas festas están abertas a toda a xente que queira participar, sa sexa tocando, bailando, cantando ou simplementetomándolle algo e disfrutando do ambiente.

(Últimos venres de cada mes)
Febreiro....... Grándola
Marzo......... Liceo
Abril........... Efémera
Maio...........Ollo ledo
Xuño...........Efémera

Máis información http://aoftou.spaces.live.com/


   

Foliada en As Pontes

23.02.10




As Foliadas do Lar están a ser xa unha boa referencia dentro do mundiño tradicional galego. Cada derradeiro venres de mes, contan coa presenza dalgún personaxe relevante dentro do ámbito da música e o folclore galego.

Na vindeira edición o Venres 26 de Febreiro, contan co grupo "Os Azoughados de Churio" que chegan dende Betanzos, son habituales nas foliadas e festas con sabor gaiteiro de todo o pais, por iso queren estrenarse tamén no Lar de As Pontes.

O grupo local e anfitrión de este mes será "No Cómbaro" que cun repertorio renovado e a súa "Música de Taberna" intentaran entreter durante uns minutos á xente que se achegue ata O Poboado das Veigas.






   

17 Noites de Tasca

22.02.10



Celebrarase o vindeiro Venres 26 de febreiro dende as 22h no resstaurante "O Pandeiro" no po. de Acevedo (Cerceda).

Contarán coa presenza de MAnca na Cheda de Mondoñedo (Lugo) e despois foliada coas Pandereteiras das Encrobas, Gaiteiros AFC San Martiño.... e máis.

Organiza:
Asociación grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes

Colaboran:
Concello de Ceceda
Agrupación folclórica cultural San Martiño de Cerdeda


   

Obradoiro de Cancións de Berce tradicionais (Tomiño)

22.02.10


Ugía Pedreira imparte un taller de nanas para pais

A oficina de Igualdade de Tomiño organiza un «obradoiro de nanas». Unha innovadora iniciativa que ten como obxectivo axudar a pais e nais na crianza dos seus fillos. A actividade, que impartirá a cantante galega Ugia Pedreira, do grupo «Marful», celebrarase o sábado, de 12 a 14 e de 16 a 18 horas, no Centro Goianés. No obradoiro trataranse nanas e cancións de berce tradicionais así como as súas posibles versións para a actualidade.

OBRADOIRO DE NANAS

LUGAR: Centro Goianés
DATA: 27 de Febreiro de 2010
HORARIO: 12 a 14 e de 16 a 18 horas
IMPARTE: Ugia Pedreira de Marful
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: Oficina de Igualdade, rúa Colón s/n, ou chamando por teléfono ao 986608070.


   

Falecementos

22.02.10

Esta fin de semana faleceu Javier Rgez, Gaiteiro de Andión (Silva, Pol-LU). Adicóuselle un Alalá, emitido o pasado mes de Novembro. Por se a alguén lle interesa, o funeral será hoxe luns ás 17h na súa parroquia natal.

Desgrazadamente tamén perdemos outro importante informante, Sr. "Angelito" de Lordelo (Toutón, Mondariz), grande beilador e pandereteiro.

O noso máis sentido pésame as familias e noso recordo para estes gaiteiros.
   

Tres galegos galardoados nos Premios da Música 2010

19.02.10

Luar na Lubre, Cela 211 e Carlos Bau foron os protagonistas galegos dos XIV Premios da Música. «Cela 211», de Roque Baños foi galardoada co mellor Álbum de Banda Sonora de Obra Cinematográfica, a mellor canción en galego foi para «Nada», de Carlos Bau e o mellor álbum de música tradicional foi «Ao vivo», de Luar na Lubre.

A gala de entrega dos premios será o 4 de Marzo no Teatro Calderón de Madrid.

www.lavozdegalicia.com



   

Cristina Pato no Corte Inglés de Vigo

18.02.10





O venres 19 de Febreiro, ás 19.00 horas, Cristina Pato asinará exemplares do seu novo traballo “The Galician Connection” no departamento de Discos – planta baixa de El Corte Inglés de Vigo.








   

Achégase a celebración dos Premios da Música

12.02.10

O 17 de Febreiro daranse a coñecer en roda de prensa os gañadores da XIV edición dos Premios da Música. A Gala de Entrega de Premios terá lugar o 4 de marzo no Teatro Häagen-Dazs Calderón de Madrid.

Nesta XIV edición dos Premios da Música, organizados pola Academia das Artes e as Ciencias da Música, están nominados un total de nove artistas galegos. Juan Carlos Fasero, o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), está nominado na súa faceta de músico. Compite na categoría de Mellor Canción en Galego co seu tema "A nosa estrela", composto en colaboración con Eva Carreras. Os seus rivais serán "Madama", de Guadi Galego, Pedro Pascual e Rosa Bugallo, e "Nada", de Carlos Bau.

Ademais dos mencionados, Carlos Núñez, con Alborada do Brasil, e Luar na Lubre, con Ao vivo, competirán con Kepa Junquera na categoría de mellor álbum de música tradicional; e o director e compositor Ros Marbá e a Real Filharmonía de Galicia, con 5 Melodías sobre poemas de Paul Valéry, competirán por algún dos galardóns no apartado de Música Clásica con Carmen Verdú, Joan Valent, Ara Malikian ou Jordi Savall.
   

IV Noites de Fiadeiro

12.02.10

En Rebulir xandan cos preparativos da IV Noite de Fiadeiro, que como ven sendo habitual se celebrará o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 24.

Algunhas das novidades, como que o encargado da realización do cartaz desta edición será o coñecido pintor Vianés Angel M. Rodríguez, máis coñecido como Piquico, tamén procuraremos ampliar as actividades a toda a xornada con novidades como será o Campionato de Futbol Chapas ou a Animación de rúas.

Todos aqueles grupos de Música Tradicional que esten interesados en ir tocar esa noite ata Ramirás que contacten con por medio de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , e que envien os seguintes datos:

* Nome do grupo:
* Número de Compoñentes:
* Persoa de Contacto:
* Lugar de procedencia:
* Teléfono:
* Correo Electrónico:

Para máis información podedes consultar o blog de rebulir www.rebulir.blogspot.com ou ben no teléfono 639 90 80 05.
   

A AGG nas II Xornadas de Educación Infantil

11.02.10

A Asociación de Gaiteiros Galegos presentou nas “II Xornadas de Educación Infantil. Música da terra para @s nos@s pícar@s” as publicacións didácticas promovidas por esta entidade.

As alumnas e alumnos do CIFP Anxel Casal de Monte Alto da Coruña, en concreto, do Ciclo Superior de Educación Infantil, no seo do módulo de Didáctica da Educación Infantil, rematan hoxe unha actividade práctica de aula: unhas xornadas educativas denominadas: “II Xornadas de Educación Infantil. Música da terra para @s nos@s pícar@s”.

As Xornadas, que se están a desenvolver esta semana, do luns 8 ao xoves 12, tiveron como temática principal a música tradicional e a súa aplicación á Educación Infantil.

Pensouse en abordar a música tradicional galega nun senso amplo, tendo en conta tódalas súas manifestacións, xa sexa a interpretación, o canto, a danza ou mesmo os xogos populares musicados; dada a importancia que se lle atribúe dende a pedagoxía actual para cun desenvolvemento harmónico das crianzas e a ausencia da mesma no currículo da Educación Infantil na súa primeira etapa.

A presentación que a AGG fixo : "Quiquiriquí", "Pelo Gato 24" e "13 Lúas" tivo unha gran acollida por parte do público astistente: futur@s mestr@s de Educación Infantil.
   

Páxina 243 de 265