Varios
Circio presenta "Baile dos Soños"
16.03.10
Circio é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.A súa primeira produción, Baile de Soños, é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas por damas musicais ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.
Quen non soñou con bailar…?
Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños,... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu…
Dirección: MANUEL COBAS
Dirección musical: SERXIO COBOS
Son e iluminación: SONART
Técnicos de son: Andrés Gomez e Michi Castro
Técnicos de iluminación: Suso Jalda e Fran Soaje
Vestiario: Patricia González
Bailaríns: Tania Ameneiro, Beatriz Díaz, Romina Bastón, Miguel Sotelo, Manuel Cobas, Sara Estévez, Serxio Cobos.
Músicos: Laura Puga, Arancha Alfaia, Alba Malvido, Jara Ortiz, Serxio Cobos, Cristina Sánchez.
Clasificacion: Danza / Duracion: 70 minutos / Idioma: Galego
ENTRADA: 8 euros.
4 euros nen@s menores de 10 anos.
Ghaiteirada na Baña
15.03.10
Ghaiteirada na Baña.
Venres 19 de Marzo dende as 21:30 h. no local Social de San Vicente da Baña, Ghaiteirada á lus do candil.
Non esquezades traer os instrumentos ou moitas ganas de bailar.
Organiza: Gaiteiros da Baña.
Colabora: Concello da Baña.
Presentación de Bailabén en Vigo
15.03.10
Gustavo Couto e Edith Cotilla, desta volta presentan ao público o método de iniciación ao baile galego Bailabén en Vigo.
O acto terá lugar este Luns 15 de Marzo de 2010 na Casa Galega da Cultura, sita na Praza da Princesa.
Concentracións de Queremos Galego
15.03.10
Logo da concentración de urxencia desenvolvida o sábado 13 de marzo do 2010 pola mañá fronte á sede da Consellaría de Educación en Santiago de Compostela, ao tempo que se presentaba publicamente aos medios o contido do anteproxecto do decretazo contra o galego no ensino, a Plataforma cidadá Queremos galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que a norma presentada siginifica para o proceso de normalización da nosa lingua propia no sistema educativo. Arestora, están confirmadas concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nos seguintes lugares:- Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
- Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
- A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do instituto)
- Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
- Ferrol: ás 20 horas na Praza de España (diante do edificio administrativo da Xunta)
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galiza
- Noia: ás 20 horas diante do Concello
- A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
- Foz: ás 20 horas diante do Concello
- Carballo: ás 20 horas diante do Concello
- A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello
Nas próximas horas pode ser que se vaian confirmando máis concentracións en máis puntos do país. Mantédevos informados na páxina web de Queremos Galego: http://www.queremosgalego.org
Punteiro Rg Música
11.03.10
Os sabados á noite, na radio galega música. Punteiro, presentado por Manuel Garrido, é un programa sobre o mundo da gaita e as gaitas no mundo, con espazo abondo para a música popular. Non é un lugar para a música folk, que tamén, nin para a música folclórica, que tamén; se non para toda aquela música tradicional creada coa forza do sangue e o latexo do corazón. Música que foxe dos circuítos comerciais, en definitiva, música que emocionou en tempos pretéritos e emociona na actualidade.
Constitúese o Coro Tradicional Cantares do Brión en Vincios
11.03.10
A agrupación conta con máis de sesenta coristas procedentes de distintos concellos e comarcas da contorna
O pasado domingo 7 de marzo constituíuse en Vincios (Gondomar), no seo do Centro Cultural, o Coro Tradicional Cantares do Brión. A formación, con máis de sesenta compoñentes de distintas idades e procedencias xeográficas, distribúese en catro cordas (soprano, contralto, tenor e baixo) e conta cun repertorio variado de pezas tradicionais, entre as que destacan as pandeiradas, as foliadas, os maneos e as muiñeiras. Ademais das voces, no coro tamén se emprega distintos instrumentos musicais propios da tradición galega, como a gaita, o tamboril, o bombo, a pandeireta e as cunchas.
Na asemblea do pasado domingo, o Coro Tradicional Cantares doBrión aprobou o seu regulamento interno de funcionamento e elixiu o presidente e a comisión do coro, que se encargarán da organización. Nesa mesma xuntanza ratificouse a Pablo Rial como director musical da agrupación, papel que xa viña desempeñando dende os primeiros ensaios, en decembro de 2008. O músico, veciño de Vincios, é un dos compoñentes do recoñecido grupo de música tradicional Os Carunchos e posúe un amplo coñecemento e experiencia no ámbito da música tradicional galega en xeral e do canto coral en particular.
Os integrantes deste Coro tradicional, un dos poucos que nestes momentos existen en Galicia, deixaron claros nesta reunión os obxectivos que pretenden conseguir e que quedaron plamados no propio regulamento interno: “O Coro Tradicional Cantares do Brión terá como finalidade primordial o cultivo, divulgación e restitución do canto e da música tradicionais de Galicia”. Ademais, a agrupación fomentará a investigación e o emprego do traxe popular galego e desenvolverá todas as súas actividades en idioma galego.
De momento só tiveron dúas actuacións en público e aínda non fixeron a estrea oficial, que se esperá que sexa no verán deste ano, cando xa todos teñan confeccionada a vestimenta adecuada ao seu estilo musical.
http://www.blogoteca.com/malmequer/
II Xeiras da Lingua Galega (Vigo)
10.03.10
As II Xeiras sobre a Lingua Galega, que terán lugar entre os días 9 e 12 de marzo de 2010 na Sala I do Edificio Miralles (Universidade de Vigo), estrutúranse da seguinte maneira:Martes, 9 de marzo de 2010
09.00-09.30h – Entrega de acreditacións
09.30-10.00h – Acto de apertura
10.00-12.00h – O galego na rede
Pedro Silva, administrador de Blogaliza Berto Yáñez, proxecto EuFalo.tv
12.00-12.15h – Descanso
12.15-14.00h – O galego no ensino
Francisco Rodríguez, profesor de literatura galega
Marcos Loureiro, Responsábel Nacional dos Comités
14.00-16.30h – Xantar
16.30-18.00h – O movemento Bravú Proxección do documental ‘Nor-Noroeste: A viaxe Bravú’ (10 min)
Xurxo Souto, cantante e escritor
18.00-18.15h – Descanso
18.15-19.30h – A música tradicional e de autor
Mini e Mero, compoñentes do grupo ‘A Quenlla’ *inclúe actuación musical
19.30-21.00h – Actuación musical
Sobrado e banda
Mércores, 10 de marzo de 2010
16.00-18.00h – Diferentes normativas para o galego
Mª do Pilar García Negro, Doutora en Filoloxía Galega Valentim Rodrigues Fagim, Presidente da AGAL
18.00-18.15h – Descanso
18.15-21.00h – Varios enfoques, un mesmo obxectivo
Fran Rei, voceiro de ‘Queremos Galego’
Henrique Costas, voceiro de ‘Prolingua’
H. Monteagudo, voceiro de ‘Galego, Patrimonio da Humanidade’ Daniel Landesa, voceiro de ‘Cambia Galicia’
Xoves, 11 de marzo de 2010
09.00-10.30h – Proxección Días azuis
10.30-12.30h – O galego para o público infantil Francisco Carballés, exdirector do Xabarín Club
Pepe Carreiro, autor de ‘Os Bolechas’
12.30-12.45h – Descanso
12.45-14.00h – Actuación contacontos Celso Fernández Sanmartín, contacontos
14.00-16.00h – Xantar
16.00-17.30h – O ensaio en galego
Xosé Manuel Beiras, ensaísta
17.30-17.45h – Descanso
17.45-19.30h – Humor galego
Kiko da Silva, director da revista ‘Retranca’
Xosé Lois González Vázquez, ‘O Carrabouxo’
19.30-21.00h – Actuación cómica
David Perdomo, monologuista
Venres, 12 de marzo de 2010
09.00-11.00h – A problemática do borrador do Decreto do Plurilingüísmo
Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística
11.00-11.15h – Descanso
11.15-13-15h – A situación global do galego
Bieito Lobeira, Voceiro de Lingua do BNG Francisco Cerviño, Voceiro de Lingua do PSdG-PSOE
Román Rodríguez, Voceiro de Educación do PPdG
13.15-14.00h – Acto de clausura
Presentación do método de baile "Bailabén" en Santiago de Compostela
09.03.10
Este xoves, día 11 de marzo, ás 19h terá lugar no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (no Pazo de Raxoi) a presentación ó público do método de aprendizaxe do baile galego "Bailabén" un libro con DVD elaborado por Edith Cotilla e Gustavo Couto que Edicións do Cumio ven de sacar do prelo.
Ámbolos dous autores estarán presentes no acto acompañados de Cándido Meixide que acudirá en representación da editorial.
PRESENTACIÓN DAS XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN VILALBA
03.03.10
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, presentou hoxe as xornadas de música tradicional que está a organizar para os vindeiros días 8 e 14 de Marzo en Vilalba. Á presentación das xornadas, que tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba, asistiron o delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado o Concelleiro de Cultura do Concello de Vilalba, Jose Mª García e Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola.
Estas xornadas, que se iniciarán o luns día 8 a partir das 11h. no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba cun concerto didáctico adicado a escolares, continuarán o día 14 co curso de acordeón, que se realizará no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba.
Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
VI Encontro Zanfona Contemporánea de Narón
03.03.10
O Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón chega a súa VI edición consolidándose como un completo festival adicado a este instrumento.
A data de celebración será o xoves 18 e o domingo 21 de Marzo.
Actividades didácticas, concerto, escenario aberto, convivencia,... cunha convidada de excepción, a francesa Isabelle Pignol. Estarán compartindo palco con ela Mini e Mero e o Projecto ['trepia].
A inscrición ao curso está aberta e o número de prazas é limitado.
Para máis información: www.folque .com
Páxina 241 de 265