Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

II Festa de xogos tradicionais Xotramu

25.05.10





Celebrarase en Muimenta o 6 de Xuño entre as 11 e as 20h.

Entre as actividades atoparemos.
- 40 Campos de xogos
- 15 Postos de exposicións e obradoiros
- Máis de 100 xogos
- Demostración de xogos de diferentes lugares









   

XI ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

24.05.10

Celebrarase o 5 de Xuño do 2010

13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

•Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:

• "RESPIRAR NA PUNTA DOS DEDOS" . Conversas, tocatas e acordeóns diatónicos.

• MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)


-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, madeira...

15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)


DURANTE A TARDE:

• XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES

• "BUSCANDO MILAGRES" con Celsiño Fndez. Sanmartín

• CONVERSAS, TOCATAS E ACORDEÓNS DIATÓNICOS

E ao que se vaia facendo de noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
   

CONCERTO DIDÁCTICO, OBRADOIRO DE REGUEIFAS e FOLIDA NO VISO

24.05.10

O vindeiro sábado 29 de maio a partir das 19:30h, na Sociedade de Agricultores do Viso (O Viso, Redondela, enfrente a Tenda de Concha),

CONCERTO DIDÁCTICO DE PABLO CARPINTERO e de seguido

OBRADOIRO DE REGUEIFA impartido por BENITO LOBARIÑAS

e para rematar

FOLIADA (non esquezas o teu instrumento).

A entrada é totalmente de balde ata completar aforo.


Organiza: ASOCIACIÓN CULTURAL STA. MARÍA DO VISO

_ _
Asoc. Cultural Sta. María do Viso
Tuimil, 67. O Viso
36810 Redondela. Pontevedra
Telf. 626 156 872
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
http://www.terrameiga.net

   

Numero Público asistiu ás II Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola AGG

24.05.10

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolleu a numerosos bailadores na II edición das xornadas.

Numerosos asistentes participaron nas “II Xornadas de Baile Tradicional”, xornadas que naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Nestas xornadas, ás que asistiron profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral, ademáis de numerosas persoas vinculadas á cultura galega, presentáronse métodos e materiais didácticos para achegar o baile non só ao ambito das asociacións culturais, senón a toda a poboación. Para impartir as distintas aulas e obradoiros da xornada contouse con Gustavo Couto, Xabier Iglesias, Luis Prego, Serxio Cobos e Pablo Díaz, todos eles mestres e bailadores de recoñecido prestixio no ambito do baile tradicional.

Para iniciar as xornadas, Xabier Iglesias presentou a publicación “Así fan os Bailadores...” e Gustavo Couto presentou “Bailaben”, dous métodos de aprendizaxe do baile tradicional galego que pretenden ser ferramentas de axuda para toda a xente que estea interesada na aprendizaxe do mesmo.

Posteriormente e ao longo de todo o día, ofrecéronse aos asistentes distintos obradoiros para o aprendizaxe de xogos bailados, muiñeiras, xotas e bailes agarrados así como unha mesa redonda que tratou a situación actual e o futuro do baile tradicional en Galicia.

Para a realización desta xornada a Asociación de Gaiteiros Galegos contou coa colaboración da Concellería de Cultura e Centros Sociais do Concello de Santiago.
   

Ciclo "Tradición a pé de Rúa"

21.05.10


A celebración no 2010 do Ano Xacobeo supón un importante reto de cara a traballar pola presenza da música tradicional nas diferentes actividades que se leven a cabo. Neste senso en colaboración coa S.A de Xestión do Plan Xacobeo a Asociación de Gaiteiros Galegos está a elaborar a programación Tradición a pé de Rúa, a través da cal se levarán a cabo pasarrúas e concertos en formato acústico coincidindo con actividades culturais nas pequenas vilas polas que transcorre o camiño, como poden ser feiras de artesanía, exposicións ou festas gastronómicas. En cada caso, procurarase a presenza de artistas e agrupacións cunha íntima relación coa cultura tradicional propia de cada zona. O obxectivo final é o de amosar a variedade, as características estéticas e musicais propias e as influencias culturais que existen en cada un dos camiño

Dentro desta programación mañá sábado 22 Os Chichisos ofrecerán un pasarrúas en Vilagarcía de Arousa, coincidino coa Festa de Santa Rita en torno ás 20:30 da tarde.


   

V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste

21.05.10

Os vindeiros 5 e 6 de xuño terá lugar o "V Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste". Este ano non se poderá celebrar a actividade central do "Encontro", a VII edición do "Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA", agardando que o vindeiro ano se lle poida seguir dando continuidade, as actividades que se levarán a cabo este ano son as seguintes:


Sábado 5 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)
11:30 h RELATORIO
Las edades de la gaita. Dr. Javier Campos Calvo-Sotelo

12:30 h PRESENTACIÓN
Presentación CD VI Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA.
Actuación de Albor (Pedro Álvarez, Ramón Corral e Miguel Souto), conxunto gañador da VI edición

13:30 h EXPOSICIÓN DE PINTURA
Inauguración da exposición Manuel Villanueva, o Gaiteiro de Poio, do pintor e gaiteiro Álvaro Novegil "Alvarellos" coa intervención de Manuel Orío Ávila, escritor, crítico, periodista e músico.


ESCOLA DO CAMPO (Combarro - Poio)

17 h -20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa



DOMINGO 6 de xuño
CASAL DE FERREIRÓS (San Salvador de Poio)

11 h -14 h e de 17 h - 20 h CURSO DE GAITA
A gaita moderna: técnica e interpretación
Paulo González. Licenciado en Música Antiga e profesor de gaita no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa

Programa

Máis información:
- Concello de Poio www.concellodepoio.es / 986 77 00 01
- Asociación Cultural Pai da Cana www.paidacana.com / 626 82 54 42
   

Vixésima Edición de Noites de Tasca

21.05.10





O venres 28 de maio a partir das 10 da noite, no bar-restaurante CASA VELLA, en Abellá - Frades, celebrarase a vixésima edición das "Noites de Tasca".

O protagonista será o gran artesán e mestre gaiteiro JUAN BREA LODEIROS, da Coruña.

E despois Foliada para que participen todos os que se acheguen ata Frades.










   

IªRuada "Vai de Troula"

19.05.10

Este venres 21 de maio, a partir das nove da noite nunha carpa no Campo da Feira de Ordes.

Nela participarán 17 agrupacións da Mancomunidade de Municipios de Ordes.

Estades convidados.


Máis info: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf. da Asociación 660476854.
   

Projecto de Foles

19.05.10

Data: Mércores, 19 de Maio de 2010
Hora: 19:00 - 19:30
Lugar: Conservatorio Sup. de Música de Vigo (exteriores)

Programa:

"Danza e Contradanza de Darbo" baseado nun tema Trad.
(Diego Mariño)

"Karolina, opiáceos e cocaína" baseado no tema Trad. "A saia da Carolina"
(David Bellas)

"Boceto Poio" baseado na "Muiñeira de Poio"
(David Bellas)

Projecto de foles:

Xurxo Fernández
Ánxela Vidal
Lucía comesaña
David Bellas
Xesús Riveira


É un grupo de música de cámara na que os instrumentos empregados son integramente gaitas de fol galegas. Máis alá de folclorismos e costumismos nos que xeralmente está envolto este instrumento, a pretensión do grupo é a de integrar o mesmo, dándolle unha total normalidade nun ambiente camerístico, que salvo algún feito illado non acontecera con anterioridade na Galiza.
   

Semana Letras Galegas no conservatorio Profesional de música de Vigo

18.05.10

Martes 18 ás 18:00 h. no Auditorio David Russell Conferencia "ANDRÉS GAOS E A MÚSICA GALEGA" a cargo de XOAN TRILLO

Xoves 20 ás 17:30 h. no Auditorio David Russell Presentación da "Páxina de recursos sobre a historia da música en Galicia"

Xoves 20 ás 18:00 h. no Auditorio David Russell Conferencia "AS GRAVACIÓNS DA MÚSICA GALEGA 1975 - 2000" a cargo de XAIME ESTÉVEZ

Máis info http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/
   

Páxina 237 de 265