Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

O ‘Galeoke’ sae mañá á venda con 16 cancións

21.12.10

O Galeoke, a versión galega do xogo do Karaoke, estará a partir de mañá nas tendas de discos e poderase adquirir tamén na web de toupa.et. O seu prezo será de 19,95 euros, sairá en formato de CD para ordenador e contará cun total de 16 cancións. Dese xeito, os usuarios deste primeiro volume do Galeoke poderán cantar cancións dos Resentidos, Marful, Lamatumbá, Fuxan os Ventos ou Uxía.

 

   

Serán Familiar en Santiago de Compostela

17.12.10

Domingo 19 de decembro, a partires das 17h30,
CSC Xosé Saramago de Vite (Rúa de Carlos Maside, núm. 7)

A AC Seráns en Compostela e a Concellería de Cultura e Centros Socioculturais do
Concello de Santiago organizan un serán no que se dean cita nais, pais, nenos, avós, curmáns,
veciños...

Con esta iniciativa, queremos contribuír a que os máis pequenos atopen un torreiro
onde tocar e botar os puntos que aprenden nas clases, que se xunten con rapaces e rapazas
doutras asociacións, xoguen, bailen e vexan pouco a pouco que o baile e a música tradicional é algo vivo, que é outro xeito de coñecerse e divertirse.

O serán comezará ás 17h30 e contaremos coa participación das escolas de Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar e Ultreia. A entrada é de balde.

Máis información

www.seransencompostela.org
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!

   

Pasamento do Gaiteiro Paco de Escornabois

17.12.10

Hoxe faleceu Francisco Villarino, máis coñecido como Paco de Escornabois.

Paco tivo a súa primeira gaita ós 16 anos e aprendeu a tocala en só 3 días. O seu peculiar xeito de mover os dedos sobre o punteiro, os seus picados e repicados fixeron do seu tocar unha auténtica demostración de bo facer gaiteiro, sendo capaz de converter pezas comúns en auténticas xoias da tradición oral.

Paco estará sempre no noso recordo. O enterro será mañá as 17h en Escornabois (Ourense).

   

Actividades de Nadal da Asociación Cultural Xacarandaina

16.12.10

cartaz apalpadorEste nadal ven moi moi cargado de Actividades na Asociación Cultural Xacarandaina.

   

Cantos de Reis 2011 cos Chichisos

16.12.10

 

O grupo Os Chichisos convocamos un ano mais a tódolos rapaces e rapazas que queiran cantar o reis ( prazas limitadas )  a asistir a presentación desta actividade o martes 28 de decembro  na casa do pobo de Bértola - Vilaboa ás 20:00 h.

   

Os fondos de Mini, Mero e Mato xa están dixitalizados

14.12.10

O Museo do Pobo Galego segue a traballar na creación do arquivo do patrimonio oral do país

O Arquivo de Patrimonio Oral da Identidade, un proxecto no que o Museo do Pobo Galego traballa desde o 2007, conseguiu xa dixitalizar non só o material achegado polos músicos Mini e Mero - unhas 600 cintas magnetofónicas e casetes de cantares, romances e pezas musicais diversos, recollidos nos últimos 35 anos de informantes da Galiza rural- senón tamén o fondo do cura Xesús Mato, -39 casetes-.

O equipo de traballo do Museo segue agora o proceso. Tras a dixitalización, as gravación son editadas, -ata o momento está editado aproximadamente o 40 por cento dos materiais dixitalizados-, o cal significa limpalas e clasificalas en "cortes" claramente individualizados, para logo abordar a súa catalogación e posterior transcrición e análise etnomusicolóxica.

O Museo do Pobo Galego prepara, deste xeito, un arquivo sonoro do patrimonio oral do país que se nutre, ademais do material recollido por Mini, Mero e Mato, dunha colección de gravacións realizadas en 1994 como resultado do proxecto interactivo museo-escola Recupera-la tradición oral e dun amplo fondo de casetes con traballos de campo de alumnos da cátedra de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixidos por Marcial Gondar. Destas últimas, están dixitalizados e pendentes de edición 32 casetes.

Por outra banda, máis de 200 pezas musicais están xa publicadas na páxina www.apoi-mpg.org. Nesta web pódese escoitar cada peza, e ademais atopar datos de onde, cando e en que circunstancias foi recollida, quen foi a fonte, biografía e foto do informante se a hai, transcrición e estudo musical. O Museo tamén analizará entrevistas e outros materiais recollidos.

DATOS O equipo humano
Os traballos son coordinados por Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego; Xosé Manuel González Reboredo, patrón do Museo do Pobo Galego e coordinador do Instituto de Estudos das Identidades; María Xosé Fernández Cerviño, subdirectora do Museo do Pobo Galego e secretaria do Instituto de Estudos das Identidades.

O comezo da iniciativa
O Instituto de Estudos das Identidades do Museo puxo en marcha en 2007 o Proxecto Sons e Voces da Identidade como un primeiro paso para a creación do Arquivo de Patrimonio Oral da Identidade. Da dixitalización e edición encárganse Francisco Cerdeira e Manuel Varela e do estudo e transcrición a notación musical, publicación, elaboración de guías de uso: Sergio de la Ossa.

www.galiciahoxe.com

   

Festival Rebulir 2010

14.12.10

Un ano máis chega o Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional, que este ano cumpre a súa V edición, adquirindo un maior nivel Internacional.  O  programa contén múltiples actividades durante as xornadas do 18 e 19 de Decembro.

Comezaremos o Sábado pola mañá coa gravación do programa Vaia Troula da TVG desde a Praza de San Andrés (Vilavidal).  As 19:00 h chegará a principal cita cando se xunten todos os grupos no Polideportivo de O Picouto, aquí dedicarán ao público asistente o mellor do seu folclore.

Na madrugada do Domingo, o local Onde Queiras de Celanova acollerá unha Foliada, onde os diferentes grupos tocarán e animarán aos presentes. Xuntos brindaremos cunha cunca de queimada pasada a media noite. Na Xornada do 19, as diferentes delegacións visitarán a cidade de Ourense desde onde partirán cara os seus lugares de orixe. 

Ata Ramirás virán as seguintes delegacións:

-EMBT Rebulir (Ramirás)
-Airiños da Lagoa (Baiona)
-Gaztedi Dantzari Taldea (Bilbao)
-G.F. Valle de San Lorenzo (Castilla-León)
-G.F. de Pinheiros (Portugal)
-Alma Llanera (Venezuela)

 

   

Obradoiro de Regueifas en Santiago de Compostela

13.12.10

 O vindeiro venres 17 de decembro a Biblioteca Pública anxel Casal de Santiago de Compostela organiza de balde un Obradoiro de Regueifas  para adultos a cargo de XOSÉ MANUEL VARELA VARELA, no Salón de actos, ás 18:30h. (Duración 60 min.). Versará sobre a descrición da modalidade de poesía oral cantada -a regueifa- e o xogo poético para construír coplas.

 

 

   

Membros de Berrogüeto participoan nas tertulias do IAEM

10.12.10

Venres 10 de decembro
Na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar ás 20.30 horas

O ciclo cultural As Tertulias do IEM, que o Instituto de Estudos Miñoranos promove por noveno ano consecutivo, ofrecerá este venres un encontro con tres membros do grupo de música folk de vangarda Berrogüeto.

Anxo Pintos, Guillerme Fernández e Xabier Díaz participarán nesta charla na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar a partir do oito e media da tarde.

O tamén músico e médico Antón Seoane, compoñente da banda folk Milladoiro, será o encargado de presentar ao tres conferenciantes, que falarán sobre a ampla traxectoria musical de Berrogüetto, o seu último disco, "Kosmogonías", ou a recente participación na banda sonora da película "The way", que relata unha historia enmarcada no Camiño de Santiago e protagonizada polo actor estadounidense de orixe galega Martin Sheen.

   

Actos do 50 aniversario do pasamento de D. Faustino Santalices

09.12.10

Ciencia da Gaita – Conciencia da Zanfona

Actos con motivo do 50 aniversario do pasamento do ilustre folclorista don Faustino Santalices Pérez

(Bande, 16 de novembro de 1877 – Madrid 6 de decembro de 1960)

Artesán e científico da gaita; recuperador da zanfona; intérprete destacado de gaita e zanfona; investigador e divulgador do patrimonio musical galego

 

Con motivo do 50 aniversario do pasamento de don Faustino Santalices, Difusora de Letras, Artes e Ideas, co patrocinio da Concellaria de Cultura do Concello de Ourense e do Instituto Galego das Industrias Culturais, Xunta de Galicia(AGADIC), organiza un programa de actos consistente na exposición titulada Faustino Santalices. Tradición Musical Galega, promovida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia, que terá lugar do 17 de febreiro ao 27 de marzo no Museo Municipal de Ourense, un congreso sobre a personalidade, o pensamento e a obra de Faustino Santalices e un certame de zanfonistas no Auditorio de Ourense, a edición das actas do congreso e a gravación e edición do disco resultante do certame de zanfonistas así como a reedición das gravacións discográficas de don Faustino Santalices.

Os actos, que se prolongarán até o mes de Abril de 2011 e dos que se farán públicos os programas xeral e parciais, comezan o dia 5 deste mes de decembro coaHomenaxe a Faustino Santalices na Catedral de Santiago de Compostela.

Durante a celebración da Misa Maior do Peregrino o dia 5 de decembro e a partir das 12.00 horas, será interpretada a Marcha das Chirimias da Catedral de Santiago de Compostelaa cargo de:

Coral de Ruada: Voces

Luciano Pérez e Nuria Serrano: Organistrum (Responsábel técnico da Colección Permanente de Instrumentos Musicais do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo).

Manuel Brañas: Chirimía (Director do Obradoiro-Escola de Instrumentos da Deputación de Ourense e do grupo Brañas Folk).

Félix Castro: Chirimía

Pancho Álvarez e Jesús Pérez Saburido: Zanfonas

Cástor Castro: Frauta de madeira

Victoria Folgado: Fagote

 

   

Páxina 233 de 265