Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Pablo Carpintero forma parte do xurado da Unesco para o Patrimonio Inmaterial

11.01.11

O investigador Pablo Carpinteiro, membro do Proxecto Ronsel e da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, foi escollido un dos 12 membros independentes que integrarán o órgano consultivo da Unesco para valorar as propostas presentadas para formar parte da lista de salvagarda urxente.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Mercedes Peón sitúase como número dous na World Music Charts Europe

10.01.11

A lista elaborada cada mes polos corenta e cinco profesionais radiofónicos encadrados na World Music Charts Europe é un referente para os profesionais europeos que se moven neste ámbito profesional. Medio millón de persoas consultan a web da organización, con sede en Alemaña, e os artistas que saen na lista dos vinte mellores traballos teñen un lugar perfecto para que os programadores musicais os sigan con atención.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Visita dos reis magos e Cantos de Reis en Ramirás

04.01.11

As SS.MM. os Reis Magos de Oriente chegaran a Ramirás o vindeiro día 5 convidados pola Asociación Rebulir e o Concello de Ramirás. A comitiva irá integrada por paxes e diferentes servintes dos Reis, así como gaiteiros, músicos e cantadores que lles darán a benvida. O programa que seguirán será o que a continuación se describe: 

   

Danzas de Reis nas Cortellas

03.01.11

O día 6 de xaneiro ás 7 da tarde, terá lugar nas Cortellas (Padróns-Ponteareas) a representación dos cantos e danzas tradicionais de Reis.
Como sempre, despois dos cantos e danzas de Reis, terá lugar un serán no que poderedes participar todos aqueles que o desexedes.
Achegádevos ás Cortellas para formar parte desta tradición que segue en pé un ano máis.

   

Música Baixo as Estrelas

03.01.11

Nova edición de “Música baixo as estrelas”, con Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández, no Planetario da Casa das Ciencias
Mércores 5 e venres 7 de xaneiro
Dous pases: ás 20:00 e ás 20:45 h. cada día
Entradas: 5 euros (á venda nas oficinas do IMCE na praza de Ourense, abertas en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, así como no teléfono 902-504500).
O Planetario da Casa das Ciencias acolle unha nova edición dos concertos "Música baixo as estrelas", onde os artistas Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández interpretarán pezas musicais acompañadas de imaxes dixitais proxectadas na cúpula do Planetario. Nos mismos días dos concertos, se non se completase aforo (79 prazas) poderán comprarse tamén na recepción da Casa das Ciencias.

   

24ª Noites de Tasca en Tordoia

03.01.11

Cartaz 24 noites de tascaComeza o ano 2011 cunha Noite de Tasca Especial adicada aos tradicionais Cantos de Reis ca presenza de varios grupos convidados: o Grupo de Música Tradicional de Ordes, as Pandereteiras das Encrobas de Cerceda, as Pandereteiras "Xentiña" de Trazo, o grupo "Os Reiceiros" da Pontecarreira (Frades) e o coro "Arumes da Fraga" de Cecebre (Cambre)... e todos aqueles que se queiran apuntar.

   

Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais (Compostela)

28.12.10

Martes 28 de decembro ás 20:00
Auditorio de Galicia (Compostela)

A Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais celébrase no Auditorio de Galicia dentro do programa Apalpando as Ilusións, e contará coa actuación de cinco grupos dos CSC e un convidado, Brincadeira.

O presentador será Nelson Quinteiro. Como fío conductor desta gala, e presentando fragmentos do seu espectáculo 'Danza e Contradanza', a compañía CONTRA2, formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro servirá como vínculo e nexo de unión entre os diferentes colectivos de danza tradicional locais.

   

Primordiais con Folque na Rúa

28.12.10

AMENIZANDO AS RÚAS COMERCIAIS DE COMPOSTELA

30 de decembro de 2010 18:00 h - 19:00 h

Rúa General Pardiñas. Santiago

Primordiais ofrecerán un recital de cancións populares dentro do programa Folque na Rúa, que amenizará as rúas de Compostela este Nadal nas zonas comerciais.

   

Folque na Rúa

23.12.10

CArtel Folque na RúaContinua a actividade de Folque na rúa é un programa de concertos nas rúas de Santiago de Compostela para animar o espazo público durante o horario comercial entre o 17 de decembro e o 4 de xaneiro de 2010. Está organizado por ACOTES (Asociación de Comerciantes de Santiago) coa colaboración artística de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Este xoves estarán Verdegaio na R/Alfredo Brañas a partir das 18 h

 

   

Música Galega para Agasallar no Nadal

22.12.10

O camiño entre a música popular e a clásica

Con Soas, Rosa Cedrón e Cristina Pato móstrannos esa viaxe, unha transición entre dous mundos con tantas cousas en común. Con temas populares da nosa terra e tamén con textos de grandes escritores como Celso Emilio Ferreiro ou Rosalía de Castro, este disco no que ademais de cancións a dúo aparece a Bratislava Symphony Orchestra, é unha opción ideal para alguén que non estea moi vencellado á música folk pero que sabe apreciar as cousas ben feitas. Un traballo que non pode faltar nas discotecas particulares.

   

Páxina 232 de 265