Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Uxía enche os teatros na súa xira por Brasil

24.01.11

A cantante galega Uxía Senlle atópase este mes de xira por Brasil, onde está a encher salas nos seus concertos. Así o fixo na súa última actuación no Teatro Municipal Café Pequeno, en Rio de Janeiro, onde encheu a sala co seu espectáculo lusófono, no que o galego actúa como un nexo entre Galicia, Brasil e Portugal. Uxía compartiu escenario con músicos brasileiros como Sérgio Tannus e Paulinho Moska e Socorro Lira, entre outros.

   

Presentacon do Coro Tradicional Cantares do Brión

17.01.11

Presentación do Coro Tradicional Cantares do Brión acompañados de Cantares da Terra.

Terá lugar o vindeiro 22 de xaneiro as 20h noCentro Cultural de Vincios (Gondomar)

http://cantaresdobrion.blogaliza.org/

   

Musgafol

17.01.11

AUDITORIO PAZO DA CULTURA, PONTEVEDRA

Venres 21 de xaneiro, 21h

Entrada de balde ata completar aforo

 (Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Declarado 2011 como 'Ano da música en Galicia'

14.01.11

A Xunta declarou 2011 'Ano da música en Galicia' co fin de potenciar a creación musical e as industrias culturais galegas. Así, as institucións públicas galegas dedicarán unha parte das súas actividades a "poñer de relevo a música como instrumento para a divulgación da cultura galega".

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

   

Cé Orquesta Pantasma no Matamafolc

14.01.11

 

 

Mañá, sábado 15 de xaneiro a partir das 23 h, Cé Orquesta Pantasma estará tocando na taberna Matamáfolc, na Praza de San Amaro de Matama (Vigo).

Lembramos que todos  os cartos recaudados neste furancho empregaranse integramente para financiar o día do "matamafolc" no Festival "Sons da Lameira"

   

Festa presentación do Galeoke en Ferrol

14.01.11

 

O vindeiro sábado 15 celebrarase en Ferrol a festa presentación do Galeoke.

Será na sala "Super 8" (Rúa Real 223) a partir das 23h.

A Entrada é de valde.

   

Pel e Pau no Matafolc

13.01.11

 

O vindeiro 14 de xaneiro Pel e Pau estrán no furancho Matamafolc a partires das 23:30h.

Todos os cartos que se recauden empregaranse integramente para financiar o día "Matamafolc" no festival "Sons da Lameira".

   

Pablo Carpintero, no comité asesor da Unesco sobre patrimonio inmaterial

12.01.11

O lugués integra un selecto grupo de seis persoas e outra media ducia de ONG´s de todo o mundo que decidirás sobre as 56 candidaturas que este ano buscarán o recoñecemento.

Pablo Carpintero (Carballedo 1969) forma parte do reducido grupo de persoas e entidades de todo o mundo elixido para o comité asesor da UNESCO sobre patrimmonio inmaterial. Esto quere dicir que a do lugués será unha das voces autorizadas que axudará  a seleccionar cal das 56 candidaturas presentadas ao longo do planeta mercerá finalmente a protección oficial da Unesco. Carpintero é o único galego neste comité asesor e descoñece se hai algún outro español no órgano. Non na banda das oenegués, xa que os nomes, di, semellan foráneos: francés, polaco, árabe, anglosaxón... No que respecta ás persoas físicas si que recoñece os apelidos dunha persoa que podería "española ou latinoamericana", engade.

 (Prema no título para ver a noticia ao completo)

   

Serán na sala Nasa

12.01.11

O vindeiro xoves 13 de xaneiro ás 21 h Sala Nasa (Rúa de San Lourenzo nº 51, Compostela) terá lugar un novo Serán. Haberá un obradoiro de introducción ao baile a cargo de Óscar Cobos e a partir das 22h15 os grupos Limagoia, Pana Raiada e Gharatusas. Se queres saber dos Seráns en Santiago, visita nova web www. seransencompostela.org

Como sempre foron, serán!!!

   

Construíndo a Cultura 2000/2010

12.01.11

O mesmo día que se inaugura a denominada Cidade da Cultura en Compostela, 'A Nosa Terra Diario' ofrece un percorrido no que se sinalan e marcan os fitos que, ao parecer da súa redacción, significaron unha achega de orixinalidade, compromiso e creatividade na construción da cultura galega do século XXI. Nesta primeira entrega analizamos a evolución da música entre o 2000 e o 2010
No 2000, cando se abría nova década e nova centuria, Manuel Fraga iniciou a carreira por construír no Monte Gaiás de Santiago uns edificios que resumisen a idea política e cultural do daquela presidente de Galiza. Hoxe os primeiros resultados inaugúranse coa presenza dos Príncipes de Asturias, Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.
Mentres as lousas ían ocupando o cume do Gaiás, a cultura galega continuaba en construción. En paralelo, desde todas as direccións, criterios, tendencias e xéneros. Tomaba vía propia fóra do vieiro institucional, mostrando un vizo e orixinalidade que merecen ser lembrados nas décadas seguintes.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Páxina 231 de 265