Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Pinceladas sobre a Casa da Gaita

15.03.11

A Casa da Gaita é o primeiro museo galego dedicado á gaita de fol, á súa historia, ao seu aprendizaxe tradicional e a un dos grandes gaiteiros da provincia de Pontevedra, Ricardo Portela. Nela poderedes ver numerosas gaitas antigas, así como como outros instrumentos musicais que acompañaron á gaita de fol, como tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas cedidos por varios coleccionistas. Tamén acharedes moita información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Inauguración da Casa da Gaita e Xantar Gaiteiro

14.03.11

O Concello de Cotobade e a Asociación de Gaiteiros Galegos teñen o pracer de convidarte o vindeiro sábado 26 de marzo do 2011 á INAUGURACIÓN DA CASA DA GAITA, que acollerá unha EXPOSICIÓN SOBRE A GAITA DE FOL e RICARDO PORTELA, un dos seus máximos expoñentes na provincia de Pontevedra. Ao remate terá lugar o XANTAR GAITEIRO que se celebrará por primeira vez neste emprazamento, no lugar de Quintán, 3. Viascón – Cotobade (ao lado de Restaurante Casa Manolo). Pontevedra. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Foliada dentro do Forumfolc

07.03.11

Hoxe 7 de marzo as 20h, entro do Ciclo Forumfolk, Foliada (concerto participativo), coa presenza de Os Gaiteiriños, Grileiros, Asociación Cultural Donaire, Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, Cántigas da Terra e Maghúa. Ramiro Neira será o mestre de ceremonias desta tarde-noite de festa

   

Outonalidades: Convocatoria 2011

04.03.11

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal colaboran na organización da cuarta edición do intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo e o circuíto portugués Outonalidades.

Os grupos galegos interesados en formar parte desta programación, que se desenvolverá no último trimestre de 2011 en salas de música portuguesas, deben formalizar a súa inscrición ata o 14 de marzo a través da páxina web:
www.dorfeu.pt/outonalidades
(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

II Serán de Entroido

04.03.11

Desde O Fiadeiro convidan a participar na celebración do II Serán de Entroido, que terá lugar o domingo 6 de marzo a partir das 19:00 na Praza da Constitución de Vigo.
Por motivos de temporización o cartel de intervencións está pechado. Contarán con agrupacións de renome de diversos puntos de Galicia. Os grupos que actuarán serán:

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Os Chichisos fan un Sorteo

03.03.11

Os Chichisos chegan ás 10.000 visitas no seu blog.

Para celebrar tal feito queren facer un concurso entre todos vós. A cousa é moi doada: o primeiro que adiviñe as tres adiviñas que vos propoñen no blog será o gañador. Podedes manda-las vosas respostas en forma de comentario ao post. O nome do gañador será publicado no blog, o antes posible.

 Que se vai sortear? Pois un DVD do documental “Monte do Seixo, a Montaña Máxica” na que os Chichisos interpretan o tema principal da banda sonora e un exemplar da publicación “Fol de Veleno. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”, na que os Chichisos publican un interesante artigo sobre a milenaria linguaxe das campás.

Para máis información: http://chichisos.wordpress.com/

   

Antroido 2011 en Ouzande

03.03.11

AC A Fervenza de Ouzande

Sábado de Antroido

Sábado 5 de marzo de 2011

A partir das 6 e media da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. Seguirá unha gran festa antroideira no campo da festa e no Local Social. Haberá merenda a base de produtos típicos de antroido moita música e festa. Non faltarán a súa cita os cegos do antroido que recitarán as súas coplas, nas que non esquecerán as novas máis importantes da parroquia e do mundo mundial. 

Este ano deixamos descansar o tractor e quedamos no campo da festa. Non faltes!!!!

 

   

Coñécense os finalistas galegos nos Premios da Música

28.02.11

Os Premios da Música 2011 teñen unha destacada representación galega entre os finalistas dalgunhas das categorías principais.

No que indica á categoría ao Mellor Álbum de Música Tradicional, entre os finalistas vólvense encontrar Luar na Lubre, que durante estes días presentan o seu Solsticio.

Na categoría de Mellor Canción en Galego atopamos o Alalá da Noite de Berrogüeto, Derorán de Mercedes Peón, Negro Caravel, interpretado por Cristina Pato e Rosa Cedrón e de novo Siniestro Total co tema Quen me dera na casiña.
(Prema no títula para ver a nva a o completo)

   

Obradoiros sobre instrumentos musicais tradicionais galegos

23.02.11

A partir do día 21 de febreiro de 2011 comeza o prazo de inscrición para os Obradoiros sobre instrumentos musicais tradicionais galegos dirixido a nenos de diversas idades, a cargo de Pablo Carpintero que organiza o museo de Pontevedra.

Para máis Información:

Descargue formulario de inscrición aqui.

Ver programa aquí.

http://www.museo.depo.es

   

Foliada de Febreiro en As Pontes

23.02.11

 

 

Aproveitando a chegada do entroido e as grandes enchentes de cocido… A partir das 22:30 no lar en As Pontes, Foliada!!!!!!!!!!

   

Páxina 228 de 265