Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

V Noite de Fieiro (Ramirás)

26.04.11

O próximo día 30 de abril celebrarase en Volavidal, Concello de Ramirás a V Noite de Fiadeiro.

Para consultar o programa http://www.noitedefiadeiro.com/p/programa_15.html

 

   

VII Foliada de Melide

26.04.11

A vindeira din de semana celébrase en Melide a VII edición da Foliada.

Para consultar o programa completo http://foliadamelide.com/

 

   

III Congreso de música tradicional Terra de Trasancos

25.04.11

O Real Coro "Toxos e Froles" ven traballando dende o seu nacemento no ano 1915 en dar valor á nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións. O presente Congreso non é máis que outro gran de area da nosa longa historia para seguir a facer camiño de busca das nosas tradicións.

Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.

Dende o Real Coro "Toxos e Froles" tamén queremos dar as grazas a tódolos que fan posible que o Congreso se poida levar adiante. Especialmente, ao Coordinador do mesmo, Fernando Dopico Blanco.

Terá lugar os días 29 e 30 de abril de 2011; o acto de inauguración será o día 29 de abril ás 20:00 horas. No noso Local Social, na Rúa Magdalena, 220, en Ferrol.

Podes inscribirte enviándonos un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben por teléfono (650 788 374), antes do día 27 de abril

Máis información:
www.toxosefroles.com

   

Mini e Mero recuperan as coplas da cega de Callás

15.04.11

Os músicos e investigadores do folclore tradicional galego Mini e Mero participaron onte na casa da cultura de Sarria na segunda e última sesión do congreso sobre patrimonio cultural inmaterial cun relatorio sobre os cantos de cego e a cega da localidade sarriá de Callás.
(Prema no título para ver a nov ao completo)

   

Serán en Pinzás (Tomiño)

12.04.11

O vindeiro 16 de abril a partir das 21h cerelebrarase o serán de Pinzás (Tomiño) na Casa do Pobo.

Contarán con pandereteiras, gaiteir@s, acordeonistas e moito máis!!!

O longo da tarde haberá campionato de xogos de mesa con premio para os gañadores.

   

Arte Fresca do Día na Praza de Abastos de Pontevedra

08.04.11

Arte fresca do día son actuacións de diversas disciplinas artísticas adaptadas especialmente ao espazo do Mercado da zona vella de Pontevedra. Seis mañás adicadas á danza, teatro, circo, palabra, circo e, por suposto, música. A arte noutros lugares de representacións, novos ámbitos para a arte, novas costumes para o comercio.

Seis venres -tres de abril, tres de maio- nos que se dan a man o NOVO CIRCO de Pista Catro facendo malabares cos repolos, a POESIA de Maria Lado, Lucia Aldao e o espazo sonoro de IgMig coas caixas de froita; a DANZA e TEATRO con A Artística e a intervención "Des-memoria-2" entre as flores; a música do Combo Tradicional da Escola Livre da MPG e o Dúo Fdez. & Quintá ao lado das peixeiras ; a ORALIDADE de Paula Carballeira e Celso Sanmartín contando contos e chourizos.

(Prema no título para leer máis)

   

Vodas de prata da música celta

07.04.11

Luar na Lubre fai 25 anos sobre os escenarios con 12 discos.

Sen lle dar máis voltas, en Galicia soamente cumpriron 25 anos de actividade continua nos escenarios -fóra solistas ou orquestras- Milladoiro e Siniestro Total. Nese olimpo das vodas de prata co público entra este ano Luar na Lubre, o grupo de música celta nacido na Coruña da man de Bieito Romero. A primeira condición para manterse ese tempo é a acollida do público. A segunda, que as friccións inherentes a calquera colectivo de seres humanos en forzada convivencia (oito músicos, neste caso), e con creatividade polo medio, non provoquen unha implosión que o destrúa, ou unha explosión que catapulte os seus membros a outros proxectos.
(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Exposición: "Unha Fiestra a Noutrora. Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca"

07.04.11

O Vindeiro Sábado día 9, as 12.30 h. da mañá terá lugar o acto de apertura da Exposición "Unha Fiestra a Noutrora. Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca" no Salón de Actos do Centro cultural de O Picouto (Ramirás-Ourense). Esta mostra está coordinada por Sandra González Sousa e consta de máis de 60 instantáneas con data anterior a 1980.
Co fin de traer ao presente pequenos anacos do pasado, tamén contaremos con diferentes apeiros de labranza e obxectos de carácter etnográfico que ambientarán a sala de exposicións.


   

Programación Casa das Crechas

06.04.11

 

 

 

Xa está pechada a programación para o mes de Abril na Casa das Crechas.

   

Serán na sala Nasa (Compostela)

05.04.11

SERÁNS DA NASA

Xoves 7 de abril (21:00h)
Sala Nasa (Rúa de San Lourenzo nº 51, Compostela)

Chegou a primavera e para celebralo imos botarlle unhas bailas!

Quen vén tocar esta noite?
21h00 . Obradoiro a cargo de Mario Ferreira
22h15 . Arreixeira
23h00 . Campantes da Baña
23h45 . Brincadeira

   

Páxina 226 de 265