Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Iniciativa sobre o recoñecimento de xogos tradicionais e populares como Patrimonio Inmaterial Europeo

30.05.11

A Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, na que a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional está federada, hai certo tempo que se propuxo como obxectivo que o patrimonio lúdico tradicional fose recoñecido polo Parlamento Europeo, como necesario paso previo á posta en marcha de iniciativas de investigación e de recuperación. Pois ben, grazas ás xestións desenvolvidas en Galicia tanto pola AGXPT como por Brinquedia, a parlamentaria do BNG Ana Miranda vén de propoñer unha serie de accións que supoñen o primeiro chanzo dese proceso. Reprodúcese a continuación a comunicación enviada pola propia deputada onde informa das súas xestións a todas as entidades galegas relacionadas co patrimonio lúdico.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

A Sala Nasa decide abandonar a primeira liña da acción cultural

25.05.11

CAMBIO DE RUMBO NOS CALADOIROS DA SALA NASA

Malos tempos para a lírica

A comandancia da Sala Nasa  ten decidido abandoar a primeira liña da acción cultural logo do resultado electoral en Santiago e a maioría absoluta polo candidato popular X.Conde Roa, abertamente posicionado contra esta entidade cultural ("terroristas", sic). Convidan así mesmo a unha sesión de reflexión e debate o próximo sábado 11 de xuño ás 12 h na Nasa. A programación continuará con normalidade até fin de tempada (xullo). Transcribimos aquí a carta escrita no día de onte:

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

Presentación do dúo de zanfonas BICARELO

18.05.11

Lugar: Centro Cultural e Social de Herville (Cela- Mos)
Data: 21 de maio de 2011 ás 20.30h

"Bicarelo nace sen máis intención cá transmitir o sentimento que a propia terra ofrece, sen aditivos nin conservantes.
Formado por Alfonso Cheda e María Xosé López, son dúas zanfonas e dúas voces que traen ao día de hoxe camiños que xa foron andados antano, mais que non por iso están gastados ou exentos de significado: un, o dos cegos e os seus recuperadores, outro, as recolleitas que os Coros Galegos fixeron no rural e as composicións inspiradas nelas. Convencidos da forza da nosa música, convidaranos a facer unha foliada
conxunta onde as cantigas da nosa terra sexan as protagonistas."
 

   

Projecto ['trepia] presenta "... de infinitum"

04.05.11

"...de infinitum" é un espectáculo de música, danza e videoproxeccións,

dunha hora de duración no que a danza e a música tradicional galega

evolucionan e se adaptan ao século XXI. Nel, once mozos trasladan a

tradición galega aos novos tempos engadindo bases electrónicas e

videoproxeccións, pero mantendo sempre o espírito das pezas que recollen da nosa tradición.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Traspés Presenta De Serán en Romaría

03.05.11

O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL TRASPÉS PRESENTA DE SERÁN EN ROMARÍA

Sábado 7 de maio de 2011 ás 21h

Auditorio do Centro Sociocultural de Beade, Vigo (Pontevedra) 

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore. 

Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile, as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín. 

Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas, coidando meticulosamente todos os detalles (indumentaria, xoería, repertorio, etc)

   

28 Noites de Tasca (Cerceda)

03.05.11

Será o vindeiro venres 6 de maio a partir das 22h no restaurante O Panadeiro en Cerceda.

Contarán coa presenza do grupo A Gaita de Sarandón e celebrarase a gran final do concurso de aturuxos.

   

VIII Manguelo

02.05.11

Xa está aquí o MANGUELO !!!
15 grupos distintos , máis de 12 horas de música en directo , zona de acampada , aparcadoiros gratuítos , polbeiro e bocatas , copas a prezos económicos e ....Moitas gañas de FESTA !!!
Non o dubides....ven ao Manguelo !!!

21 DE MAIO 2011

   

Festival Intercéltico de Lorient

29.04.11

Para a 41 edición do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña) que terá lugar do 5 ao 14 de agosto, estase a organizar por segundo ano consecutivo "le jardin des luthiers", espazo adicado aos fabricantes de instrumentos musicais.

Estarían encantados de acoller instrumentos musicais galegos.

Para máis información: no teléfono 02 97 21 24 29ou na web www.festival-interceltique.com

   

Acto Nacional pola lingua

28.04.11

O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO.

Reserva a túa entrada para o acto nacional que organiza a plataforma Queremos Galego este este sábado ás 19.30 h, na sala Capitol de Santiago de Compostela, a plataforma Queremos Galego organiza un acto nacional en defensa da nosa lingua.

As entradas, ao prezo simbólico de 5 euros, reservaranse na páxina web da plataforma cidadá, e retiraranse na billeteira da Sala Capitol o mesmo 30 de abril a partir das 19 h.

O acto terá unha parte de concerto, coas intervencións de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado.

Ademais, intervirán Manuel Rivas, Teresa Moure, Ernesto Chao, Pilar García Negro, Carlos Negro e Carlos Callón.

Se ademais de asistires ao acto queres contribuír a darlle difusión na túa localidade, centro de estudos ou de traballo, entre os teus contactos na rede, etc., na sección de 'Materiais' da páxina da plataforma atoparás diferentes modelos de báners para colocares noutros webs, blogues persoais, etc.

A Sala Capitol está na rúa Concepción Arenal, 5, ao carón da praza de Galiza.

   

Foliada no Lar (As Pontes)

27.04.11

A Foliada deste mes de Abril en plena Primavera, será a máis numerosa no que a actuacións se refire, catro grupos comparten cartel:

1º.- O Gaiteiro Freixo con 92 primaveras terá a honra de abrir a verbena, seguro que xa nos tardaba algo velo outra vez polo Lar, a verdade que andivo algo liado cos temas do CD e tamén coas invitacións a participar en varios programas de tv.

2º.- Axouxere de Roupar, grupo Tradicional do veciño concello de Xermade, pero como din algunhas das suas compoñentes “¡nos somos de Roupar !”.

3º.- As Cantareiras de Alende, formación ben coñecida onde ben acompañadas na parte masculina coa música, destacando as maravillosas voces das rapazas. Con un repertorio moi variado faránnos disfrutar da velada.

4º Os Azoughados de Churío, un quinteto cheo de forza, festeiros por natureza, con folgos dabondo para facer bailar os asistentes. Son os invitados de luxo que veñen dende a terra do Mandeo (Betanzos)

http://nocombaro.wordpress.com

   

Páxina 225 de 265