Varios
Berrogüetto publica no outono a súa biografía e un disco en directo
20.07.11
"O pulso da terra". O grupo e Galaxia afrontan xuntos este proxecto en formato Libro+ DVD + CD
A Editorial Galaxia editará despois do verán o libro Berrogüetto: O pulso da terra, primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira.
Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide co Ano da Música e co décimo quinto aniversario da banda, vai acompañado do primeiro audiovisual dun concerto ao vivo desta formación (gravado en colaboración coa TVG, en Santiago de Compostela en novembro de 2010) mais o CD co rexistro sonoro dese mesmo concerto.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
XXXIII Xornadas de Enxalzamento do Traxe Galego
19.07.11
O vindeiro martes 26 de xullo celebrarase en Compostela as XXXIII Xornadas de Enxalzamento do Traxe Tradicional.
O Programa será o seguinte:
Desfile: Concentración na Alameda as 11.30 horas. A saída do Desfile terá lugar as 12.15 da mañá no Paseo Central da Alameda e percorrerá Porta Faxeira, Toural, Rúa do Vilar, Praterías e baixará ata o Obradoiro, onde esperaremos a entrar na Catedral sen perder as filas fronte a porta central do Concello..
A Misa solemne terá lugar as 13.15 horas na Catedral de Santiago. A Ofrenda anual ó Apóstolo farase no curso da cerimonia.
O Certame do Traxe será en San Domingos de Bonaval a partires das 16 horas.
Desfile desde Bonaval á Quintana que se iniciará ás 19:30 horas desde as portas do Museo do Pobo Galego
Aproximadamente as 8 da tarde terá lugar a exhibición de traxes e a entrega de premios do certame na Praza da Quintana.
Se queres descargar as bases podes facelo dende aquí.
Para descargar a folla de inscrición, preme aquí
A Baña encheuse de tradición coa décima Festa Rachada
06.07.11
A música tradicional foi a grande protagonista do décimo aniversario da Festa Rachada da Baña do sábado. Na área recreativa de Chans participaron artistas como Tanto nos ten, Trioliro, Tinta femia, Cé orquestra pantasma, xunto co estreo de Carapaus e a presenza de grupos amigos como os Armadanzas de Laraño.
A festa, organizada polos Campantes da Baña, superou a participación doutros anos.
La Voz de Galicia
O conselleiro de Cultura presenta a programación cultural do verán en Galicia
05.07.11
Cultura organiza este verán 627 actividades en 200 localidades.
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou onte a programación cultural prevista para este verán en Galicia. Coincidindo coa celebración do Ano da Música o seu departamento, xunto coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) traerán a Galicia 627 representacións artísticas, entre as que haberá concertos, espectáculos de danza e representacións teatrais repartidas por 200 concellos galegos.
Ludoteca infantil da A. C. Xacarandaina
04.07.11
A Asociación Cultural Xacarandaina oferta este verán a Ludoteca Infantil de Xaca que ofrece para todas as nenas e nenos de 3 a 12 anos, unha diversión asegurada a través de xogos, obradoiros, cultura tradicional, baile e música, contos, cinema de animación en pantalla grande...
Este Ludoteca realizarase no local da asociación, sito na na rúa Historiador Vedía nº3, (zona rúa Juan Florez) de luns a venres, e en horario de 10:00 a 14:00. Estará dirixida por monitores titulados, cunha programación adaptada as diferentes idades dos participantes.
Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir pecha o curso
30.06.11
Desde a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir organizan para o Vindeiro Venres 1 de Xullo a súa festa con motivo de peche do curso. Esta celebración xa ven sendo habitual desde os comezos da asociación, e nela pretenden ter unha xornada de xuntanza lúdica onde membros, familiares e amigos poderán disfrutar de múltiples actividades.
Para esta edición contan con un cartel de luxo:
Desaparece Galicia Hoxe
29.06.11
Malia que Galicia Hoxe se presentou baixo tal nome nos quioscos un 17 de maio de 2003, en realidade a súa andaina comenzou moito antes. En 1994, o Grupo Correo Gallego creou unha cabeceira (O Correo Galego) que se converteu durante case dúas décadas na referencia diaria en galego. Desde hoxe, coa publicación dun simbólico último número, desaparece non só a información monolingüe, senón un difusor da nosa cultura.
A Roda: 35 anos da música galega
28.06.11
A Roda representa a mellor herdanza do folk vocal masculino , dunha costume popular galega do canto na taberna que fai 35 anos, cando comezaron, era un canto exclusivo de homes obreiros e traballores que tiñan por costume xuntarse para beber un viño e cantar ou para cantar e beber un viño...desta costume e tradición concreta nace o grupo A RODA no contexto do Vigo obreiro urbán pero tamén rural o mesmo tempo.
Se o folk galego ten en Fuxan os Ventos un representante do folk vocal mixto, en Milladoiro do folk instrumental, sen dúbida o mellor expoñente do folk vocal masculino é A RODA.
Da memoria á rede
22.06.11
Desde 2007, a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolve, a través da súa sección de Literatura Oral, as polafías. Esta iniciativa recolle contos, cancións e historias populares en encontros por todo o país e súbeas á rede. Antonio Reigosa, coordinador desta iniciativa, explícanos como funcionan e ata que punto axudan a mudar a percepción sobre as nosas propias tradicións.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Festival Fin de Curso da Asociación Cultural Cántigas e Frores
22.06.11
Hoxe, 22 de xuño dende a Asociación Cultural Cántigas e Frores organizamos o noso Festival Fin de Curso. Este celebrarase na Praza de Santa María ás 19:30h. Durante este festival poderemos ver as actuacións das Escolas de gaita, percusión, acordeón, baile e canto tradicional así como as actuacións do Grupo de Baile, Banda de Gaitas, Grupo de Canto Tradicional e do Coro galego. Este ano ademais contaremos coas escolas da AC Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo).
Páxina 223 de 265