Varios
A Compañía de Música e Danza Circio actuará en Cangas do Morrazo
01.09.11
O día 2 de setembro ás 22:30, a Compañía de Música e Danza Circio actuará en Cangas do Morrazo dentro da programación das festas. O escenario estará situado na explanda do Concello (detrás do Concello). Alí estará á venda o novo CD da música do espectáculo.
CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.
Comeza o curso na escola de música BellónMaceiras
31.08.11
O próximo día 5 de setembro comezará o curso na escola de música BellónMaceiras. Podedes matricularvos agora!!
Contacto:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo - 661265383
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo - 661331967
Baile con carácter tradicional en Porto do Son
31.08.11
Máis de vinte anos marcando o ritmo con pasos de baile converteron en arte a danza de Anduriña. O grupo, formado por Verónica, Raquel, María, Noelia, Vanesa, Alberto, Rubén, Martín, Esperanza, Cynthia, Lucía, Sara, Alba e Lorena ofreceu unha actuación na praza de España de Porto do Son. Nela, os artistas sentiron o apoio de moitos veciños que non quixeron perderse un percorrido dende a tradición á contemporaneidade, sempre coas raíces da terra no corazón. Se algo chamou a atención foi o cambio de vestiario que, coma se dun espectáculo de Broadway se tratase, fixeron os bailarins segundo o tipo de danza a interpretar. O profesor de Anduriña, Vicente Colomer, mostrouse moi orgulloso da actuación, cualificando como «un espectáculo en toda regra» o resultado, do que foi testemuña unha praza abarrotada.
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/08/31/0003_201108B31C12991.htm
Volve Folk in Trío
31.08.11
Este venres día 2 de Setembro a partir das 16 horas, as ondas de Cuac FM acollerán o comezo da nova tempada de Folk in Trío, programa de música folk e tradicional que leva nas ondas dende o pasado 2010.
Os encargados de levalo a cabo serán Antonio Prado, Bea Mariño e Roberto Aller, e con Manu Castro na técnica. Presentarán a nova tempada, co mesmo formato dunha hora semanal pero con novidades como a sección "Arruando", que se presentará neste programa pero que dará comezo a seguinte semana.
Chega ao estudio José Couso de A Zapateira un grupo que cando deu comezo este programa en Xullo do pasado ano non diríamos que puidese estar con nós xa que aínda non se volveran a xuntar. O pasado 20 de Agosto en Fisterra volveron e xa os imos a ter contándonos tódolos regresos da súa volta. Eles son Os Cempés!
http://folkintrio.blogspot.com/2011/08/volve-folk-in-trio.html
O programa Galicia é Música esténdese ata finais de setembro
30.08.11
A programación de ‘Galicia é Música’, que a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve este verán no marco da celebración en 2011 do Ano da Música, estenderase ata finais do vindeiro mes de setembro con 12 novos concertos en nove localidades galegas.
O ciclo sumará así un total de 56 actuacións en 45 concellos a cargo de 41 recoñecidos artistas e grupos en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor e o pop-rock, entre outros.
Roi Casal (na imaxe) inaugurará o día 2 en Rianxo esta carteleira de setembro, que ofrece tamén os concertos de María do Ceo (día 3 en Celanova), Roberto Somoza (día 3 en Rianxo), Xosé Manuel Budiño (día 3 en Negreira e día 30 en Tui), Luar na Lubre (día 7 na Laracha), Niños Mutantes (día 7 en Pontedeume), Pepe Vaamonde Grupo (día 9 na Fonsagrada), Cristina Pato (día 17 en Vilalba), Nadadora (día 23 en Tui), The Homens (día 23 nas Pontes de García Rodríguez) e Susana Seivane (día 30, tamén nas Pontes).
O Ateneo Ferrolán entrega a Xosé Manuel Seivane a Gaita de Ouro
30.08.11
O seu traballo como artesán que, ademais, continúa un legado familiar a prol da música tradicional galega valeulle a Xosé Manuel Seivame Magide a Gaita de Ouro“Constantino Bellón 2011” . É un galardón que concede o Ateneo de Ferrol nun certame que tamén premia a composición para este instrumento. A súa XX edición, que permitirá coñecer ao galardón deste ano, desenvolverase ao longo da xornada de hoxe e de mañá. Sen embargo, nesta ocasión non se poderá interpretar a obra vencedora na última edición, As cousas de Sarabela de José María López Rodríguez xa que a complexidade das partituras e a falta de orzamento (precísase dunha formación sinfónica maior e con máis ensaios) obrigou a adiar esta cita.
A final do XX Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” terá lugar o próximo mércores día 31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”.
Os Chichisos organizan por 4º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”
26.08.11
Os Chichisos organizan por 4º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queren seguir dando a coñecer este PATRIMONIO SONORO – LINGUAXE TRADICIONAL cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.
Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta Linguaxe Tradicional.
Creación dun catálogo sobre música para zanfona
26.08.11
Composicións para zanfona
O compositor e intérprete Matthias Loibner , afamado zanfonista -desde o repertorio barroco até a máis novedosa vangarda do instrumento-, está a facer un chamamento para compilar pezas modernas (desde o 1900) compostas para zanfona e da que os seus autores queiran formar parte nunha coletánea aberta para a divulgación deste repertorio en Internet.
Os detalles están explicados na súa web.
O Ateneo Ferrolán concede a Gaita de Ouro ó artesán Xosé Manuel Seivane Magide
26.08.11
A xunta directiva do Ateneo Ferrolán acordou concederlle a máxima distinción honorífica da entidade a Xosé Manuel Seivane Magide, “como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega”. Esta Gaita de Ouro, que xa se lle concedera ó seu pai en 1997 e ó seu irmán Álvaro en 2006, entregarase o próximo mércores, 31 de agosto, no transcurso da final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”.
Xosé Manuel Seivane Magide naceu en 1964 en Ribeira de Piquín (Lugo). Fillo do gaiteiro e artesán Xosé Seivane Rivas, comezou a traballar nese oficio que coñece desde neno ós 16 anos. O seu irmán Álvaro marcha estudar a Barcelona e tamén alí monta un taller. Volta en 1986 e establécese en Cambre e, en 1994, os tres xuntos, xa neste municipio coruñés, forman o Obradoiro de Gaitas Seivane.
1º Ponte dos Mouros (Fornelos de Montes)
24.08.11
Será o vindeiro 26 de agosto a partir das 22h no adro da igrexa de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes).
Contarán coas actuacións das Pandereteiras de San Adrián de Calvos, Os Carunchos e Tanto nos Ten.
Páxina 221 de 265