Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

A música tradicional esperta o interese dos máis pequenos

24.01.12

 

tradescola-logo-pequeCando a Escola de música tradicional que xestiona a Asociación de gaiteiros galegos abriu as súas portas en Lugo no 2008 o alumnado infantil non era moito. A tendencia foi cambiando co paso dos anos e a medida que os alumnos deste centro se ían incrementando ata chegar aos 200 actuais, tamén aumentaba a cifra de nenos e nenas que se matriculaban na Tradescola, tanto é así que pasaron de ter unha única aula para os escolares máis pequenos cando esta escola iniciou a súa andaina a contar con seis no curso actual 2011-2012 para alumnos de ata dez anos.

En palabras da coordinadora deste centro, Mónica Fernández, o que máis lles gusta aos nenos das clases que reciben na Tradescola é unha de dúas horas semanais na que combinan un pouco de todo, xa que van coñecendo os distintos instrumentos; aprenden e ensaian cantigas; e participan en xogos tradicionais e unha chea de actividades adaptadas as súas idades. E todo isto nun ambiente moi ameno, que axuda a espertar o interese pola cultura tradicional entre os alumnos.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Serán en Mondariz

24.01.12

 

seran mondarizO día 28 de xaneiro de 2012 farase un Serán en Mondariz, no pavillón de deportes (próximo á igrexa), co fin de recadar diñeiro para a excursión que farán rapaces do CPI de Mondariz a París.

Ese é o fin, pero o propósito é pasalo ben todos xuntos disfrutando da nosa música. Contamos coa vosa presenza e colaboración.

 

http://www.blogoteca.com/malmequer/

   

Cantos de Taberna en Arzúa

23.01.12

cantosdetaberna2012O 17 de marzo ás 11:00 h celébrase en Arzúa a Festa da Gaita Galega. Comenza cun Homenaxe o Gaiteiro e artesán de gaitas arzuán Basilio Carril. Logo un xantar popular en que serán convidados os grupos que asistan os Cantos de Taberna, e de pago para todo o resto da xente que queira ir o xantar, aconsellamos reservar con antelación.

Polo serán teremos os Cantos de Taberna polos bares de Arzúa, os grupos actuarán en tres ou catro bares cada un e serán convidados a unha consumición e unha tapa en cada bar no que actuen.

Haberá a dispor de todos varios albergues privados de Arzúa, con literas, calefacción... por 5 euros. Ou hostales, pensións...

Todos os que queiran asistir os Cantos de Taberna enviade un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo "> Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , e mentras haxa sitio estarán encantados de recibirvos en Arzúa.

   

Foliada no Lar (As Pontes)

23.01.12

foliadanolarxaneiro12O 27 de xaneiro a partir das 22:30 h celébrase unha nova Foliada nas Pontes no Lar coa participación de Axouxere de Roupar, Berros do Castro (San Sadurniño)  e Os Devotos de San Xiao de Trevo.

   

Campionato de Tirabalas en Ponteceso

23.01.12

 

tirabalasO I Campionato de Tirabalas (tirapedras, tiracoios) celebrarase en Ponteceso (Bergantiños) o sábado, 11 de febreiro. O Campionato está organizado polo MELGA (Museo Etnolúdico Galego, de próxima inauguración) e conta co apoio do Concello de Ponteceso. Os participantes serán distribuídos por idades nun total de seis categorías. As inscricións para participar son de balde ata o 9 de febreiro.

   

Unha maré de cantos e estrelas

19.01.12

 cantos''Cando interpretamos 'Cantos na maré' sucede algo máxico no Pazo da Cultura. É xa case como un ritual que nos une co público na sensación de que algo extraordinario vai suceder'', contaba Uxía na presentación da novena edición do festival lusófono de Pontevedra. A directora artística deste evento este sábado reviviu todo ese sentimento durante as actuacións de Carlos do Carmo, Mayra Andrade, Socorro Lira e Xoán Curiel no escenario do Pazo da Cultura, no que foi unha edición de 'Cantos na maré' marcada polo prestixio dos seus protagonistas. ''Un auténtico luxo'', en palabras de Uxía.

As entradas levaban días esgotadas así que o Pazo luciu como nas mellores ocasión para recibir aos artistas. ''O que nos quere dicir que xa estean tódalas localidades vendidas é que hai futuro e que é posible seguir creando nunha situación de crise extrema, que aí é onde está a saída, co apoio da cidadanía'', apuntaba esta semana Paco de Pin, da produtora Nordesía, responsable do espectáculo. De Pin falou do importante que sería dar o paso de ampliar o festival, que actualmente se celebra nun só día, a máis xornadas. ''Seguiremos apostando por Pontevedra porque é o noso gran porto, asteleiro de ribeira'', sinalou.

Na mesma liña se pronunciaba Uxía, que aseguraba que o público segue fielmente un festival como este, único, pioneiro por ser o primeiro centrado na lusofonía, ''que propicia un ambiente especial e unha festa da fala entre tódolos pobos que conforman a chamada galeguía''. ''Creo firmemente na música como o mellor nexo de unión e comunicación entre os países'', engadiu.

 

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/143936.html

   

I Mostra do Traxe Tradicional Tequeletequele

19.01.12

mostra do traxe tradicionalSábado 21 de xaneiro
Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas) ás 20:00

Tequeletequele organizamos esta Mostra do Traxe coa intención de aportar o noso gran de area na recuperación das nosas tradicións e costumes. O acto é de entrada libre.

Nesta primeira edición presentaremos ó noso corpo de docentes, que intervirán para mostrarnos o seu bo facer. Participará unha representación de "Os Muíños de Oliveira" poñendo o baile xunto cunha das nosas mestras. E O Son da Triga ambientará o peche do acto.

Colaboran no desfile:
A. C. Traspés (Vigo)
GBMT Tahume (Ribeira)
A. C. Vai de Roda (Rianxo)
A. C. Os Muíños de Oliveira (Santiago de Oliveira, Ponteareas)
GBMT Pedra da Garza (Fozara, Ponteareas)

Docentes:
Abraham Fernández
Mayra Lunar
Nuria Gesteira
Sandra Diéguez
Patricia Cela

   

Danza de San Sebastián en Aldán

19.01.12

 

aldanA Danza de San Sebastián ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, parroquia do concello de Cangas do Morrazo

A danza e contradanza en honra ao santo bailarase como todos os anos en tres ocasiones, a primeira e máis cerimoniosa no atrio, tras a misa das 12.30, coa procesión ao redor do templo. Os danzantes fan as venias mentres San Sebastián, acompañado da Virxe da Carmen, sae da igrexa, pedindo así permiso para un baile que protagonizan 5 mulleres, e 10 galáns baixo as ordes dun guía e ao son dun gaiteiro e un tamborileiro. O pequeno atrio, aínda pendente do demandado arranxo, faise pequeno para tanta avalancha de xente. O día é festa en Aldán e en moitas casas cúmprese coa tradición de reunir á familia. Ao carón, o Pazo dos Condes de Aldán, que neste día abríase hai anos para que damas e galáns bailasen no xardín, permanece agora pechado.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

CANTARES NO MIÑOR I Encontro de Coros Tradicionais

19.01.12

cartel cantares minor 2012O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), que é a entidade organizadora. O acto será presentado por Xilberte Manso de la Torre, profesor do Instituto ProVal e membro destacado do Instituto de Estudos Miñoranos.
 
Despois de que Perfecto Feijoo crease en 1883 en Pontevedra a agrupación coral Aires da Terra, a comezos do século XX formáronse algúns dos coros que aínda hoxe permanecen, como Toxos e Froles (Ferrol, 1915), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), De Ruada (Ourense, 1919) ou Cantigas e Agarimos (Compostela, 1923). Estas formacións preservaron a tradición coral que chega aos nosos días arrequecida pola achega popular durante décadas de actividade a prol da música, da cultura e do idioma de Galicia.
 
Seguindo a súa estela, durante os últimos anos xurdiron en Galicia algúns coros de corte tradicional, entre os que se atopa Cantares do Brión, que ten as primeiras actuacións públicas en 2009 e que se constitúe formalmente o 7 de marzo de 2010. A súa presentación oficial celébrase o 22 de xaneiro de 2011, apadriñados polo coro Cántigas da Terra.
 
A proximidade desta data de presentación é a escollida para celebrar de hoxe en diante o que se chamará «CANTARES NO MIÑOR. Encontro de Coros Tradicionais». Como o seu nome indica, este evento terá como marco a comarca do Val Miñor e por aquí pasarán, nos próximos anos, as agrupacións corais máis representativas de Galicia, sempre baixo o signo da tradición musical galega.

   

Música Tradicional no Salón Galego de Gastronomía e Turismo

18.01.12

xantarO Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Expourense entre o 1 y el 5 de febreiro acolle diversas actividades de música tradicional.

Diferentes formacións, dende o cuarteto tradicional, charangas e os mellores grupos de música folc galegos, ,intentarán ofrecer aos visitantes unha completa mostra da cultura tradicional galega, no que a música se refire. O obxectivo final é o de complementar as actividades propias da feira cunha proposta musical de calidade ao tempo que se divulga e promociona a música tradicional galega.

As actividades desenvolveranse tanto no ámbito de animación da feira con actuacións en acústico dos grupos percorrendo o recinto., como nos concertos de escenario apoidados por un equipo de son.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Páxina 212 de 265