Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Festa da Gaita Galega en Arzúa

13.03.12

festa gaita galega

 

O sábado, 17 de marzo, celébrase en Arzúa a Festa da Gaita Galega e Cantos de Taberna.

Así mesmo, vaise facer un homenaxe ó gaiteiro e artesán Basilio Carril.

   

O focense que ensina canto tradicional en Oxford

12.03.12

mano panforreteiroO focense Mano Panforreteiro cambiou de residencia en xaneiro do 2010. Asentouse en Oxford, onde se adica a dar cursos de música, a actuar, a compoñer... En días pasados foi noticia por ser un dos creadores (xunto con Sabine Müller) dun espectáculo músico-teatral con poemas de Bertolt Brecht e música de Hanns Eisler, que se estreou o 1 deste mes. Leva por título I hear that in New York e combina a música con proxeccións, danza e tres idiomas: o alemán, o inglés e o galego.

O creador mariñano adica parte do seu tempo a impartir un curso de canto tradicional e pandeira, organizado por Queen´s College da University of Oxford, dentro da programación do Centre for Galician Studies, ademais de compoñer a música para o último espectáculo da compañía teatral Elefante Elegante; de desenrolar o seu proxecto artístico Miraquenvén e de aportar parte da súa enerxía ao dúo Manamaná (coa saxofonista belga Anne Gennen). Non se esquence de Kibitka «o meu proxecto máis grande e traballoso, con moitas gañas de ter concertos e moitas dificultades para conseguilos».

Ademais de participar como invitado hai uns días na School of Oriental and African Studies coa ponencia The Galician Bagpipes: a seductive nation, o focense Mano Panforreteiro deu o ano pasado un obradoiro sobre música na universidade de Birmingham; a segunda parte ten previsto impartila a partir de abril.

 

http://www.lavozdegalicia.es

   

A Tradescola impartiu un curso de construcción de palletas e pallóns

12.03.12

 curso palletasA escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizou o sábado un curso de confección de palletas e pallóns a cargo do artesán Pontés Xaime Pena. O curso tivo unha ampla demanda, e xa con antelación foron cubertas a totalidade das 15 prazas ofertadas. Neste curso, os alumnos puideron adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, como colocalos nun punteiro, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc., e ao longo do día construiron eles mesmos paso a paso varios exemplares.

O oficio de palleteiro require un alto grao de especialización, trátase dunha actividade artesanal, difícil, chea de segredos e cun aquel que moi poucos conseguen dominar, e os que o fan, é a costa de levar traballando e experimentando durante moitos anos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos, a través deste curso organizado pola Tradescola, pretendeu facer fincapé no coñecemento das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa interpretación do instrumento. Preténdese que este curso sirva de ferramenta para iniciar aos asistentes nun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

   

VII Obradoiros Xarabal 2012

09.03.12

cartel 2012 peqOs días 5, 6 e 7 de Abril celebraranse os VII Obradoiros Xarabal 2012. Levaranse a cabo no C.E.I.P. San Salvador de Teis, en Vigo. A data límite para a matriculación será o venres 30 de marzo, sendo o número de plazas limitado e seguindo a orden de recepción do pagamento da matrícula.
O número mínimo de alumnos para a realización de cada obradoiro será de 5 alumnos, no caso de que os alumnos matriculados a día 30 de marzo non superen o mínimo de alumnos estipulado anteriormente o curso anularase e devolveranse os cartos da matrícula.


Os prezos dos cursos serán os seguintes:
SOCIOS
1 Obradoiro 40 €
2 Obradoiros 70 €

NON SOCIOS
1 Obradoiro 80 €
2 Obradoiros 140 €

O prezo da matrícula incrimentarase en 30 € no caso de incluir comida no restaurante concertado pola organización. Este sumplemento non se devolverá unha vez pechado o plazo límite de matriculación.

Tedes toda a información no boletín adxunto.

 

   

Festa furancheira de primavera

09.03.12

cartel festa furancheira en ppeg 2

 

Os días 17 e 18 de marzo, celébrase en Picoña-Salcela de Caselas, a Festa Furancheira de Primavera, a partir das 18:00h.

Tamén haberá Concurso de Espantallos.

   

Concerto de Carapaus na Gentalha do Pichel

08.03.12

carapausEste sábado 10 de marzo às 22h30 o Grupo de música tradicional CARAPAUS tocará no Pichel.

Carapaus está composto por gaita, vozes, flauta, acordeom e percussom de Emilio Lois, Sabela Galbán, Oli Xiraldez, Gustavo Couto e Adrián Lareo

   

Volta o furnacho Malaherba (Matamá - Vigo)

08.03.12

malaherbaEste fin de semana, volta abrir o Furancho Malaherba, a unha beira da praza de San Mauro(Matamá-Vigo).

Este venres 9 de Marzo contaremos coa actuación de Gaita & Cia; e o sábado 10, con Cé Orquestra Pantasma.
Ás actuacións serán a partir das 11 da noite.

Xa sabedes........volta a festa furancheira, papatoria,viño do pais,likococafé e festa..................... moita festa.......................

   

Novo espectáculo de Xacarandaina

07.03.12

galizien amerika‘Galicien Amerika linie’ é o nome do novo espectáculo de Xacarandaina que se estreará en Vilalba este sábado 10 de marzo. Corenta artistas poñerán música e baile sobre o escenario do auditorio Carmen Estévez despois das oito e media do serán. A entrada é de balde.

O sábado 10 de marzo o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina presenta en Vilalba o seu novo espectáculo «Galicien Amerika linie», que estrea dentro do programa “Danza 3” en convenio ca Agadic. Este novo espectáculo que conta con corenta artistas en escena pretende achegar ao público un dos fenómenos máis importantes da historia contemporánea de Galicia, a emigración.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Vaamonde, Lamas e Romero presentan en Lugo "O tambor de prata"

07.03.12

 

vaamonde lamas  romeroO trío composto por Suso Vaamonde (gaita, pandeireta, triángulo e voz), Pedro Lamas (saxo e voz) e Xosé Lois Romero (acordeón e voz) ofrece este xoves un concerto en Lugo, en cuxo repertorio incluirán as cancións do seu último traballo, Ou tambor de prata, no que renden homenaxe ao cuarteto Os Trintas de Trives, histórica formación ourensá de principios do século XX. Como é habitual neles, Vaamonde, Lamas e Romero ofrecerán un espectáculo que vai máis aló do puramente musical, xa que a súa posta en escena combina música, teatro e humor. O concerto, que forma parte do ciclo Lubicán, organizado pola USC en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo, será ás 20.30 horas no auditorio Gustavo Freire. A entrada é gratuíta.

   

Convocatoria Aña Urbana 2012

05.03.12

aa urbanaA A.C. Trépia convoca un ano mais a Aña Urbana: un encontro de música e baile tradicional artellada en torno á aña, que ten como obxectivo achegar a novos contextos a cultura tradicional e ofrecer aos participantes unha xornada na que intercambiar coñecimentos e experiencias arredor do seu traballo. Neste web www.trepia.org podedes consultar o programa completo e as modalidades de inscrición -que estará aberta até o vindeiro 31 de marzo-.

Poden participar todas as agrupacións, colectivos, grupos ou escolas de calquer nivel; en calquer dos apartados do programa (roteiro, actuacións e/ou serán); e, de xeito individual, calquer persoa que desexe achegar-se aos obradoiros prévios organizados pola A.C. Trépia ou ás aulas abertas incluidas no programa para o día 14 de Abril.

Este ano, ademais, organizaremos unha feira-mostra de artesanía e agricultura ecolóxica; alén do ciclo de conferéncias anexo ás actividades, no que nesta xeira será apresentado o libro "Manüele ...de pandeireta e canto tradicional" (Vol.1: Serán), de Xandre Outeiro -da man de Edicións Intermitentes-; e algunha que outra sorpresa que temos reservada...

   

Páxina 207 de 265