Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Artistas da Galiza van render tributo a Zeca Afonso nun festival multidisciplinar e autogerido

27.03.12

presentacin zecaUn grupo de artistas galegos, co apoio de compañeiros portugueses e brasileiros, farán a 10 de maio no Auditorio da Galiza a súa particular homenaxe ao cantante portugués Zeca Afonso e a canción Grândola, Vila Morena, himno dunha xeración e dunha revolución.

Nesta mañá (día 22) no parque Zeca Afonso de Santiago presentouse o cartel do festival Terra da Fraternidade, composto por máis de 30 actuacións e 100 artistas que colaboran de forma gratuíta nesta homenaxe. Terra da Fraternidade é unha gala colaborativa, multidisciplinar e chea de amor polo cantante portugués.

Na presentación pública estiveron a agasalhar o proxecto un dos seus creadores, Xoán Quintáns, de Caramuxo, a cantante Uxía, o cantante Xurxo Souto, o palhaço Fran Rei e o deseñador de moda Gonzalo Vázquez.

A 10 de marzo de 1972, Zeca Afonso interpretou por primeira vez en público a súa canción Grândola, Vila Morena, no Burgo de Santiago de Compostela. Esta melodía pronto se converteu no símbolo da loita contra a ditadura e do compromiso social dos artistas. Aínda que este 2012 tamén se conmemore o 25 aniversario da morte de Zeca Afonso, este grupo de creadores optou por celebrar o seu valor e a súa arte, máis que a súa desaparición.

 

http://www.diarioliberdade.org/

Prema no título para ver a nova ao completo

   

A Asociación O Castelo convoca o primeiro concurso infantil de debuxo sobre a Foliada de Melide

27.03.12

concurso de debuxo melideA asociación cultural e musical O Castelo, de Melide, convocou o primeiro concurso infantil de debuxo Xente Cativa. Os traballos presentados terán como tema as distintas perspectivas que se poidan plasmar sobre a música tradicional e a Foliada, que anualmente reúne en Melide na primavera aos principais grupos de folk do momento.

Os participantes no certame teñen que ser escolares de Primaria e as obras haberán de realizarse nunha cartolina tamaño A-4 (21 por 30 centímetros). A técnica a empregar será totalmente libre.

Na parte posterior da cartolina terá que constar o nome e apelidos do autor, a súa idade, o centro no que está matriculado e o curso que estuda.

Os debuxos serán recollidos en cada centro escolar o 16 de abril e só admitirase un debuxo por escolar. Haberá un premio para os participantes de seis a nove anos, e outro para os de 10 a 12.

 

http://elprogreso.galiciae.com

   

Serán do Sor (O Barqueiro)

27.03.12

serandosor2012O vindeiro 5 de abril, ás 8 da tarde, terá lugar na lonxa do porto (o Barqueiro. Bares) o serán do sor.

www.frouma.com

   

I Festival ENFO en Vigo

27.03.12

enfoLogo de celebrar encontros en Helsinki e Turín, a Fundación Sondeseu acolle ás orquestras folc destas cidades para o peche da programación desta rede internacional. Serán concertos, obradoiros, master class,... entre o 5 ao 7 de abril terá lugar este I Festival ENFO (Rede Europea de Orquestras de Folk), un aglutinante da Fundación Sondeseu, a Associazione Artemotiva de Turín (Italia), ao Royal Conservatoire de Escocia e á Sibelius Academy de Helsinqui (Finlandia).

Por outra banda, coincidindo co encontro europeo, a Escola Municipal de Artes e Oficios inaugura mañá a exposición "Artesanía, música e tradición", na que se mostrarán os instrumentos musicais tradicionais recompilados por Antón Curral.

   

I Serán en Santiago de Parada (A Cañiza)

27.03.12

sern paradaO vindeiro sábado 31 de Marzo terá lugar o 1º Gran Seran de Santiago de Parada (A Cañiza).

Será no Torreiro da Peña de Francia.

Haberá Orella, chouriza, pan, viño, chocolate...

 

http://www.blogoteca.com/malmequer/

   

Mostra de Traxes Tradicionais en Vigo

23.03.12

mostra traxes vigo"O traxe a través do proceso do pan" é o título da exposición que acaba de abrir na Casa Galega da Cultura de Vigo e que dá comezo aos actos da celebración da Reconquista este ano.
A exposición fai un repaso de traxes tradicionais de diario tal e como se empregaban hai douscentos anos, con vinte maniquíes que amosan diferentes partes do proceso de cultivo do millo e da elaboración do pan. Canda a isto tamén se poderán ver vinte modelos en miniatura de traxes.
A exposición, que se poderá ver ata o 8 de abril, inicia os actos da Festa da Reconquista de Vigo, que se celebrará entre o 31 de marzo e o 1 de abril.

   

Liorna abre o ciclo ST Música presente 2012 en Compostela

23.03.12

liornaO grupo Liorna abre unha nova entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", coa presentación do seu cuarto traballo discográfico "Sarahyba"
Xoves 22 de marzo, ás 21.00 horas
Salón Teatro (Compostela)

As actuacións de Riobó (26 de abril), Borja Cao Trío (10 de maio), Ugía Pedreira&Fred Martins (7 de xuño) e Loaira (14 de xuño) completan a primeira parte do programa da Agadic para a promoción especial dos novos discos galegos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o ciclo de concertos “ST Música Presente 2012” que se abre este xoves, día 22, no Salón Teatro de Santiago co folk galego do grupo Liorna. Con esta acción a Consellería, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), promove os traballos discográficos galegos de todos os estilos. A banda de Marín presentará a partir das 21:00 horas os temas do se seu novo traballo, Sarahyba, que segue na liña folk habitual, baseada na tradición galega aínda que con pinceladas actuais.

Como nas anteriores ocasións, o espazo escénico do Centro Dramático Galego (CDG) será a sede da nova edición deste programa de recitais, que na súa cuarta entrega realízase en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono) para acoller tamén os directos protagonizados por Riobó (26 de abril) Borja Cao Trío (10 de maio), Ugía Pedreira&Fred Martins (7 de xuño) e Loaira (14 de xuño).

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Moxenas en Gondomar

22.03.12

moxenas en  gondomarUnha sección puramente gaiteira, unhas percusións, unhas cordas, uns vento-madeira, uns teclados... Unha presenza estética co orgullo perante o mundo dun legado roupeiro sen igual; unha posta en escea onde todo é imprescindible... Mais, nomeadamente, unha ilusión para transmitir enormes e boas sensacións ao público:

Moxenas en estado puro, un concerto a non perder.

-Este sábado, 24 de marzo, ás 20:30 horas

-Auditorio Lois Tobío de Gondomar

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Os vosos Chíos no Xornal Quempallou

22.03.12

quempallou xornalSeareiros e seareiras!!!

Xunto co noso novo Cd, Quempallou editará un único número do seu propio Xornal, no que vos propón participar dun xeito ben sinxelo.

Trátase de que escribades o voso "chío", o voso pequeno retallo a xeito de anécdota na que Quempallou teña un lugar destacado. Un momento, un lugar onde a nosa música tivo importancia para vós; unha sensación, unha lembranza ao longo destes anos... Déixadenola no noso Facebook (www.facebook.com/quempallou) ou no noso Twitter (www.twitter.com/quempallou) e procurade que non teña máis de 140 caracteres.

Todos aqueles chíos que nos cheguen ben dentro serán publicados no Xornal Quempallou, e, os autores/as dos dez que máis nos presten, recibiran na súa casa o propio Xornal xunto cun exemplar do noso novo disco Vellas Novas, por cortesía de Zouma Records.

   

Luar na Lubre publicará en xuño o seu disco 'Mar Maior'

21.03.12

 

luar na lubre2Mar Maior. Ese será o título do novo disco do grupo Luar na Lubre, que xa está botando horas no estudio da gravación para poder lanzalo ás tendas en xuño. Tratarase dun álbum de longa duración, cunhas 15 cancións e no que se estreará a nova voz da banda: Paula Rey. O disco continuará a senda aberta polo anterior traballo do grupo, Solsticio, no que se musicou un feixe de cantigas da lírica galego portuguesa. "Este será un álbum que, en parte, está inspirado na lírica galego-portuguesa, un camiño que xa exploramos con Solsticio, pero non o entendemos como unha segunda parte do traballo anterior. Hai unha continuidade, iso si; pero son discos diferentes, con sonoridades distintas.", sinala Bieito Romero, membro do histórico conxunto musical.

O novo traballo discográfico de Luar na Lubre, ademais de beber da lírica medieval galego-portuguesa, tamén furará na tradición e na historia de Irlanda. "O álbum tamén estará inspirado no Leabhar Ghabhála, o libro das invasións, que é da mesma época das cantigas galego-porutugesas. É un texto mítico no que se fala da chegada dos galegos a Irlanda, no que aparecen elementos e cidades galegas como Brigantia. É un disco que conecta Galicia con Irlanda. O Mar Maior do que se falou en tantas ocasións, o Atlántico, é o que une a estes dous pobos irmáns", explica Romero, que adianta tamén que o grupo musicará tamén ao mítico bardo Amergin.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Páxina 205 de 265