Varios
O vindeiro Recuncho da palleta estará adicado a Roxelio de Leonardo Bouza
20.11.20
Este domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contará con Xaime Estévez que nos falará de Roxelio de Leonardo Bouza, un dos compositores para música de gaita máis renovadores do século XX.
O cedeirense Roxelio de Leonardo Bouza(1903-1980) foi un dos compositores para música de gaita máis renovadores do século XX , ducias de gravacións e agrupacións como Muxicas, Xiada , Manxadoira, Robaleira,Noitarega ou Albaroque inclúen as súas obras nos seus repertorios.
A súa relación co gaiteiro Emilio Corral e o Artesán Antón Corral foron esenciais para difundir a súa obra que segue a ser utilizada neste século por novos grupos e formatos. Obras súas como Abrente en Cordobelas ou Fandango Muradán ou Lembranzas da vila de Ortegán forman parte do repertorio de moitos gaiteiros, incluido Ricardo Portela.
O seu xeito compositivo ten un selo moi especial, de todo isto falaremos no próximo recuncho no que trataremos tamén a curiosidade do Septimino de gaitas da súa autoría e que grazas a Antón Corral foi gravado polo grupo didáctico da Universidade popular de Vigo en 1987 anque editaríase trinta anos despois acompañando ao monográfico deste mestre editado pola editorial Canela.
Un recuncho moi especial onde redescubriremos a un dos compositores galegos para gaita máis sobresaintes da historia recente. Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Xornadas :Tradición en Feminino - AGG
17.11.20
A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza o vindeiro domingo 22 de novembro, un encontro coa tradición.
A AGG reclama un protocolo propio que regule as escolas de baile e música tradicional
13.11.20
Dende a Asociación de Gaiteiras Galegas recoñecemos a necesidade de primar a saúde por riba de calquera presión económica. Dito isto, a propia OMS indica que a saúde é “un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Os beneficios na sociedade do sector da música e o baile tradicionais fan del, polo tanto, unha actividade esencial. Como pode ser, entón, que sufra semellante abandono por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade?
O DOG do 4 de novembro, nº 223/bis deixa na man dos concellos, como responsables da saúde dos seus habitantes, a decisión de pechar ou non os locais públicos. É aquí onde comeza a problemática: por un lado, gran parte das mestras e mestres de baile e música tradicionais son traballadoras legais (xa sexan autónomas ou empregados dunha escola); por outro, os locais onde exercen a súa actividade son en meirande medida públicos, cedidos polos propios concellos, escolas ou outras entidades. Na actual regulación esta casuística non se contempla. As categorías nas que podemos asumir a docencia do baile e a música son os centros privados de ensinanza non regrada (pola actividade realizada) e os centros socioculturais (polo lugar de traballo). Os concellos, en moitas ocasións, deciden ante a falta de claridade na normativa tomar a decisión máis restritiva: pechar os locais públicos.
As esixencias son claras: un protocolo específico para as escolas de música e baile tradicionais nos que se aclare en que condicións podemos seguir operando. Reclamamos que se recoñeza tanto a importancia do sector como a exemplaridade na acatación das medidas preventivas, e que estas se regulen en función da singularidade inherente ó mesmo.
Par
O toque pechado na gaita galega, arredor dxs gaiteirxs actuais no vindeiro Recuncho da Palleta
13.11.20
Este domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contará con Guillerme Inácio que nos traerá a terceira e última entrega adicada ao toque pechado na gaita galega, desta vez arredor dxs gaiteirxs actuais. (1990-2010).
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
O vindeiro Recuncho da Palleta na memoria de Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón
06.11.20
Este domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, lembrará a Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, no centenario do seu nacemento. Xaime Estévez será o encargado de amosarnos a súa música, e a historia do que foi un dos gaiteiros máis senlleiros da segunda metade do século XX, fundador e primeiro presidente da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Xornadas de Percusión Tradicional o 8 de novembro en Pontedeume
04.11.20
A AGG organiza o vindeiro domingo 8 de Novembro en Pontedeume, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas novas xornadas de Percusión Tradicional con obradoiros de pandeireta para acompañamento, tambor e bombo con prato.
Os obradoiros estarán impartidos por expertos no mundo da percusión como Alejandra Montero, Andrés Vilán e Gustavo Couto.
PROGRAMA:
10.15 - Apertura
10.30 – 12.00 - Obradoiro I: “Recursos de improvisación para acompañamento con pandeireta”. Alejandra Montero
12.00 – 12.30 – Descanso
12.30-14.00 - Obradoiro II: “Obradoiro de tambor”. Andrés Vilán
16.00-17.30 - Obradoiro II: “Obradoiro de tambor”. Andrés Vilán
17.30-18.00 – Descanso
18.00-19.30 - Obradoiro III: “Obradoiro de bombo con prato”. Gustavo Couto
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o xoves día 5 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
#aculturasegue
A película "Dorothé Na Vila" no vindeiro Recuncho da Palleta.
30.10.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto en conversa con Alejandro Gándara e Olaia Tubío presentarannos a película "Dorothé Na Vila (Unha viaxe tralas voces do cancioneiro).
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
A AGG organiza unhas novas xornadas sobre a gaita enfocadas ás novas técnicas e recursos
23.10.20
A AGG organiza o vindeiro sábado 31 de outubro, en colaboración coa área de cultura da Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Arzúa, a primeira edición das Xornadas de gaita: novas técnicas e recursos, con relatorios de investigación vencellados ao noso instrumento mais emblemático dende unha perspectiva mais actual e cuxo programa podes ver a continuación:
PROGRAMA:
10.45 - Apertura
11.00 - Relatorio I: “NON É A FRECHA.... É O INDIO. Os límites da gaita”. Cristian Silva
12.00 – Descanso
12.30 – Relatorio II: “A fabricación aditiva nos instrumentos de vento madeira”. Suso Gestal
16.00 - Relatorio III: “Da memoria xenética á técnica de Gaita”. David Bellas
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo día 25 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
#aculturasegue
As VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos no vindeiro Recuncho da Palleta
23.10.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Vitor Otero falaranos sobre as VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos, organizadas pola AGG.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
A AGG organiza as VII Xornadas de baile tradicional en Lugo
16.10.20
A AGG organiza o vindeiro domingo 25 de outubro no CENTRAD (Lugo), unha nova edición das xornadas de Baile Tradicional, que nesta ocasión nos achegarán ós puntos propios do Maneo no Concello de Laracha , o baile en Queimadelos e o baile solto en Forcarei.
Os obradoiros correrán a cargo de profesionais no mundo do baile tradicional como Marina Torrado, Nuria Gesteira ou Pedro Brañas.
Estas xornadas, organizadas pola AGG en colaboración coa Xunta de Galicia, constitúen sen dúbida unha cita ineludible, non so para todas aquelas persoas que traballan no entorno da baile tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis das nosas tradicións.
A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
PROGRAMA:
11.45 - Apertura
12.00 - Relatorio-obradoiro I: “O Maneo no Concello de Laracha”. Impartido por Marina Torrado
13.30 – Xantar
16.00 - Relatorio-obradoiro II: “O baile en Queimadelos. Diferencias e similitudes co resto do concello de Mondariz”. Impartido por Nuria Gesteira
17.30 – Descanso
18.00 - Relatorio-obradoiro III: “O baile solto en Forcarei”. Impartido por Pedro Brañas
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
Páxina 3 de 249