Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Presentación do libro "A Música E Mondariz: Historia, Personaxes E Agrupacións" no vindeiro Recuncho da Palleta

30.04.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez,  que nos ofrecerá unha conversa con Chiqui Bernárdez, Raquel Faro e Félix Rodríguez na que nos presentarán o seu libro "A Música E Mondariz: Historia, Personaxes E Agrupacións".

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

A AGG organiza unhas xornadas sobre fiscalidade na música tradicional

29.04.21

xfiscais cartaz_webA Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) organiza o vindeiro domingo 9 de maio, unhas “Xornadas sobre fiscalidade na música tradicional”, levadas a cabo ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, e coa participación da Fundación Rosalía de Castro.

O obxectivo destas xornadas, que serán emitidas en liña a través na nosa páxina de Facebook, é o de informar das diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades laborais e culturais no ámbito do noso sector.

Dende a AGG cremos que a normalización e a xestión adecuada destas actividades é necesaria para poder acadar unhas condicións de traballo seguras e uns salarios dignos. 

Participan: 

  • Elisa Lamelas – Especialista en temas fiscais e laborais. Responsable da Xestoría Lamelas.
  • Gustavo Couto – Mestre de baile tradicional.
  • José Blanco – Editor, promotor e produtor musical. Responsable de Nalgures Producions SL e Loquilandia SL. Membro do padroado da Fundacion SondeSeu. Experto universitario en xestión cultural.
  • Marina F. Vigo – Música e docente de gaita e percusión tradicional.
  • Álvaro R. Carballo – Gaiteiro e xestor cultural.

Máis información: 986 84 70 74 - 982 22 99 66 -  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

   

A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE BECERREÁ

27.04.21

cartaz cdtrad_becerrea - pqA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, retoma de novo as súas actividades de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o vindeiro mércores 28 de abril achegarase ata o concello de Becerreá, concretamente ao CEIP San Xoan de Becerreá para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizaranse dous concertos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola, Roberto Rodríguez, Miguel Anxo López. Alberto Núñez e Bruno Villamor: Nos concertos amosaránselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Os concertos didácticos realizaranse no exterior e cumprindo todas as medidas fronte á Covid 19.

   

Música portuguesa para celebrar o 25 de abril no vindeiro Recuncho da Palleta

23.04.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto, que nos ofrecerá un recuncho adicado á música portuguesa para celebrar o 25 de abril!!

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

No vindeiro Recuncho da Palleta, "O San Campio": de Ariños do Mar de Teis a Riobó

16.04.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez e a peza "O San Campio". Se coa peza “unha noite no Santo Cristo” de Higinio Cambeses demostramos como una peza composta para banda pode acadar a máxima difusión noutros xéneros como a música tradicional ou o folk hoxe imos a encetar outra viaxe musical para demostrar como dunha obra concibida para  voces podemos tamén acabar na música máis tradicional e o folk internacional. Tamén imos comprobar una vez máis o pouco coidado e ás veces falta de respecto coa autoría orixinal cando aínda sendo pública e notoria omítese como quen non quere a cousa… Ademáis imos a situar no mapa esta música como xa fixemos coa aludida e descubrir a partida de nacemento desta singular composición do mestre Torres Creo. Ao mesmo tempo lembraremos ao mestre Henrique Otero no seu oitavo cabo de ano porque é tamén protagonista na historia singular desta incrible peza da música galega.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

No Recuncho da Palleta deste domingo lembramos a Ramona da Peruca

09.04.21

lumepalleira

Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio, que nos traerá a Ramona García, da Peruca. Ramona da Peruca era das poucas pandeireteiras que coñecín que tocaba a muiñeira "adiante-atrás-adiante", dun xeito moi semellante ao que chamamos toque de muiñeira vella, mais coa man aberta. 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas. 

   

Músicas e xogos tradicionais no vindeiro Recuncho da Palleta

31.03.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto, que nos ofrecerá músicas e xogos tradicionais. 

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

10 aniversario da Casa da Gaita

26.03.21

vitrinas centraisTal día como hoxe, hai 10 anos abría as súas portas a Casa da Gaita, o primeiro museo galego adicado á gaita de fol, que supón un gran valor histórico e cultural para a música tradicional galega.

Xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, a Casa da Gaita, acolle unha exposición de instrumentos musicais, que se acompaña de numerosos paneis didácticos, a través dos que se explica cal foi a historia da gaita de fol, como se aprendía a tocar, cales eran e son as súas tipoloxías e como funciona este antiquísimo instrumento musical.

Si aínda non nos visitache, esperámoste en Viascón (Cotobade).

 

 

 

   

No vindeiro Recuncho da Palleta falaremos sobre a Alborada "Unha Noite no Santo Cristo" e sobre o seu compositor Higinio Cambeses

26.03.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez, que nos ofrecerá un recuncho sobre a Alborada "Unha Noite no santo Cristo" e sobre o seu compositor Higinio Cambeses ( A Lama 1900-Pontevedra 1949), descubriremos a incrible historia desta peza que pasou da banda ao repertorio gaiteiro cos Campaneiros de Vilagarcía para difundirse posteriormente na música folk e na música Celta sen saberse a autoría ata entrado o século XXI.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

 

 

 

 

   

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) VEN DE ENVIAR UNHA PROPOSTA PARA INCLUIR AO BAILE TRADICIONAL NO PLAN INTEGRAL DE DANZA DE GALICIA NO QUE ESTÁ A TRABALLAR O AGADIC

23.03.21

logo agg v2-01 2 - pqO pasado 1 de marzo a Agadic presentou un Plan Integral para a Danza de Galicia. Nel explícase a necesidade dunha redefinición e revisión dos alicerces, intereses e necesidades para potenciar e manter o papel protagonista da danza entre a cidadanía.

Na AGG celebramos que se tomen iniciativas en defensa da cultura galega, pero consideramos que presenta unha enorme eiva ao non incluír no grupo de traballo representación algunha do sector do baile tradicional.

Por ese motivo, enviouse unha proposta para que se inclúa dentro dese grupo de traballo a algún ou algunha persoa ou entidade en representación do baile tradicional.

A AGG recibiu contestación por parte da Agadic, indicando que engadirán a información proporcionada ao informe que analizará o grupo de coordinación do Plan Integral para a Danza nas súas reunións (coa suxestión desta nova incorporación) e que seguirán informándonos dos seguintes pasos que se desenvolvan neste proceso.

A AGG ofreceu á AGADIC colaboración e asesoramento en todo o tocante ao noso baile tradicional.

 

Se queres ver a proposta enviada preme no título da nova.

   

Páxina 15 de 265