Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

No vindeiro Recuncho da Palleta adiantarémonos á celebración do Día Internacional da Danza.

22.04.22

 

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto, co que nos adiantaremos á celebración do Día Internacional da Danza.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

   

VIII Memorial Henrique Otero: O ciclo do ano nas obras do Gaiteiro do Fragoso

20.04.22

cartel memorialho_a3_programawebEste sábado a partir das 19.30 horas terá lugar en Vigo a VIII edición do MEMORIAL HENRIQUE OTERO no que como cada ano soará unha escolla das obras do mestre, que nesta edición está adicada ao ciclo do ano nas obras do Gaiteiro do Fragoso. Neste concerto-homenaxe organizado pola AGG e o CSMVigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, estarán representados, aparte da cidade olívica, o Val Miñor, O Morrazo, Mos e Mondariz e estréanse na súa participación a Banda de Gaitas da Etrad, A Banda Cans de Palleiro de Bembrive e a Banda Sons do Abrente de Mos… que únense a outras agrupacións ou institucións que repiten como o Conservatorio Superior de música, Os Carunchos, A Seneira, Sons do Río, Raigames, Breogán de Moaña ou Penaveira. Entrada de balde ata completar aforo.

PROGRAMA

ALUMNADO DO CSMVigo (Patricia Rodríguez, Manuel Riveira e Uxío Dayán)

  • Fandango dos Maios (2011)

PENAVEIRA

  • Brétemas Xacobeas (1991)

SONS DO ABRENTE DE MOS

  • Danza das Penlas (1969)
  • Fiadeira-Danza da Roca (1997)

O SON DO RÍO DE MONDARIZ

  • Na Romería de San Brais (2011)

JUAN PENA

  • Ana (intro.)(1982)
  • Sementeira(1988)

A SENEIRA DE BAIONA

  • Muiñeira de San Xoan(1985)
  • Amieiros do Lagares(1980)

BREOGÁN DE MOAÑA

  • Xota de San Xoan(1988)
  • Lumieira(1981)

CANS DE PALLEIRO

  • Son de Primaveira(2003)
  • Sementeira(1988)

OS CARUNCHOS

  • Ao Carón do Ano Vello(1997)
  • Orballo(1970)

BANDA DE GAITAS DA ETRAD

  • Muiñeira de Santa Cristina(1978)
  • Rumba de Santa Lucía (2001)

RAIGAMES

  • A Farándula (1974)
  • Tempos de Nadal (1989)

FINAL COLECTIVO

  • Ventosiño (1970)
   

O VIII Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso" no vindeiro Recuncho da Palleta

13.04.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos presentará a VIII edición do Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso", que despois de dous anos nos que tivo que realizarse de xeito virtual, volve ao formato presencial. 

O VIII Memorial Henrique Otero "O Gaiteiro Do Fragoso" terá lugar, como é habitual, no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o sábado 23 de abril.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Homenaxe a Arina Stan no vindeiro Recuncho da Palleta

08.04.22

lume na palleira okEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Ramón Dopicoe a visita de Ché Vazquez e Francis Olivier cos que lembraremos e homenaxearemos á querida Arina Stam, coa presentación do disco "A Nosa Arina".

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

A Tradescola achega as labores propias do horto escolar ás nenas e nenos de 6º de E.I. do Concello de Lugo a través do programa “5 LÚAS CANTANDO E SEMENTANDO”

06.04.22

5luascantandosementando1 web - copiaA Concellería de Educación e difusión do coñecemento do Concello de Lugo organiza un ano mais o programa de hortos escolares nos centros educativos de titularidade pública do Concello de Lugo. Nesta ocasión, a encargada de xestionar o programa é a Tradescola. Esta actividade, “5 Lúas cantando e sementando”, pretende amosar as labores propias do horto escolar para as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil, e sumar ademais coñecementos como cantigas, bailes e outros aspectos da cultura tradicional que existen en torno a estes traballos incluíndo celebracións relacionadas co ciclo do ano, como os maios.

“5 lúas cantando e sementando” pretende ser unha ferramenta para que estas tradicións se manteñan vivas, e ao mesmo tempo se sigan transmitindo aos máis cativos valores de respecto á nosa cultura e ao noso medio ambiente.

A programación estase levando a cabo con sesións de 50 minutos nos centros educativos nas que se combinan actividades no horto e nas aulas, traballando con distintas metodoloxías pedagóxicas para acadar os obxectivos do proxecto, como poden ser ampliar o coñecemento das nenas e nenos sobre os diferentes cultivos, así como o aproveitamento dos mesmos, fomentar comportamentos responsables e comprometidos no coidado da natureza ou comprender e interiorizar os procesos de sementar e plantar, así como o desenvolvemento posterior das plantas e os coidados necesarios para o seu desenvolvemento óptimo.

Ao mesmo tempo, achégase aos participantes a coñecer distintas músicas, cantigas, celebracións e tradicións relacionados co ciclo do ano, e as nenas e nenos incluso poderán facer coas súas propias mans xoguetes sonoros con materiais naturais que poderán levar para a súa casa.

“5 lúas cantando e sementando”  rematará en xuño coa colleita dos cultivos, compartindo o recollido polo grupo, para logo poder consumilo cada un, na súa casa.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

   

Elena de Toutón protagonista do vindeiro Recuncho da Palleta

01.04.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López cunha nova entrega de "ReferentAs". Nesta ocasión con Elena de Toutón como protagonista.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Diversas versións da Danza de Espadas de Redondela, no vindeiro Recuncho da Palleta

25.03.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez, que nos falará dun tema tradicional recollido nos cancioneiros e que segue a ser a Danza de Espadas de Redondela e contorna. Comprobaremos como o tema en cuestión foi motivo de versións tradicionais, Folk e ata sinfónica na zarzuela de J. Guridi “A Meiga”. Un exemplo máis de tema tradicional que xa podemos escoitar en distintos xéneros musicais.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

No vindeiro Recuncho da Palleta, falaremos sobre o pateado.

18.03.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos falará sobre o pateado, como peche dos seus especiais sobre as variantes da xota.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Volve o Memorial Henrique Otero

17.03.22

cartel memorial henrique oteroDespois de dous anos, nos que tivemos que homenaxear ao mestre de xeito virtual, nesta 8ª edición, que organizamos a AGG en colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo e a Deputación de Pontevedra, por fin volvemos ao formato presencial. Será como é habitual, no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o sábado 23 de abril.

Os grupos participantes nesta edición do Memorial, que estará adicada ao ciclo do ano nas obras de Henrique, son:

A SENEIRA

ALUMNADO DE IMTP DO CSM VIGO

BANDA DE GAITAS DA ETRAD

BREOGÁN DE MOAÑA

CANS DE PALLEIRO

JUAN PENA

O SON DO RÍO

OS CARUNCHOS

PENAVEIRA

RAIGAMES

SON DO ABRENTE

Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como el mesmo quería que o lembrasen, foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca. Foi un dos mellores expoñentes da tradición gai­tística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Son moitos os méritos que habería que recoñecerlle a este gran gaiteiro, pero sen dúbida, o que maior pegada deixou para o futuro foi o de conseguir que foran recoñecidos, por primeira vez na his­toria, os estudos oficiais de gaita ga­lega polo MEC no ano 1977.

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s gustarianos contar coa vosa presencia neste Memorial, esperámosvos a tod@s o vinderio día 23!!

   

A segunda entrega de ReferentAs, coas veciñas de Liñares como protagonistas, no vindeiro Recuncho da Palleta

04.03.22

lume na palleira okEste domingo, na sección o "Recuncho da Palleta" do "Lume na Palleira", conducido por Emilio Españadero, contaremos con Carme López e a segunda entrega de "ReferentAs". Nesta ocasión coas veciñas de Liñares como protagonistas.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Páxina 8 de 265