Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

AGG

Obradoiros tradicionais para @s mais pequen@s na Feira Franca de Pontevedra

 dsc0291A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza esta fin de semana, dentro das actividades da Feira Franca, dous obradoiros para os mais cativos, nos que @s nen@s poderán desfrutar de crear e tocar sinxelos instrumentos, así como aprender xogos bailados, conxugando a tradición, a música e o baile a través da diversión.

Estes obradoiros terán lugar o sábado 3 na AVDA. DE SANTA MARIA (detrás do CITA).

11:00 a 12:30 e de 17:00 a 18:30 - Obradoiro de xoguetes musicais. Onde nen@s e adult@s aprenderán a confeccionar e tocar sinxelos instrumentos vinculados á cultura popular galega. Con materiais tan comúns como noces, avelás ou canas, poderánse confeccionar instrumentos sonoros como, o asubío de avelá, o carrizo de noz e de caña, o reque-reque, a castañola de caña, a gaita de cana,…

12:30 a 14:00 e de 18:30 a 20:00 - Obradoiro de xogos bailados. Os nenos e nenas desfrutarán de xogos tradicionais que parten da música e do baile. Son xogos para facer en grupo, aptos para todo tipo de idades. Son moi variados, habendo algún só de cantar e dar palmas e outros que introducen no baile tradicional, sendo todos eles moi divertidos.

 

A AGG estará esta fin de semana no 18 Oenach Atlántico

cartel-oenach-2016 3A parroquia de Sedes, en Narón, acolle esta fin de semana o Oenach Atlántico 2016, que centrará a súa programación arredor do teatro, a música tradicional galega e varios obradoiros. Ademais, a Asociación de Gaiteiros Galegos estará presente cun posto informativo e de venda de publicacións, onde tamén poderedes mercar as rifas da gaita que se sorteará no Festival de Pardiñas. Tamén, organizada pola comisión de artesáns da AGG, poderedes desfrutar dunha mostra de instrumentos tradicionais galegos, na que 10 artesáns nos amosarán o seu bo facer.

http://www.turnaron.es/paxinas/espanol/ocio/oenach.php

 

XXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

pardias2016 peqOs vindeiros días 6 e 7 de agosto a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a 23 edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional.

Consagrada xa como a máis antiga e importante da Península Ibérica, servirá un ano mais, para amosar durante dous días o traballo e o bo facer de algúns dos artesáns mais recoñecidos no eido dos instrumentos tradicionais, e que contribúen, co seu traballo, á posta en valor e a recuperación do gran patrimonio cultural da nosa música.

Estes artesáns traballan día a día no desenvolvemento de novas liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos seus produtos, contribuíndo deste xeito a que a artesanía dos nosos instrumentos tradicionais sexa recoñecida e valorada no mundo enteiro.

Con esta mostra queremos non só resaltar a inmensa riqueza dos nosos instrumentos tradicionais, senón tamén recoñecer o gran traballo do colectivo artesán, que tanto e tan ben contribúen a manter viva a nosa cultura.

Como nas pasadas edicións non faltará a música e o baile tradicional, que estarán presentes durante toda a fin de semana a través de actuacións en directo e obradoiros.

Enmarcada dentro do Festival de Pardiñas (Guitiriz – Lugo), queremos convidarte a desfrutar deste lugar de encontro coa nosa cultura tradicional.

Páxina da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

   

A Tradescola impartirá un obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional

 cartazobradoiroprogramasinformaticos trad.2016- webA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 5 de xuño de 11:00 a 14:00 horas, no 1º andar do Centro Lug2, un obradorio sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre) guiado pola músico e mestra da Tradescola Mª Carmen Saborido (Menchu)

Este obradoiro está dirixido a tod@s aqueles que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.

Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Podes anotarte chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

É necesario que cada quen leve o seu seu ordenador portátil xunto cuns auriculares.

 

O recuncho da palleta recorda a Manuel Viqueira Vieites "O gaiteiro de Vilaverde"

foto1 a 540x425No recuncho deste domingo falaremos dun dos gaiteiros maiores de máis sona do noso país, o gran Manuel Viqueira Vieites "O gaiteiro de Vilaverde". Da man de Gustavo Couto, faremos unha homenaxe a súa persoa e o seu xeito de tocar e transmitir a súa música. O percorrido da súa obra musical levaranos a escoitar dende as súas pezas tocadas por el mesmo, ata o xeito que lle deron diferentes grupos a esas mesmas pezas.

Escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.

   

Páxina 10 de 44