AGG
Dous directivos da AGG gañadores do Premio de artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
Hoxe queremos sumarnos ás felicitacións ao noso directivo Pablo Carpintero, gañador do XI Certame de artesanía “ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS” na categoría tradicional coa reprodución da gaita de fol da Cantiga 350 de Santa María.
Este Certame, convocado pola Deputación de A Coruña cada dous anos, xa fora gañado na súa edición anterior por outro dos directivos da AGG, Xaneco Tubío, coa "Carneifona", unha reinterpretación dunha zanfoña galega antiga, usada polo cego de Carelle.
Parabéns!
Emisión en directo das IV Xornadas arredor da Música Tradicional
A AGG retransmitirá en directo as IV Xornadas arredor da Música Tradicional
Conscientes da importancia de dar a coñecer a cultura tradicional, dende a Asociación de Gaiter@s Galeg@s, quixemos facer un esforzo extra e apostamos por darlle a estas xornadas a maior difusión imaxinable, co fin de, non só chegar ao maior número de xente posible, senón tamén para poñer de manifesto a importancia que teñen os traballos de investigación para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións dos pobos.
Por iso, convidamos a todas as persoas que queiran saber mais da cultura tradicional a que sigan en directo, mañá sábado 24 de setembro, a través da nosa web www.gaiteirosgalegos.gal os contidos das IV Xornadas arredor da Música Tradicional.
PROGRAMA:
10.15 – Apertura e entrega de documentación
10.30 – Relatorio I
“O repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza”.
Julia Feijóo
11.20 – Quenda de preguntas
11.30 – Relatorio II
“¿Por que os Gaiteiros empeñámonos en tocar desafinados? Novas entoacións para arranxar problemas vellos”.
Carlos Real
12.20 – Quenda de preguntas
12.30 – Descanso
13.00 – Relatorio III
“Reconstrución da gaita de fol da Cantiga 350”.
Pablo Carpintero
13.50 – Quenda de preguntas
14.00 – Xantar
16.30 – Presentacións de publicacións
16.30 – “Acordeón diatónico tradicional e folk galego”.
Alejandro Balbuena
16.50 – “Método de acordeón diatónico”.
Pedro Blanco
17.10 – “Antón Corral, alborada dun soño”.
Pablo Quintana (Ed. Canela). Coa participación da autora Fina Fernández e o protagonista Antón Corral.
17.55 – Presentación - Concerto
“Tamborileros Leoneses. El Bierzo". Luis Mondelo
18.35 – Descanso
18.45 – Relatorio IV - Concerto
“La colla de xeremiers. Origen i evolución”.
Càndid Trujillo & Pep Toni Rubio
20.15 – Peche
Toda a información sobre os contidos no evento das xornadas:
IV Xornadas arredor da música tradicional
Xa temos o programa completo para as IV Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrará o vindeiro 24 de setembro na Casa da Gaita, en Viascón (Cotobade).
Non olvides reservar a túa praza!!!
PROGRAMA:
10.15 – Apertura e entrega de documentación
10.30 – Relatorio I
“O repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza”.
Julia Feijóo
11.20 – Quenda de preguntas
11.30 – Relatorio II
“¿Por que os Gaiteiros empeñámonos en tocar desafinados? Novas entoacións para arranxar problemas vellos”.
Carlos Real
12.20 – Quenda de preguntas
12.30 – Descanso
13.00 – Relatorio III
“Reconstrución da gaita de fol da Cantiga 350”.
Pablo Carpintero
13.50 – Quenda de preguntas
14.00 – Xantar
16.30 – Presentacións de publicacións
16.30 – “Acordeón diatónico tradicional e folk galego”.
Alejandro Balbuena
16.50 – “Método de acordeón diatónico”.
Pedro Blanco
17.10 – “Antón Corral, alborada dun soño”.
Pablo Quintana (Ed. Canela). Coa participación da autora Fina Fernández e o protagonista Antón Corral.
17.55 – Presentación - Concerto
“Tamborileros Leoneses. El Bierzo". Luis Mondelo
18.35 – Descanso
18.45 – Relatorio IV - Concerto
“La colla de xeremiers. Origen i evolución”.
Càndid Trujillo & Pep Toni Rubio
20.15 – Peche
Para estar ao corrente de todo, non te perdas non vindeiros días as novas informacións a través do evento das xornadas:
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as IV Xornadas arredor da Música Tradicional
O vindeiro 24 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a IV edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares , xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Agardámoste o vindeiro día 24 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 3 (Viascón - Cotobade).
A entrada é de balde, pero por motivos de espazo e preciso que reserves a túa praza.
Máis artigos...
Páxina 9 de 44