Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

AGG

Coñece mais sobre o certame ENREGUÉIFATE no Recuncho da Palleta

 lume palleira_15anosNo Recuncho da Palleta desta semana Gustavo Couto traeranos a Antía Ameixeiras, unha das responsables do certame "ENREGUÉIFATE", unha iniciativa que persegue apoiar a difusión desta forma de improvisación oral e contribuír á promoción do uso da lingua galega.
Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira

 

 

 

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desexámosvos unhas moi felices festas!!

felicitacion nadal_peqNestas datas tan especiais, as portas do nadal queremos enviarvos os nosos mellores desexos. Grazas a tod@s @s que depositades en nos a vosa confianza e apostades polo traballo en prol do noso folclore.

Son datas moi sinaladas cheas de maxia, nas que esperamos que as nosas músicas e bailes vos acompañen.

A tod@s @s nos@s asociad@s, amig@s, amantes da nosa cultura, esperamos seguir contando coa vosa confianza que nos axuda a crecer cada día e a afrontar novos retos.

Desde a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desexámosvos un moi Bo Nadal!!!

 

 

Xornadas de baile e percusión tradicional para pechar o ano

Para poñer o broche final ao traballo deste ano 2016, dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos na vindeira fin de semana dúas actividades, unhas Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar no Local Social Lar (Poblado As Veigas – Concello As Pontes – A Coruña) e unhas Xornadas de Baile Tradicional que terán lugar na casa Común de Oza (Concello de Teo - A Coruña).
Estas xornadas contan co patrocinio da Deputación da Coruña, e coa colaboración do grupo de empresa Endesa (As Pontes ) e do Concello de Teo.

x.percusionteo2 web2XORNADAS DE PERCUSIÓN – AS PONTES
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán de protagonistas ao tambor e ao bombo na xornada do sábado, e á percusión de man na xornada do domingo.
Contaremos con obradoiros prácticos da man de expertos no mundo da percusión como  Francisco Estevez “Chuco”, Marcos Saburido “Kinhos”, Gustavo Couto, Xose Lois Romero, Denise Silva e Felisa Segade.
Tamén contaremos con concertos ao remate de cada día.

PROGRAMA:

Sabado 17 de decembro
10.20 horas - Entrega de documentación e apertura.
10.30 horas – Obradoiro de bombo con pratos - Gustavo Couto.
13.30 horas – Descanso Xantar
15.30 horas – Obradoiro de regraxe da percusión – Marcos Saburido “Kinhos”.
17.30 horas – Obradoiro de técnica de tambor e bombo – Francisco Estévez “Chuco”.
20.30 horas – Concerto

Domingo 18 de decembro
10.30 horas – Obradoiro  multipercusións – Xose Lois Romero.
13.30 horas- Descanso Xantar
15.30 horas- Obradoiro de toques de pandeireta na zona dos Ancares – Denise Silva
17.30 horas- Obradoiro de pandeira – Felisa Segade.
20.30 horas – Concerto Bouba pandereteiras.

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto, e se a inscrición é para o sábado, para o domingo ou para os dous días.
Estas xornadas son de balde e @s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.
As prazas son limitadas por orde de inscrición,  Animádevos a participar!!!

cartaz xbaileteo_1_web2XORNADAS DE BAILE – TEO
Tamén dende a Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s organizamos unhas novas xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional que terán lugar os vindeiros 17 e 18 de decembro na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña.
Nestas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, haberá dúas opcións, unha para iniciarse no mundo do baile tradicional, e outra para un nivel máis avanzado.
Contaremos con relatorios e obradoiros da man de Marcos Botana, Rebeca Tallón, Francisco Javier Feijóo “Xisco”, Manolo Cobas ou Olga Kirk, e cun concerto para o remate da xornada.

PROGRAMA:
Sabado 17 de Decembro (iniciación)
16.15h – Entrega de documentación e apertura
16.30h – Obradoiro.  Por Marcos Botana:  Muiñeira
18.15h – Descanso
18.30h –Obradoiro. Por Rebeca Tallón: Bailas unha xota?

cartaz xbaileteo_2_web2Domingo 18 de Decembro (avanzado)
10.15h – Entrega de documentación e apertura
10.30h – Relatorio + Obradoiro. Por Manolo Cobas
O baile na Fonsagrada
12.15h – Descanso
12.30h – Relatorio + Obradoiro. Por Olga Kirk.
Sobre o baile na zona da Limia ourensana
14.30h – Xantar
16.30h – Obradoiro teórico-práctico. Francisco Javier Feijóo “Xisco”
Protocolos nos bailes populares galegos.
18.30h – Concerto

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto, e se a inscrición é para o sábado, (Iniciación) ou para o domingo (avanzado).
Estas xornadas son de balde. As prazas son limitadas por orde de inscrición,  Animádevos a participar!!!

   

Programa III Xornadas de baile tradicional

cartaz xbaile2016_peq

Xa podes consultar o programazo que temos preparado para o vindeiro sábado 19 de Novembro en Lugo.

10.15h – Entrega de documentación e apertura

10.30h – Relatorio - Obradoiro I.
Relatorio – As Moliñeiras. Por Xabier Iglesias.
11.00h. Quenda de preguntas
12.15h. Obradoiro práctico: As Moliñeiras

12.15h – Descanso

12.30h – Relatorio - Obradoiro II
Relatorio – O baile no Concello de Avión (Ourense). Por Miguel Sotelo.
13.00h. Quenda de preguntas
13.15h. Obradoiro práctico: O baile na Edreira Vella e Boeixos, ao xeito de Hipólito e Dosinda. Por Miguel Sotelo

14.15h – XANTAR

16.30h – Mesa Redonda
Cantidade ou calidade. ¿Qué beneficia mais o noso baile?
Interveñen: Luis Prego, Xabier Iglesias, Marcos Botana e Miguel Sotelo.
Modera: Gustavo Couto.

18.00h – Descanso

18.15h – Relatorio - Obradoiro III
Relatorio – Na percura do fandango perdido. Por Luis Prego
18.45h. Quenda de preguntas
19.00h. Obradoiro práctico: Na percura do fandango perdido

 

III Xornadas de Baile Tradicional

 cartaz xbaile2016_peqXa temos data para as III Xornadas de baile tradicional que organizamos dende a AGG, que como novidade este cambia de ubicación e celebraranse na cidade de Lugo.

Serán o vindeiro día 19 de novembro e como nas edicións anteriores estarán cheas de contidos moi interesantes. Xa temos o programa prácticamente pechado, así que reservade a data e estade pendentes das novas!

Esperámosvos!!

   

Páxina 8 de 44