Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

AGG

Pesar polo pasamento de Lito de Pinténs

lito de pintensHoxe temos que informar dunha triste nova, toda a música tradicional, e en especial a da comarca do Morrazo está de loito polo pasamento do mestre gaiteiro Anxo Gago "Lito de Pinténs". “Lito”, que naceu na aldea de Pinténs, na parroquia do Hío, foi un gran gaiteiro e mellor persoa, con el vaise un referente, un anaco da cultura da gaita, instrumento polo que sempre sentiu paixón e unha devoción que lle fixeron ser inseparables. Unha historia que afonda no orgullo de ser Gaiteiro Galego.

Foi fundador, mestre e músico en distintos grupos de gaitas, e foi o primeiro director da Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu. Recibiu o galardón Xohán de Cangas no marco da Festa da Cultura, e no pasado mes de setembro recibiu unha homenaxe organizada polo grupo que dirixía, "Vos do serán", e na que participaron numerosas agrupacións ás que estivo vinculado durante a súa vida.

Parte da súa historia quedou reflexada no documental dos Gaiteiros do Mar, codirixido por Xurxo Souto e Martín Rodas, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia,... levando o son da nosa música a todas as latitudes ata onde eles chegaban.

Dende a AGG tivemos o pracer de compartir varias xornadas con el e cos seus compañeiros do grupo Os Gaiteiros do Mar (Manolo de Donón, Feliciano de Donón, Manuel Martínez Santomé e o Peix de Aldán). Sempre quedarán no noso recordo estas I e II Xornadas sobre os Gaiteiros do Mar (A Coruña 2016 e Rianxo 2017), nas que compartiron con todos a súa música e as súas maravillosas historias no mundo da gaita e do mar. 

Dende a AGG lamentamos fondamente a súa perda e queremos facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

 

Xornadas de Requinta: Programa

 xornadasrequinta webXa temos o programa pechado para as Xornadas de Requinta do vindeiro 20 de xaneiro. Non esquezas anotarte para poder asistir.

PROGRAMA
11.00 - Apertura e entrega de documentación
11.15 - “A orixe da requinta”. Pablo Carpintero
12.15 - “A requinta da ulla. Obradoiro Riobó”. Rafael Carracedo
13.30 - Xantar
16.30 - Conversa cos portadores. Interveñen Pepe de Nande, Marcelino do Muiñeiro e Álvaro Couto (bisneto dos Barreiros de Albín). Modera Xurxo Souto.
17.30 - “Isto non é unha requinta. As frautas de sistema simple na tradición galega”. Oli Xiráldez

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, e un teléfono de contacto.
As prazas son limitadas por orde de inscrición,  reservade a data e animádevos a participar!!!

 

Xornadas de Requinta

xornadasrequinta web

Que mellor maneira de comezar o ano que cunhas xornadas relacionadas coa nosa cultura tradicional!!
O vindeiro sábado 20 de xaneiro dende a AGG organizamos, grazas ao patrocinio do Concello de Teo, unhas xornadas sobre a Requinta.
Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, serán de balde, previa inscrición.
Ainda estamos pechando o programa, pero permanecede atentos ás novas que en breve publicaremos todos os detalles!!!
INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, e un teléfono de contacto.
As prazas son limitadas por orde de inscrición,  reservade a data e animádevos a participar!!!

   

A Rumboia. Novo espazo radiofónico da AGG

rumboiaO vindeiro día 02 de xaneiro estrease openradio.es e a partir do venres 5 de xaneiro, A RUMBOIA, un novo espazo radiofonico adicado a música tradicional e xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s nesta radio dixital openradio.es e que poderedes escoitar en http://www.openradio.es/rumboia.

 

2ª Edición das xornadas culturais "A Gaita no Mar"

cartaz gaitamar-2017_peqO vindeiro domingo 03 de decembro teremos o placer de celebrar as unha nova edición das Xornadas A Gaita no Mar, coas que queremos recoñecer a gran contribución que fixeron moitos mariñeiros galegos no espallamento polo mundo da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo. Coma en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros e moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita. O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían coa súa gaita, non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar, senon que o que estes mariñeiros acadaron foi moito mais, eles levaron a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,… Convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta comercial.

Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.

Para coñecer esta realidade máis de preto dende Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos o vindeiro sábado 03 de decembro pola maña unha nova edición da Xornada: "A Gaita no Mar", que nesta ocasión terá lugar no Concello de Rianxo.

Estamos pechando o programa, así que estade atentos que en breve publicaremos todos os detalles.

   

Páxina 6 de 44