Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

AGG

Participar no Portal

Se desexas participar no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos só tes que enviar un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o teu nome completo, dni e unha foto para publicar no Portal.
 

Carnés de socio

Comprácenos enormemente que os socios da AGG xa esteades en posesión dos carnés. Confiamos en que todos os recibirades correctamente, de non ser así, por favor, facédenolo saber.

Os carnés de socio representan a vosa afiliación e colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e o compromiso en prol da defensa dos valores da cultura e, en especial, da música tradicional galega.

No documento inclúese un número simbólico, número de socio, que resultará de gran utilidade á hora de facer consultas e dirixirse á nosa secretaría.

Na parte traseira poñemos á vosa disposición o contacto de algúns dos artesáns que, neste momento, están a traballar no eido da construción de instrumentos tradicionais galegos e contribuíron a financiar estes carnés.
 

Fins e usos do Portal




Ante certas peticións de algúns asociados para a publicación, na sección de novas deste portal, de eventos que non teñen nada que ver coa música tracidional galega, a comisión encargada da edición do mesmo co respaldo da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, quere manifestar o seguinte:

1º O portal da AGG nace como un vehículo de comunicación da AGG cara aos seus asociados e cara ao mundo.

2º O fin que persegue a AGG e que está reflexado, entre outros, nos seus estatutos é a defensa e divulgación da música tradicional galega.

3º A comisión encargada da edición de Portal e a Xunta Directiva da AGG teñen en conta e respectan calquera manifestación cultural non galega ao tempo que entenden que estas teñen que ter outras canles de difusión.

Por todo o dito anteriormente, a comisión de edición e a Xunta Directiva da AGG rogan aos usuarios do portal que remitan novas que se cingan exclusivamente ao contido do portal.

Asi mesmo aproveitan para agradecer a tódolos usuarios a súa colaboración que mantén viva esta sección e o portal enteiro.
   

Almanaque 2006 da Asociación de Gaiteiros Galegos




Vimos de enviar a todos os novos socios o almanaque do ano 2006, que pretende ser un medio de publicidade da nosa Asociación a todos os niveis da sociedade galega. Por ista razón, tamén fixemos envío do mesmo a certas asociacións, colectivos e individuos vencellados dun xeito ou outro á música galega.


A foto escollida para iste ano 2006 pertence á colección de Eduardo Méndez Baamonde (Dubi). Neste caso é unha foto de Ferrer de comezos do século XX onde aparecen tres cativos tocando (dúas gaitas e un tambor). A colección completa de Dubi foi proxectada "con grande éxito de crítica e público" dentro das actividades do "II Día do Orgullo Gaiteiro" celebrado en Ourense o pasado 17 de decembro de 2005.
 

XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL - Pardiñas - Guitiriz



XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Pardiñas-Guitiriz
Xa estamos na XII edición da “Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os dias 6 e 7 de agosto.


Aqui tes mais información

Ler mais. XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL - Pardiñas - Guitiriz

   

Páxina 42 de 44