AGG
A Tradescola suma unha nova materia as súas ensinanzas
Neste curso 2019-2020 a Tradescola amplia as súas ensinanzas incorporando ao seu haber a materia "Ritmos e xéneros da música de tradición oral galega. Repertorio instrumental e cantado: Clasificación e análise".
Esta materia pode servir para comprender de xeito máis profundo e amplo a música tradicional tanto para intérpretes como para calquera persoa interesada nela. O apoio bibliográfico aportaranos unha visión das publicacións máis relevantes no estudo da música de tradición oral galega, fundamentais para o estudo de calquera tema relacionado con ela. Ademais, o análise musical pode axudar a un mellor entendemento das partituras á hora da interpretación, ademais de ser un punto interesante para a preparación de probas de acceso para o corpo de mestres de música.
A materia ritmos e xéneros pretende abordar a música de tradición oral e popular galega dende unha perspectiva académica próxima á etnomusicoloxía, aportando polo tanto un marco teórico aos diferentes estudos instrumentais que se desenvolven na escola.
A materia divídese en dous grandes bloques: por unha banda a clasificación en ritmos e xéneros das melodías da tradición oral e popular galega, e por outra banda o seu análise.
En canto á clasificación, esta materia axudará a crear unha visión ampla e xeral da música de tradición oral, intentando axuntar diferentes criterios de clasificación e descrición destas músicas, atendendo á gran disparidade de pautas á hora de abordar este tipo de coñecemento. Para isto, as fontes documentais fundamentais para esta materia asentaranse nos diferentes cancioneiros que se dedican á música de tradición oral galega ademais de diferentes estudos e publicacións musicolóxicas tanto a nivel galego como estatal. Todo isto tendo como finalidade a proposta dunha tipoloxía de clasificación que se apoie nas distintas visións dos estudosos do tema pero sen esquecerse da fonte fundamental: as e os informantes que son verdadeiros protagonistas de todo isto, responsables da preservación da transmisión da tradición. Ademais, vencellarase toda a formación teórica coa escoita de audicións que exemplifiquen o estudado.
Sobre o análise debemos facer fincapé na diferenza de base do análise de músicas de tradición oral respecto da música académica. Debido á natureza diversa de ambas, fai necesario que cadansúa conten cun análise particular, centrado nas características propias de cada música. Deste xeito proponse para a materia un análise de música de tradición oral baseado nos estudos de Dorothée Shubarth e Sergio de la Ossa.
A AGG organiza as VII Xornadas arredor da Música Tradicional
O vindeiro 28 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a VII edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.
Entrada de balde, previa reserva de praza a través do teléfono 986 847 074 ou enviando un correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
PROGRAMA
10.15 – Apertura e entrega de documentación
10.30 – Relatorio I - Demostración
“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños
11.20 Quenda de preguntas
11.30 – Relatorio II
“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da análise ”. Felipe Rodicio
12.20 Quenda de preguntas
12.30 - Descanso
12.50 - Presentacións de publicacións
12.50: “Entre Fusco e Lusco” de Rafa Crespo e “Colleita Propia” de Pablo F. Rial . Editorial Ton e Son
13.10: Presentación da colección Cámara Escura con Eutropio Rodríguez, “O danés curioso en Ordes” d@s autor@s Gustav Henningsen, Eutropio Rodríguez e Estívaliz Espinosa e “Os danzantes dos Reis” d@s autor@s Eutropio Rodríguez e Alba Cid. Editorial aCentral Folque.
13.30 – Xantar
16.30 – Relatorio III
“Anotacións encol do uso da trompa ou mosugitarra no País Vasco”. Juan Mari Beltrán
17.20 Quenda de preguntas
17.30 – Relatorio IV
“Pasado e presente do pito pastoril na Galicia”, dende o século XIX a actividade do IGAESPI, avances da investigación. Miguel Mosquera e Efraím Díaz
18.20 Quenda de preguntas
18.30 – Descanso
19.00 – Relatorio - Concerto V
“Os Trabazos de Castro Caldelas: actividade, aspectos biográficos, instrumentos de traballo, homenaxes e repertorio”. Alexandre Rodríguez.
19.50 Quenda de preguntas
Agardámoste o vindeiro día 28 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 4 (Viascón - Cotobade).
A AGG organiza as VI Xornadas de baile tradicional en Lugo
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as VI Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 22 de setembro en horario de 12.00 horas a 13.30 horas e de 16.30 horas a 20.00 horas.
Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO).
Nestas xornadas contaremos con grande profesionais do baile tradicional como son Ruth Pérez, Olga Kirk e Francisco Feijóo "Xisco", que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.
Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.
Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)
Data: 22 de setembro de 2019
Programa das VI Xornadas de Baile Tradicional
11.45h - Recepción participantes e apertura da Xornada
12.00h - Relatorio-Obradoiro "O baile na Fonsagrada". Imparte Ruth Pérez
13.30h - Xantar
16.30h - Relatorio-Obradoiro "O baile en Limiñoa". Imparte Olga Kirk
18.00h - Descanso
18.30h - Relatorio - Obradoiro "As añas". Imparte Francisco Feijóo "Xisco"
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG e alumn@s da Tradescola, que disporán ata o mércores 18 para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, según orde de chegada.
INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Lembranza a Antón Fraguas, protagonista do día das Letras Galegas
O vindeiro domingo día 12 a Casa da Gaita acollerá o acto Lembranza a Antón Fraguas en homenaxe a esta gran figura da nosa cultura, que tanto fixo a prol da súa conservación e divulgación.
Antón Fraguas Fraguas dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e mestría á antropoloxía. Ademais, cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión en calquera ámbito. Foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica. Entrou en contacto co galeguismo de mozo, cando estudou Bacharelato en Pontevedra, onde comezou a ter interese pola cultura galega grazas a docentes como Antón Losada Diéguez, ou Castelao.
Recibiu, entre outros galardóns, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba e o Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia. Escribiu sobre xeografía e arqueoloxía, pero no campo no que máis destacou foi na cultura campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as crenzas e os costumes,...
No evento que celebramos o domingo, faremos unha achega a algúns dos seus textos vencellados a nosa música tradicional e contaremos coa participación de Sonsoles Martínez, que colaborou na reedición do Cancioneiro, poñendo música algunhas das súas cantigas. Rematando co Himno Galego.
Este domingo no Recuncho da Palleta presentamos o disco "Homenaxe aos Campaneiros de Vilagarcía"
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto e a presentación do disco colectivo de "Homenaxe a Os Campaneiros de Vilagarcía" do que se sortearán 3 exemplares.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Máis artigos...
Páxina 3 de 44