Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG

AGG

A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas

14.06.11

A TRADESCOLA, centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo para a reserva .

A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén ofrecemos aulas específicas para os máis pequenos.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Asamblea Xeral Ordinaria da AGG

07.06.11

O pasado domingo 05 de xuño de 2011 tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos.Este ano celébrouse na Casa da Gaita, a nova sede que a AGG ten en Viascón - Cotobade, na cidade de Pontevedra. O horario de celebración foi ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria.

A orde do día foi a seguinte:

1. Lectura e aprobación se procede da acta anterior.2. Informe das actividades realizadas no ano 2010.

3. Planificación de actividades 2011.

3. Aprobación do estado de contas do ano 2010.4. Elección da Xunta Directiva.

5. Rogos e preguntas.

   

A AGG celebra a Asemblea Xeral Anual

01.06.11

O vindeiro domingo 5 de xuño a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra a súa Asamblea Xeral anual.

Será ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria. Nela farase un repaso polas actividades realizadas e tamén se falará dos proxectos de futuro nos que se está a traballar, de maneira que todos os socios poidan ver de primeira man o traballo acometido pola asociación.

Este ano como novidade,  celebrarase na Casa da Gaita sita no lugar de Quintán, 3 – Viascón (Cotobade) na cidade de Pontevedra, o novo emplazamento da AGG e un dos lugares de referencia para a música tradicional galega. Tomouse a decisión de celebrala alí para ofrecer aos socios que aínda non a visitaran, a oportunidade de ver in situ, un dos proxectos mais recentes da AGG na súa loita pola divulgación da música tradicional galega.

   

A nova edición do voceiro da AGG xa está na rúa

24.05.11

A pasada semana dende a AGG sacamos unha nova edicion do noso voceiro "Aturuxo", o que xa enviamos por correo postal aos nosos socios e no que se pode consultar un resumo das ultimas actividades que se fixeron dende a Asociación de Gaiteiros Galegos e tamén aqueles proxectos nos que se está a traballar.

Tamén o podes consultar aquí.

Sigamos traballando todos xuntos pola música galega.

   

Grande éxito do II Seminario de Percusión Tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide

02.05.11

Numerosos asistentes participaron no "II Seminario de Percusión Tradicional" organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, dentro da programación de actividades da Foliada de Melide. Este seminario naceu fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Da man de Francisco Estévez "Chuco" e de Roi Adrio, que foron os encargados de conducir o seminario nesta edición, os asistentes puideron afondar un pouquiño máis neste aspecto da tradición galega e practicar cos diferentes e moi variados instrumentos de percusión.

   

Pechada a Inscripción para o Seminario de Percusión en Melide

27.04.11

Informámosvos que se pecha o prazo de inscripción para o Seminario de Percusión que a AGG organiza en Melide o vindeiro sábado 30 por ter completo o aforo.

Graciñas a todos!!!!

   

Visita á Casa da Gaita

25.04.11

O pasado sábado 23 de abril, un grupo de 16 persoas do concello de Teo, acompañados por un dos precursores do Estatuto de Autonomía de Galicia como afiliado a "Mocedades Galleguistas e Presidente da Fundación Castelao, entre outras, D. Avelino Pousa Antelo, visitaron A Casa da Gaita.

Nela puideron coñecer de primeira man, a historia da gaita de fol en Galicia e os seus acompañamentos, así como visitar unha exposición de máis de 30 fotografías antigas.

   

Númeroso público asistiu as III Xornadas de Baile

11.04.11

Numerosos asistentes participaron nas “III Xornadas de Baile Tradicional” organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, xornadas que naceron fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

   

Programa pechado para as III Xornadas de Baile Tradicional

31.03.11

Xa temos o programa final da III edición das Xornadas de Baile que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos o vindeiro sábado 9 no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Santiago de Compostela).

PROGRAMA

MAÑÁ

10:15 h - Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.

10.30 h –1º OBRADOIRO: Luis Prego – “Improvisación de puntos da zona sur da provincia de Pontevedra”.

12:00 h - 2º OBRADOIRO: Manuel Cobas – “ Técnicas de improvisación para xota”

TARDE

16:00 h - 3º OBRADOIRO: Francisco J. Feijoo, “ Chisco”- “ Técnicas de improvisación para muiñeiras”

17:30 h – Presentación do traballo “Na punta do pé “ de Pesdelán

18:00 h - 4º OBRADOIRO: Xabier Iglesias – Bailes agarrados.

19:30 h - PECHE DAS XORNADAS.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

III Xornadas de Baile Tradicional

29.03.11

Un ano máis e logo do éxito acadado nas anteriores edicións, a Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as III Xornadas de Baile Tradicional, xornadas que naceron fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Serán o vindeiro sábado 9 de Abril no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima s/n Compostela)

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Páxina 10 de 22