Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG

AGG

A nova edición do voceiro da AGG xa está na rúa

24.05.11

A pasada semana dende a AGG sacamos unha nova edicion do noso voceiro "Aturuxo", o que xa enviamos por correo postal aos nosos socios e no que se pode consultar un resumo das ultimas actividades que se fixeron dende a Asociación de Gaiteiros Galegos e tamén aqueles proxectos nos que se está a traballar.

Tamén o podes consultar aquí.

Sigamos traballando todos xuntos pola música galega.

   

Grande éxito do II Seminario de Percusión Tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide

02.05.11

Numerosos asistentes participaron no "II Seminario de Percusión Tradicional" organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, dentro da programación de actividades da Foliada de Melide. Este seminario naceu fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Da man de Francisco Estévez "Chuco" e de Roi Adrio, que foron os encargados de conducir o seminario nesta edición, os asistentes puideron afondar un pouquiño máis neste aspecto da tradición galega e practicar cos diferentes e moi variados instrumentos de percusión.

   

Pechada a Inscripción para o Seminario de Percusión en Melide

27.04.11

Informámosvos que se pecha o prazo de inscripción para o Seminario de Percusión que a AGG organiza en Melide o vindeiro sábado 30 por ter completo o aforo.

Graciñas a todos!!!!

   

Visita á Casa da Gaita

25.04.11

O pasado sábado 23 de abril, un grupo de 16 persoas do concello de Teo, acompañados por un dos precursores do Estatuto de Autonomía de Galicia como afiliado a "Mocedades Galleguistas e Presidente da Fundación Castelao, entre outras, D. Avelino Pousa Antelo, visitaron A Casa da Gaita.

Nela puideron coñecer de primeira man, a historia da gaita de fol en Galicia e os seus acompañamentos, así como visitar unha exposición de máis de 30 fotografías antigas.

   

Númeroso público asistiu as III Xornadas de Baile

11.04.11

Numerosos asistentes participaron nas “III Xornadas de Baile Tradicional” organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, xornadas que naceron fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

   

Programa pechado para as III Xornadas de Baile Tradicional

31.03.11

Xa temos o programa final da III edición das Xornadas de Baile que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos o vindeiro sábado 9 no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Santiago de Compostela).

PROGRAMA

MAÑÁ

10:15 h - Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.

10.30 h –1º OBRADOIRO: Luis Prego – “Improvisación de puntos da zona sur da provincia de Pontevedra”.

12:00 h - 2º OBRADOIRO: Manuel Cobas – “ Técnicas de improvisación para xota”

TARDE

16:00 h - 3º OBRADOIRO: Francisco J. Feijoo, “ Chisco”- “ Técnicas de improvisación para muiñeiras”

17:30 h – Presentación do traballo “Na punta do pé “ de Pesdelán

18:00 h - 4º OBRADOIRO: Xabier Iglesias – Bailes agarrados.

19:30 h - PECHE DAS XORNADAS.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

III Xornadas de Baile Tradicional

29.03.11

Un ano máis e logo do éxito acadado nas anteriores edicións, a Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as III Xornadas de Baile Tradicional, xornadas que naceron fai dous anos coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Serán o vindeiro sábado 9 de Abril no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima s/n Compostela)

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Grande éxito da inauguración da Casa da Gaita e do Xantar Gaiteiro

29.03.11

O sábado foi inaugurada a Casa da Gaita, o primeiro museo didáctico galego dedicado á gaita de fol, á súa historia, ao seu aprendizaxe tradicional e a un dos grandes gaiteiros da provincia de Pontevedra, D. Ricardo Portela. Na casa da gaita pódense ver numerosas gaitas antigas, así como outros instrumentos musicais que acompañaron á gaita de fol, como tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas cedidos por varios coleccionistas. Tamén conta con moita información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia. Ao acto asisitiron autoridades locais, ademais do presidente da mancomunidade turística Terras de Pontevedra, e directivos da Asociación de Gaiteiros Galegos.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

A TRADESCOLA CONTINUOU HOXE, CON CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES

03.02.11

xornadas_musica_tradicional_chantada.jpgA TRADESCOLA CONTINUOU HOXE, CON CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES, AS XORNADAS SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA EN CHANTADA

Os mestres da Tradescola, Xose Lois Romero e Luis Correa “O Caruncho” cautivaron aos alumnos de Chantada amosándolles os instrumentos, a historia e a evolución da música tradicional galega.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Suspéndese o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

25.11.10

A Xunta de Galicia negoulle o apoio económico a Asociación de Gaiteiros Galegos para a celebración do Congreso de ensinantes de Música Tradicional que se viña realizando dende os últimos anos

A Asociación de Gaiteiros Galegos, que organizou entre os anos 2006 e 2009 catro edicións do congreso, vese obrigada a suspender a V edición do Congreso de ensinantes de música tradicional por falta de apoio económico. Logo de que a xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos mantivese varias reunións con altos cargos do actual goberno galego e co propio conselleiro de cultura, e vendo a total falta de apoio pola súa parte, viuse obrigada a suspender a que sería a V edición do Congreso, que tiña previsto celebrarse os días 3, 4 e 5 de Decembro en Santiago de Compostela.

As distintas edicións do Congreso de ensinantes de música tradicional, que reuniron nas cidades de Santiago e Lugo a preto de 1000 congresistas, convertéronse nun referente único en toda Galiza e no Estado. Nas catro edicións celebradas poideronse escoitar relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos, ou comunicacións, obradoiros prácticos e mesas redondas onde se debateron temas relacionados coa música tradicional. En todas as edicións prácticamente se completou o aforo de prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que xurdiron das distintas exposicións, que  deron a posibilidade a todos os asistentes de acceder aos recursos e coñecementos necesarios para cumprir coa súa función docente ou divulgadora no marco do sistema educativo galego.

   

Páxina 9 de 21