Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG

AGG

Almanaque 2006 da Asociación de Gaiteiros Galegos

04.01.06




Vimos de enviar a todos os novos socios o almanaque do ano 2006, que pretende ser un medio de publicidade da nosa Asociación a todos os niveis da sociedade galega. Por ista razón, tamén fixemos envío do mesmo a certas asociacións, colectivos e individuos vencellados dun xeito ou outro á música galega.


A foto escollida para iste ano 2006 pertence á colección de Eduardo Méndez Baamonde (Dubi). Neste caso é unha foto de Ferrer de comezos do século XX onde aparecen tres cativos tocando (dúas gaitas e un tambor). A colección completa de Dubi foi proxectada "con grande éxito de crítica e público" dentro das actividades do "II Día do Orgullo Gaiteiro" celebrado en Ourense o pasado 17 de decembro de 2005.
   

XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL - Pardiñas - Guitiriz

21.07.05



XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Pardiñas-Guitiriz
Xa estamos na XII edición da “Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os dias 6 e 7 de agosto.


Aqui tes mais información
   

Carta dirixida á editorial Everest en relación ao conto "MICIFÚ E OS SEUS AMIGOS

12.07.05

No conto MICIFÚ E OS SEUS AMIGOS editado por EVEREST dentro da colección Montaña encantada, do autor Ramón Caride e con ilustracións de FERNANDO L. JUAREZ vimos de detectar un deseño pouco axeitado, ao noso entender, motivo polo cal remitimos unha carta.



Mais información
   

Carta dirixida ao Sr. Director do Museo do Pobo Galego

12.07.05


No número 3/2005 do mes de maio das Páxinas Informativas do Museo do Pobo Galego, aparece unha nova relativa á preocupación do Padroado polo investimento de recursos públicos na promoción de formas musicais alleas á cultura tradicional galega,

A Asociación de Gaiteiros Galegos enviou unha carta ao Director do Padroado, D. Isaac Díaz Pardo en relación co andedito tema.



Mais información
   

Comunicado da AGG en relación co acto previsto para o 2 de xullo en Narón

30.06.05

A Asociación de Gaiteiros Galegos é a asociación de todos os músicos
tradicionais do país. Entendemos "Gaiteiros" no seu mais amplo sentido,
tanto a nivel de xénero canto a nivel de participación das expresións
musicais tradicionais.

Ao longo dos mais de 25 anos de actividade a Asociación de Gaiteiros
Galegos sempre se caracterizou pola defensa e difusión da nosa música
patrimonial. Como tal colabora e axuda con calquer iniciativa encamiñada
a promover e difundir a música galega tradicional, mais tamén denuncia
as malversacións de diñeiro público en músicas non galegas.



Mais información
   

A Asociación sae moi reforzada da Asemblea Xeral Ordinária

29.04.05

O pasado domingo 24 de marzo de 2005 tivo lugar, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a Asemblea Xeral Ordinária da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Na mesma informou-se ás/aos sócias/os das actividades realizadas pola Xunta Directiva durante o ano 2004.



Mais información
   

Queres participar no Portal? (sendo ou non sendo sócio!)

29.04.05


Compañeiro,

Se desexas participar no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos só tes que enviar un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o teu nome completo, dni e unha foto para incluir no Portal.

Saudos

   

Por princípios: a AGG non é unha organización política

25.04.05

Neste artigo, que podedes baixar de

Por principios

o presidente, Santiago Caneiro, fai unha série de reflexións moi interesantes ao fio de certos comentários onde se tenta relacionar á Asociación de Gaiteiros Galegos con algún partido político.

Saudos
   

Asocia-te!!!!!!!!!!!!!!!

21.04.05



Compañeiro,

Se ainda non estás asociado e desexas facé-lo, podes descargar o formulário de inscrición de


http://www.gaiteirosgalegos.com/socio-agg.pdf

   

Apresentación da Asociación en Lume na Palleira

15.04.05

O pasado 9 de abril de 2005 unha representación da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos estivo en Lume na Palleira, apresentando os novos proxectos.

Podedes escoitar o programa de Lume na Palleira en

http://www.crtvg.es/audio_rtg/lume_palleira/audio_lume_205.asx

Saudos
   

Páxina 21 de 22