Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG

AGG

Presentación Quiquiriquí

19.12.06

Informámosvos do cambio nunha das datas de presentación do Quiquiriquí. A presentación en Lugo pasa para o VENRES 22 ás 20h no Centro Social Uxío Novoneira. Presenta Luis Caruncho.
   

O Quiquiriquí

14.12.06


Xa está nas tendas O Quiquiriquí!!!! Impulsado e producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizado por Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música, trátase de un traballo adicado a difundir as tradicións galegas relacionadas co Nadal mediante un libro, un CD e un DVD.

Ao longo da semana que ven realizaranse presentacións por toda Galicia, estas datas xa están confirmadas:

LUNS,18

FERROL - Galerías Sargadelos as 20h. presentador Tino Baz
PONTEVEDRA - Biblioteca Central as 20h. presenta Luis Caruncho.

MARTES,19

CAMBADOS- Livraría Ramón Cabanillas as 20h. presenta Tino Baz
OURENSE-Cafetería Auriense as 21h. presenta Luis Caruncho.



XOVES, 21

SANTIAGO DE COMPOSTELA - Corte Inglés as 19h. presenta Tino Baz
VIGO - Corte Ingles as 20h. presenta Luis Caruncho.

VENRES, 22

A CORUÑA- Corte Inglés as 20h. presenta Tino Baz
LUGO- Centro Social Uxío Novoneyira as 20 h. Presenta Luis Caruncho.
   

Presentación do Quiquiriqui en You Tube

08.12.06

No seguinte enderezo web

http://www.youtube.com/watch?v=D9PxscbB9aE

podedes ver ao video que Casa de Tolos preparou coa presentación do traballo titulado "O Quiquriquí" (libro-cd-dvd) no CGAC de Santiago de Compostela coa presenza do Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, D. Luís Bará Torres, e Pablo Carpintero, membro da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Máis información en www.oquiquiriqui.com
   

I Congreso de Ensinantes de música tradicional galega

22.11.06

Os pasados sábado, 18 e domingo, 19 de novembro tivo lugar, no Auditorio de Galicia en Santiago de Comostela, o I Congreso de Ensinantes de Música tradicional Galega. O evento foi organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración ca ASPG e a CIG Ensino, e foi patrocinado pola Dirección Xeral de Creación de Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Concellería de Cultura do Concello de Santiago. Tamén colaboraron o Auditorio de Galicia e as tres Universidades Galegas.

O acto inaugural foi presidido pola Conselleira de Cultura, dona Ánxela Bugallo que estivo acompañada polo Presidente da ASPG, o Secretario Nacional de CIG-Ensino, o Vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, o Vicerreitor de relacións Institucionais da Universidade de Vigo e o Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Foi, a todas luces, un fito histórico que resultou un grande éxito, non só pola calidade dos relatores e compoñentes das mesas redondas, senón tamén pola cantidade de congresistas inscritos, máis de dous centos, que asistiron con grande interese aos debates e relatorios que se programaron.

A Asociación de Gaiteiros Galegos pretende, a non tardar, publicar as actas para constancia e espallamento do que alí se tratou e, dado o grande interese dos congresistas, comezar xa a traballar na organización do segundo.

Queremos agradecer publicamente ás institucións que colaboraron para levar adiante este complexo proxecto, ós relatores, participantes en mesas e congresistas, a súa amabilidade e bo facer, que contribuíron a que todo o congreso se desenvolvera nun excelente clima de traballo.


Ver Fotos.


   

Clases de Zanfona en Lugo

16.11.06

A Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha aulas de zanfona na cidade de Lugo.

Para poder levar a cabo esta actividade a AGG conta coa colaboración da Direción Xeral de Xuventude, da Vicepresidencia da Xunta, e máis co patrocinio do Plan de xestión do Xacobeo, da Consellaría de Innovación e Industria.

Lugar: ”Eixo Garay”,
Horario: Tardes dos xoves de novembro a xuño.
Inscripcións: Asociación de Gaiteiros Galegos 986847074, ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Mestre: Luis Correa “O Caruncho”.
   

I Congreso de Ensinantes de música tradicional galega

23.10.06


A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.


Tentando cumprir un dos seus principais fins, a normalización da cultura musical de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais xente implicada no folclore musical galego, organiza o primeiro congreso de ensinantes de música e baile tradicional.

O I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de Novembro e vai dirixido a todo tipo de docentes, xente interesada neste tipo de ensino e, especialmente, a estudantes universitarios, para os que a asistencia contará como créditos de libre elección para Universidade de Vigo e está en trámites para a Universidade de A Coruña.



Máis información.


Para descargar o progama e boletín de inscrición faga click aquí:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/programacongreso.pdf

Para descargar só o boletín de incrición en formato word faga click aquí:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/inscricion_congreso.doc

   

Procura de traballador/a

24.09.06

Publicamos carta remitida a todos os nosos socios, referente á procura dun(ha) traballador(a).

Estimado soci@:



Poñémonos en contacto contigo para comunicarche que, por motivos persoais, Sonsoles Martínez deixa o posto de traballo que viña desempeñando con nós desde hai un ano. Debido a inxente cantidade de traballo que os distintos convenios coa Xunta e outros organismos ten a Asociación, temos a necesidade de volver a cubrir ese posto polo que te convidamos a que, se este é do teu interese, nos envíes o teu curriculum o máis urxentemente posible segundo as especificacións que se achegan máis abaixo.

Non queremos deixar pasar esta oportunidade sen agradecer a Sonsoles a súa dedicación e celo no desempeño da súa labor na AGG, e desexarlle o mellor na súa nova andaina.

Sen outro particular, aproveitamos para enviarche un agarimoso saúdo.

Santiago Caneiro Aneiros,
Presidente.

Especificacións para a solicitude do posto de traballo:


Mais información.

   

Deixa o posto o vicepresidente

23.09.06

Na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, o vicepresidente da AGG presentou a súa demisión por motivos laborais.

Aínda que lamentando esta obrigada marcha, sabemos que o noso compañeiro seguirá ofrecendo sempre traballo e disposición para coa nosa asociación, e contribuíndo á dignificación e normalización da música tradicional galega na sociedade actual.

Desde a Xunta Directiva queremos agradecer a Iván Area o seu intenso e fructífero traballo durante o seu tempo como membro da Xunta Directiva.
   

Noites máxicas e Vigo, as noites dos Iluminados.

22.08.06

Noites máxicas e Vigo, as noites dos Iluminados.

240.000 euros das arcas públicas van ser, de novo, dilapidados nun espectáculo pretencioso e carente de todo sentido que pretende, pero non ten nada ten que ver coa cultura da nosa terra. Segundo o Sr. Hipólito Cabezas, representante da empresa produtora e triste artífice do atentado á cultura galega da Asociación de Bandas de Gaitas de la Provincia de Pontevedra, este será un espectáculo feito en Galicia para a súa exportación. Como sempre, a mediocridade deste elemento intenta disimular, no seu discurso fatuo e grandilocuente, a súa completa carencia de imaxinación para crear algo orixinal. Tanto é así, que non lle chega con copiar o formato, senón tamén o nome das coñecidísimas 'Noites Máxicas' que se celebran tódolos anos durante o Festival Intercéltico de Lorient (Francia). O máis triste do caso é que a corporación municipal de Vigo se deixe enganar e trague esas rodas de muiño que, a prezo de ouro, lle serve o Sr. Cabezas.

Como o lector recordará, hai algúns meses, a Excma. Deputación de Pontevedra concedía ao Sr. Cabezas 100.000 euros para a creación de cinco escolas de gaitas coa oposición de tódolos colectivos dedicados á música tradicional da Provincia. Máis de 12500 sinaturas foron presentadas no rexistro do organismo provincial sin que surtiran efecto algún. Nun espectáculo celebrado no teatro García Barbón no que se presentaba a Agrupación de Gaitas 'Moxenas', a Sra. alcaldesa, Dona Corina Porro, prometeu que Vigo non se prestaría ao xogo da suplantación das nosas tradicións por formas e músicas alleas. Pois ben, velaquí temos o resultado: a celebración nestas 'Noites Máxicas' dun campeonato de Bandas de Gaitas con formato Escocés, formacións e círculos concéntricos incluídos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos quere denunciar e deixar patente a súa disconformidade e repulsa polo apoio do Concello de Vigo e a Deputación a este tipo de manifestacións que non fan outra cousa máis que asasinar a nosa música tradicional e importar instrumentos, técnicas e formas que non teñen nada que ver con Galicia. Os iluminados e acomplexados que as defenden deberían de pulsar opinións neses paises aos que tratan de imitar e que están a valorar, cada vez máis, a nosa música de raiz tal como sempre foi. As adulteracións só serven para provocar un sorriso de condescendencia tando dentro como fóra de Galicia.
   

Horario de Verán

30.06.06

A partir do vindeiro 1 de xullo o horario de atención aos socios e ao público nas nosas oficinas da Rúa Afonso XIII, número 7, de Pontevedra e no teléfono 986 847 074 será de 8.30 a 14.30. Desculpade as molestias que este cambio puidera ocasionar.
   

Páxina 20 de 22