Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

Melide celebra a última fin de semana de abril a súa XIII Foliada de Melide

20.04.17

cartel17A Asociación Cultural O Castelo de Melide organiza unha nova edición da “Foliada de Melide”. Esta trixésima terceira edición da foliada arranca a súa programación na xornada do venres 28 na Praza das Coles a partir das 22h coa actuación de Zoelas, e continuará durante toda a fin de semana con concertos, mostra de artesanía e instrumentos, o concurso de cantos de taberna, animación de rúa,... entre outras actividades que farán de Melide a capital da música tradicional de Galicia durante os tres días que dura a foliada.
O sábado será a quenda de Pelepau, un grupo vigués cunha proposta baseada en cántigas de taberna arranxadas para voces e percusión tradicional. Seguiranlles Maskarpone, que combina unha mezcla de ska e reggae xunto con pequenas trazas de rock e música tradicional. O domingo ao mediodía serán protagonistas grupos Herba Grileira e Fiadeira. E pechará a cita Davide Salvado considerada unha das voces mais carismáticas de Galicia, seguido de Blues do País  e o Sindicato da Verbena que transforman temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas.

   

Encontros de folclore en Rianxo

04.11.16

 encontros folcloreA tradición ábrese paso en Rianxo

Vai de Roda ofrecerá tres xornadas con un festival folclórico, foliada, bailes na rúa e unha gran mostra de traxes antigos e mantóns.

Do venres 4 ao domingo 6 a tradición abrirase paso en Rianxo da man dos Encontros de Folclore, unha nova iniciativa que busca poñer en valor o acervo cultural promovida pola asociación Vai de Roda, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación e a Xunta.

As actividades comezarán o venres, coa apertura da exposición Entre liño e pano fino no Auditorio. O que naceu coa idea de ser unha pequena mostra «converteuse en algo moi vistoso, segundo iamos recibindo achegas de mans privadas» conta o presidente de Vai de Roda, Daniel Pereiras.

(Para ler a nova completa clic no título)

   

Espectáculo etnográfico musical a cargo de Os de Algures

26.10.16

algures carlos_sobrinoA Asoc. Cultural Gaiteiros "Os de Algures" organizan o vindeiro sábado día 29 de Outubro as 20.30 horas un espectáculo etnográfico musical en honor do pintor pontevedrés Carlos Sobrino Buhigas.

Será no Teatro Principal de Pontevedra e a entrada é de balde.

   

XII Foliada de Melide

21.04.16

foliada 2016Os días 22, 23 e 24 de abril celébrase a XII Foliada de Melide, un encontro cultural de música, artesanía e tradición.

Venres 22 de abril.

A programación desta primeira xornada desenvolverase na Casa da Cultura a partir das 22:00 horas.

Estrea da curtametraxe "O tesouro da ferreña", unha producción en exclusiva para a Foliada de Melide

Actuación de Cantata Vernácula. Dúo formado por Suso Vaamonde e Xoán Porto no que a través de temas tradicionais e outros de autoría propia achegarán o folclore ao público dun xeito totalmente diferente e cheo de humor.

Sábado 23 de abril.

(Para ler a nova completa clic no título)

   

Setenta e seis alegres anos de música tradicional

13.11.15

 os alegresOs Alegres é o grupo de música tradicional en activo máis veterano de Galicia. No 2014 conmemoraron as súas vodas de platino e este ano celebrarán o seu setenta e seis aniversario co mesmo entusiasmo, facendo o que mellor saben: cantar, bailar e tocar. Farano nun festival, que se celebrará mañá, 14 de novembro no Teatro Principal, xunto a outros grupos de toda a comunidade que traballan incansablemente como eles pola recuperación, conservación e divulgación do folclore popular. Dionisio Aboal lidera esta agrupación pontevedresa, que fundou o seu pai, Alejo Aboal, o gaiteiro de Mourente, en 1939. Foi o inicio dunha saga familiar que xa vai pola súa cuarta xeración, como herdeira da máis pura tradición gaiteira e o afán de seguir transmitindo desde o maior respecto interpretativo aos vellos mestres. Os seus directos e a súa discografía acredítano.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

San Xurxo de Vea celebra hoxe a súa V Noite Folk

04.09.15

cartel noitefolkSan Xurxo de Vea acollerá hoxe a quinta Noite Folk, que se celebrará a partir das 22.30 horas no campo de festas da localidade. O cartel inclúe catro grupos: Os Esfolladores, de Illobre; Xuntanza dous Regatos, de Orazo; Vos Regatos, de Callobre, e Tanto nos ten, de Redondela.

Os Esfolladores chegarán dispostos a facer festa e a promover a «carallada» a pé de campo botando man dun repertorio tradicional e buscando a interacción co público. Estrearán o escenario A Xuntanza dos Regatos, grandes coñecedores e defensores da música tradicional e organizadores durante anos do desaparecido Manguelo Folk de Orazo. Os terceiros en actuar serán Os Regatos de Callobre, un clásico no cartel da Noite Folk de Vea que actuou en todas as edicións do festival «e seguirano facendo mentres se celebre», segundo avanza a organización, que se sente en débeda con eles, en especial, co seu líder, José Tato, e o seu técnico de son, Dani Abalo.

Pecha o cartel Tanto nos ten, que combina o folk clásico con letras revolucionarias e modernas cargadas de crítica social.

http://www.lavozdegalicia.es

 

   

Os grupos de música tradicional de Vilalba impulsan unha foliada para as festas patronais

03.09.15

cartel foliada vilalbaA música dos grupos de Vilalba encherá a Praza de Santa María nunha foliada que se celebrará hoxe xoves 3 de setembro a partir das nove da noite. Os protagonistas deste evento cultural serán os propios organizadores: Buxos Verdes, Entre Lusco e Fusco, a Asociación Cultural de Andrade, a banda de gaitas Mato Vizoso e as asociacións de veciños de Nete e Sancovade que veñen de comezar a súa andaina na música tradicional fai uns meses. Pero, tamén participará Bloquinho de Xermolos ofrecendo unha batucada como broche final.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

VIII Foliada de Música Tradicional en Ouzande

02.09.15

cartel fervenza musicasA A.C. A Fervenza de Ouzande presenta a VIII edición da Fervenza de Músicas adicada á música popular e tradicional do pais. Terá  lugar o próximo 11 de setembro, venres, e inclúese dentro do programa das festas do Socorro da parroquia.
Os grupos convidados este ano son:
Tequexetéldere (A Estrada)
Nai (Santiago)
Sonche Lerias (Vedra)
Retrouso(Ouzande)
Recanto (Ouzande)

   

O espírito tradicional da Agrupación Cultural Moañesa de Música e Danza estréase este fin de semana na súa terra

27.08.15

moaesa-foto-de-grupoAs raíces tradicionais e o espírito folk envolverán Moaña este fin de semana. Despois dun ano de intensos ensaios, progresión e aprendizaxe, a agrupación cultural Moañesa de Música e Danza estrearase o próximo domingo ante o seu público para mostralos a esencial cultural galega. A cita incluirase nun festival que ofrecerá un amplo abano musical e no que a tradición será un factor común.

Esta agrupación naceu oficialmente o ano pasado co obxectivo de recuperar, conservar e difundir o folclore galego. Para iso, os seus compoñentes realizan traballos de recollida e investigación para non desvirtuar a esencia das anteriores xeracións. Na actualidade, contan con dúas seccións principais: unha escola e unha agrupación.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Tirapadiante organiza unha xuntanza de grupos tradicionais

27.08.15

tirapadianteO grupo Tirapadiante, da Asociación Músico Crisanto, organiza a segunda Xuntanza de Grupos Tradicionais, en Rábade, que se celebrará este sábado a partir das 19.00 horas na Praza de España. Actuarán, ademais dos anfitrións Tirapadiante, Son de Cores e Eudemónicas.

Son de Cores, de Becerreá, é un grupo formado por gaiteiros, percusionistas e voces. Naceu hai tres anos froito das ganas dun grupo con inquietude por facer algo cultural e da terra. Queren poñer o seu gran de area na recuperación da pandeira como instrumento emblemático na zona da montaña.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Páxina 1 de 29