Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

XXI Encontro Folclórico de Uxes

29.08.11

A Asociación Cultural Queiroa organiza a que será a XXI edición do Encontro Folclórico de Uxes.

A data elixida é o vindeiro sábado 3 de setembro ás 18h no Anfiteatro de Arteixo, no paseo fluvial.

Contarán co presenza de:

- Asociación Cultural Queiroa (Arteixo)

- Escola de Baile Tradicional Vai de Roda (Rianxo)

- "Axeitadiñas" Pandereteiras da Asociación Cultural Donaire (A Coruña)

   

Esta fin de semana, en A Pé de Rúa ...

26.08.11

Grupo Os Terribles de Donas

... Os Terribles de Donas en Ponteceso (A Coruña) na mañán do domingo 28 de Agosto.

... Charanga de O Fiadeiro en Meira (Lugo) o domingo 28 de Agosto, na XX Festa da Malla.

"A Pé de Rúa", como xa saberedes os que nos ledes habitualmente, e un programa que a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver durante este verán e que promove a difusión da música tradicional levando por distintas vilas de Galicia grupos que fan atuacións a pé da rúa.

   

XLI Noite Meiga 2011

26.08.11

O vindeiro sábado, 27 de agosto, o concello de Sarria celebra a súa XLI Noite Meiga.

Programación:

    18:30 Pasarúas por Sarria amenizada pola Charanga Madialeva.
    20:00 Apertura  da  Noite Meiga polo Presidente da Sociedade.
        Presentadores:  Sonia López e Sergio Pazos.
    20:30 Pregón a cargo de Dona Marisa López Sobrado (1º Meiga Xeitosa).
    Entrega de destincións:
        Meigas de Honra a Dona Mabel López-Acuña López.
        Agradecemento ós colaboradores: Dona Marisa López Sobrado, Dona Sonia López e Don Sergio Pazos.
    21:00 Actuación de baile dos ex-membros dos grupos de danzas e gaitas de Meigas e Trasgos.
    22:00 Cea :
            Menú:

   

A Noite dá Lúa Meiga

26.08.11

O grupo A Requinta da Laxeira

O Viso leva ao Outeriro Grande o seu festival de cultura popular galega

O Colectivo Lúa Meiga cita este fin de semana a todos os amigos da cultura tradicional galega no Outeiro Grande do Viso, en Redondela. A nova entrega da festa A Noite dá Lúa Meiga comezará mañá pola noite cun concerto no que participarán, a partir das 22.30 horas, os grupos Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta dá Laxeira e Brisas de Tomiño. Haberá autobús gratis pola parroquia do Viso para evitar problemas de aparcadoiro.

Xa o domingo, a xornada iniciarase ás 12.30 horas cunha sesión vermú, na que participarán os grupos de gaitas Airiños de San Simón e Aluarado, así como Airiños dá Peneda. Posteriormente, terá lugar a suba nos «meigachimpíns» dende o cruceiro de Baltar. Ao igual que acontece en Cans, os tractores son empregados como medio de transporte para os participantes. Xa unha vez no Outeiro do Viso terá lugar unha comida popular, á sombra da carballeira.

Talleres infantís

Pola tarde sucederanse os xogos tradicionais e, dende as 17.00 horas, unha serie de talleres dirixidos aos nenos.

A última hora da tarde haberá música e baile, amenizado polo grupo de baile e de pandereteras Anaquiños e o grupo Tirapuxa.

A Noite dá Lúa Meiga naceu a partir da iniciativa dos membros da Agrupación Folclórica Terra Meiga do Viso, no 2001. Así pois, no seu décimo aniversario, a cita festiva chega moi consolidada no calendario estival do sur da provincia de Pontevedra.

http://www.lavozdegalicia.es

   

Festival folclórico de Cantodorxo

25.08.11

A Asociación Cultural Cantodorxo celebrará o próximo sábado, a partir das nove da noite, a edición número quince do seu festival folclórico. A cita será na praza do Corgo, fronte á casa consistorial meca.

Nesta ocasión, ademais da actuación da Escola de Baile Tradicional Cantodorxo, os asistentes a esta cita poderán gozar coas pezas interpretadas pola Escola de Baile Tradicional Meiramar-Axouxeres, procedente de Moaña.

http://www.lavozdegalicia.es

http://www.cantodorxo.es/
 

   

X Festival Retrouso en Cela (Bueu)

25.08.11

O adiado festival de xullo vaise celebrar este domingo, 28 de agosto. Como coincide coa data da Festa dos Mozos de Cela (que non se celebran como tales), imos organizar antes do festival, ás 19h, as tradicionais "Vivas" nas que se repartirá viño aos asistentes.

Ás 20h empeza o festival. Actuarán:

Retrouso [gaita]
Trébede [baile]
Retrouso [baile]
Tarambainas [pandeireta]
Abóbriga [Charanga]

Non faltes!

http://www.ghastaspista.com

   

X Noite da Lúa Meiga

23.08.11

A Noite da Lúa Meiga preséntase coma a unión de tradición e cultura; coma a explosión do que se leva a facer en Galicia dende hai séculos representado nun enclave especialmente seleccionado para tal evento.
Así, a finais de agosto no Monte Outeiro Grande (O Viso - Redondela), un lugar cheo de encanto, ten lugar esta Noite de Lúa Meiga, traducida nunha velada marabillosa para tódolos amantes da cultura e tradición galegas.
A X Noite da Lúa Meiga comezará na noitiña do sábado 27 de agosto de 2011 cun concerto onde se representará o máis festeiro da música tradicional da nosa terra.     

O domingo 28 de agosto de 2011 volverá a música a partir do mediodía cunha sesión vermú, a subida dos Meighachimpíns e un xantar popular. Pola tarde realizarase unha recreación dos Xogos Populares que xa practicaban os nosos antepasados e seguiremos coa música e o baile con diversas agrupacións folclóricas, gaiteiros e pandereteiras da comarca. Como non, a participación de todos aqueles que desexen está aberta, así que leva o teu instrumento e ÚNETE Á FESTA ¡¡.
 
www.noitedaluameiga.org

   

Festival do Castro

19.08.11

Todo está xa en marcha, coas actividades e actuacións confirmadas, para que o 20 de agosto todos e todas podamos disfrutar xuntos dunha nova edición do Festival do Castro. Durante todo o día teremos animación musical e actividades como o torneo de birlos, a feira de artesanía, pola mañá ou xogos infantís, circo e maxia pola tarde para todas as idades a cargo do Circo Chosco e o Mago Tonino. No xantar popular disfrutaremos con bos produtos da terra e boa música a cargo da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta rematando cos Skarallaos que revolucionarán a hora do café. Xa pola noitiña, a partir das 10 o concerto comezará coa batucada dos Perqtores de Seixalbo para pasar ás actuacións de Tiruleque, Guezos, os sempre sorpendentes Lamatumbá e United Flavour que, chegados de Chequia, e tras varios anos tentando contar con eles imos disfrutar en Pantón da súa única actuación en Galiza. Remataremos a noite por segundo ano con dúas sesións a cargo dos Dz!Selectors e o noso emigrado Sergio Rv Dj.

http://www.festivaldocastro.com/

   

Comeza o Festival de Música de Tabernas de Pontevedra

19.08.11

A primeira xornada do festival Música de Tabernas ábrese hoxe, ás 21.15 horas, no centro histórico, coa actuación de dous grupos, Foula e Os Alegres.

Foula é de Cotobade e trátase dunha formación de gaitas e percusión que nace no seo da música tradicional para ir crecendo posteriormente no campo da música folk.

Pola súa banda, Os Alegres de Mourente, Pontevedra, son un referente na música tradicional. Foi fundado polo gaiteiro de Mourente Alejo Aboal, hai máis de setenta anos. Foi o inicio dunha saga familiar que xa vai pola terceira xeración.

   

Saíñas dedica un festival á muiñeira, hoxe en Xove

19.08.11

A de hoxe é noite de muiñeira en Xove. A Asociación Cultural Saíñas celebra o seu vixésimo oitavo festival de verán, unha cita co mellor folclore da bisbarra. Nesta ocasión, o espectáculo estará dedicado ao máis característico baile galego que, como recordan dende o colectivo organizador, afunde as súas raíces nos encontros veciñais nos muíños. Alí, ademais de charlar sobre as colleitas e contar historias, cantaban e bailaban. Saíñas quixo honrar a muiñeira.

No festival, que comezará ás 21.15 horas, no pavillón municipal de deportes de Xove, actuarán todos os grupos da asociación, empezando polos máis pequenos, Cacharelas, e continuando por Ñáñaras, Saíñas, Perteganzos e as cantareiras do grupo de gaitas e percusión. A entrada ao pavillón para gozar da música e a danza é libre e gratuíta.

http://www.lavozdegalicia.es

   

Páxina 9 de 29