Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

Foliada X Aniversario de Os Varacuncas de Rodeiro

30.03.12

 cartel varacuncasA festa terá lugar o vindeiro dia 21 de Abril a partir das 9:30 no campo da festa de Santa Baia no concello de Rodeiro. Terán bar e carpa, concursos de aturuxos, baile de pasodoble e toque de rodilla.

Os grupos actuaran por este orde:

Os Kambariteiros(teatro)

Seran, foliada, en Rodeiro Ruada (con todos os grupos invitados e os que veñan) Begoña Lorenzo, Os Varacuncas, Ce orquesta Pantasma, Duo Nueva Era. Haberá algunha sorpresa máis de última hora.

   

Foliada en Curtis

30.03.12

foliada curtisO vindeiro Mércores 4 de Abril celebrarase a I Foliada en Curtis.

Será as 21:30 horas no recinto feiral (as naves). Haberá pinchos de balde.

   

Festival de Escolas de Cántigas e Frores

28.03.12

cantigas e frores

 

A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza un ano máis o seu Festival de Escolas que este ano acada a súa V edición. Este festival celebrarase o domingo día 1 de abril de 2012 ás 18 h no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Ademais das escolas desta asociación poderase gozar co bo facer das escolas infantís da Asociación Cultural 'Saíñas' de Xove. A entrada é de balde.

   

VII Foliada de Cerqueda

26.03.12

foliadacerquedaO 31 de marzo a partir das 22:00 h celébrase a 7ª Foliada de Cerqueda organizada por A Raigañas nas Escolas de As Pozacas.

Actuarán: Fol de Veneno, Media Ducia, Ferrado e Medio, Lume na cachela, Pandereteiras de Xornes e Pandereteiras de Raigañas, ademáis de todos aqueles grupos que se acheguen ese día.

Celébrase tamén a 1ª foliadiña para os máis pequenos que comenzará a partir das 20:00 h e actuarán grupos de: Malante, Raigañas, Camariñas, etc.

Haberá empanada, callos, tarta larpeira e viño do país para cear por un módico prezo. Non faltes!
....

www.frouma.com

   

Foliada en Couso (A Estrada)

26.03.12

foliada cousoA Asociación cultural A Xesteira abre a taberna en Couso

Aviso a todolos FESTEIROS.
Ábrese a taberna, no campo da festa de Couso.
E o venres temos FOLIADA.
Vinde todos de festa.

   

Festival Val da Maia

28.02.12

festival valda maiaO vindeiro sábado 3 de marzo celebrarase o IV Festival Val da Maia. Será as 20h no Casa da Cultura de Bertamiráns e estará presentado por Xavier Díaz.

Contarán coa presenza de:

- Os Chapeus de A Estrada

- O Ghusto do Boi de Vedra

- Os Alegres de Pontevedra

- Os Trazandes de Tenorio de Pontevedra

- Os Saljariteiros de Marín

- As Maianas de Ames

   

OuTonalidades: Inscricións abertas

24.02.12

outonalidades12Está oficialmente aberto o período de inscricións para os grupos musicais, de todos os xéneros, portugueses ou estranxeiros, que pretendan integrar a bolsa de espectáculos da 16ª edición do OuTonalidades, circuito portugués de música ao vivo. Unha grande rede dedicada ao pequeno formato, no próximo Outono! A inscrición de grupos está aberta ate o 4 de marzo.

Para procedera inscrición do(s) grupos(s), é necesario ter unha Conta de Utilizador. Importante: os grupos inscritos em edicións anteriores, coa súa conta orixinal, poden reutilizar os dados xa inseertados.

Máis info: http://apps.www.dorfeu.pt/outonalidades/home

   

Foliada de Entroido na Tradescola

20.02.12

 baile tradescolaO Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre temas diversos. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego.

A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, aproveitará o entroido para organizar unha foliada o día 23 de febreiro de 2012 ás 20.30 horas no Complexo Residencial Xuvenil LUG II. Nesta foliada, á que asistirán alumnos e amigos da Tradescola, disfrutarase da nosa música ,do noso baile  e das nosas tradicións nun ambiente festivo.

Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos e os vosos disfraces (opcional).

Para asistir anotádevos por teléfono (982229966) ou por mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo "

Data máxima para inscribirse: venres 17 de febreiro.

Data máxima para facer o pago na Tradescola (5 €/persoa) : mércores 22 de febreiro.

 Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos pensamos que este tipo de xornadas , que están orientadas aos alumnos, profesorado e persoas interesadas na música tradicional en xeral, favorecen a difusión e promoción da  cultura tradicional e axudan a dinamización  da vida cultural lucense.

   

Festival Folc "Vila de Covas"

07.02.12

festival folc vila de covasO vindeiro sábado 11 de febreiro  celebrarase no salón de nactos do IES María Sarmiento (Maestría) o Festival Tradicional Vila de Covas, a partir das 18:30 horas.

Contarán coa actuación de:

- A. C Gamelas e anduriñas

- Cuarteto Tradicional

- Coro de Aspanane

- Corpo de baile e grupo de gaitas cacharela de covas.

   

Foliadas Bar O RÚA (Rúa de San Pedro)

27.01.12

ruas

As foliadas que se viñan facendo no Bar O POZO os mércores PASAN ao bar O RÚA na Rúa de San Pedro; as mesmas e os mesmos, á mesma hora, o mesmo día. A partires das 22:30 musiquiña da nosa, gaitas, cantos, pandeiretas, tarrañolas, tamboril e moitas ganas de festa!!

Quedades TOD@S CONVIDAD@S!! TÓDOLOS MÉRCORES!!

   

Páxina 5 de 29