Festivais, Foliadas, Romarías
Repichoca nas Pontes
11.05.05
Repichoca As Pontes-2005O vindeiro sábado 21 de mayo, terá lugar nas Pontes a II REPICHOCA POPULAR.
A organización correrá a cargo dos distintos grupos da Vila.
Comezará as 12 horas coa xuntanza dos participantes no parque municipal diante do Concello, dende aquí farase un pasarruas ata o parque da Fraga. Alí, na antiga feira do gando (local do pulpo) terá lugar as 14 horas, un xantar para toda-las persoas que previamente así o solicitaron.
A partir das 16 horas queda invitada toda a xente que: tivera, teña ou vaia ter algunha relación coa música tradicional. Casi imprescindible levar algún instrumento e pode que sexa obrigado usalo.
Tratarase por todo-los medios de ter algún tipo de líquido para “mollare as palletas”.
A hora do remate decidirase sobre da marcha.
Páxina 29 de 29