Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións

Publicacións

Os Chichisos publican o seu disco "Feito na casa"

27.05.15

chichisos-feito-na-casaCoincidindo con maio, mes da vida renovada, e coa festividade de santa Rira, patroa das causas imposibles, Os Chichisos publican o seu traballo discográfico “Feito na casa”. Toda unha declaración de intencións de que incluso en tempos escuros para a nosa cultura é posible facer cousas se cremos na nosa capacidade creadora e na vontade de ser donos do noso propio traballo e futuro.
O disco que agora ve a luz foi ideado e creado baixo as premisas da autoxestión integral do proxecto. Por iso a obra foi concibida como un auténtico traballo de artesanía dende o principio ao fin. Un traballo discográfico que recolle dez temas, nove dos cales son composicións propias.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Publicación do libro-cd "Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918"

27.02.15

ouvirmos 4marzo

O día 4 de marzo ás 20 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo. É a data e o lugar elixidos para presentar un traballo de investigación que cambiará para sempre a historia da música popular e folclórica da cidade de Lugo, o libro-cd "Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918".

Este libro recolle a historia completa do coro lucense Cántigas e Aturuxos (1915-1948). Unha crónica reconstruída a través do libro de actas, os seus discos de gramófono orixinais e unha exhaustiva recompilación de todas as reseñas que sobre Cántigas se fixeron na prensa e literatura da época. Inclúe ademais un CD con vinte temas que recuperan os primeiros rexistros sonoros do coro no ano 1918, entre os que se inclúe a súa histórica gravación do Himno Galego.

A obra, que forma parte da colección A Tiracolo, non segue o modelo convencional desta serie, senón que aposta por un libro de maior formato e chega até as 188 páxinas de contido.

   

Presentación do Libro “Treboada Galega” en Tomiño

31.10.12

cartazO Concello de Tomiño convida a asistir á presentación do Libro “Treboada Galega” de Xerardo F. Santomé.

A presentación terá lugar o vindeiro sábado 3 de Novembro as 20:30 no Auditorio de Goián.

O acto irá acompañado de actuacións das Treboadas Tomiñesas e de varios músicos locais actualmente inactivos.

   

Presentación de Son do Fol en Vigo

31.10.12

presentaci n_libro_son_do_fol_6-11-12O vindeiro 6 de novembro de 2012 ás 20.00 horas, terá lugar unha nova presentación do libro Son do Fol, de Xaime Estévez.

Nesta ocasión a presentación será na "Biblioteca" do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na rúa

Fotógrafo Felipe Prósperi s/n Vigo, Pontevedra

   

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO “SON DO FOL"

25.10.12

present son do fol consello cultura galegaOnte tivo lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega a primeira das presentacións do libro “Son do Fol”, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado recentemente pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” , Ramón Marín, deseñador da obra e Olimpio Xiraldez, foron os encargados de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.

   

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO “SON DO FOL”

23.10.12

sondofolportadaPRESENTACIÓN EN SANTIAGO DO LIBRO “SON DO FOL”, O PRIMEIRO MÉTODO INFANTIL DE INICIACIÓN Á GAITA GALEGA PUBLICADO RECENTEMENTE POLA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS

Mañá mércores 24 de outubro ás 19.00 horas terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega a primeira das presentacións que se farán do libro “Son do Fol”, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado recentemente pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta este traballo froito da intensa labor que esta asociación está a desenvolver a prol da cultura galega apostando sempre pola promoción da música tradicional entre os mais cativos, facendo así partícipes da nosa cultura, ás novas xeracións.

Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” estará acompañado do deseñador da obra, Ramón Marín; eles serán os encargados de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.

   

Presentación do libro DE VELLO, GAITEIRO! - Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

19.10.12

cartaz os chichisosO vindeiro xoves 25 de outubro ás 20.00 horas na Casa das Campás - Vicerreitoría do Campus de Pontevedra  (Rúa Don Filiberto - 9-11 Pontevedra) terá lugar a presentación do Libro De vello, gaiteiro!
De vello, gaiteiro! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e músico tradicional. Neste traballo faise un percorrido pola biografía da asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos que neste ano 2012 cumpriu os seus 18 anos de existencia.
O presente libro sírvelle ó autor para conmemorar esa maioría de idade da agupación, facendo un repaso ó que foron estas case dúas décadas de traballo a prol da divulgación da cultura musical tradicional galega en tódalas súas vertentes. Biografías dos músicos, historia da agrupación, actividades didácticas, obradoiros, colaboracións culturais, artigos, fotografías, prensa, concertos, festas e romarías desfilan polas páxinas da obra construíndo un completo retrato do que foi e é a agrupación musical e asociación cultural Os Chichisos. De vello, gaiteiro! inclúe, ademais, un catálogo de 33 cadros do artista Francisco Sutil onde Os Chichisos son os protagonista da súa obra pictórica. 
   

DATAS E LUGARES DAS PRESENTACIÓNS DO MÉTODO INFANTIL DE GAITA GALEGA "SON DO FOL"

18.10.12

sondofolportadaA AGG, infórmavos das vindeiras datas da presentación da súa última publicación, "Son do Fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual.

“Son do Fol” será presentado en:

Santiago de Compostela:

Mércores 24 de Outubro no Consello da Cultura Galega - Auditorio. 19.00 horas.

 Vigo:

Martes 6 de Novembro no Conservatorio Profesional de Música - Biblioteca. 20.00 horas.

Pontevedra:

Sábado 1 de Decembro no Culturgal – Salón. 12,30 horas.

 Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” será o encargado de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.

O libro ofrece ao profesorado unha ferramenta que ata agora non existía para achegar aos nenos non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos.

Ten un repertorio moi escollido, con cancións do folclore galego para podelas cantar, e inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical. 

A idea pedagóxica orixinal de Xaime Estévez complétase co deseño de Ramón Marín que o fai moi atractivo para os pequenos.

   

Presentación da "Guía didáctica de instrumentos galegos"

24.02.12

 

tradO sábado 25 de febreiro ás 20 h. no local de Agromadas, presentación da "Guía didáctica de instrumentos galegos" realizada por Moisés Quintas e José Aldea (Edit. Ouvirmos).
Un libro CD para o coñecemento e ensino da música galega, con máis de 100 fotografías e 40 pistas de audio con todos os instrumentos, ademais dunha pista interactiva en formato web con múltiples posibilidades didácticas.
Logo haberá un obradoiro/recital de corona Paz sobre a música tradicional.

   

Publícase "Repertorio Tarbernario"

24.02.12

repertorio tabernarioXa non hai escusa para deixar de entoar A Rianxeira por non lembrar a letra. Luís Torres, membro do PAS da Universidade de Vigo, recompilou máis de cen cantigas populares que se recollen por escrito na publicación Repertorio Tabernario, editado pola Área de Normalización Lingüística.

Como explica o propio Torres, esta escolma nace dun proxecto persoal que leva desenvolvendo dende hai anos coa colaboración doutros membros do PAS como Cándido Pérez e Xan Herrera. “Este libro xurdiu da necesidade de dispor dun manual do que botar man neses momentos nos que unha persoa se arranca a cantar e non se lembra da letra completa”, comenta o autor.

Esta escolma naceu en 2008 cando o propio Luís Torres comezou a compilación das cantigas que lle parecían máis representativas do “panorama tabernario do noso país”. Para o autor, canto tabernario non soamente fai alusión ás cancións entoadas en bares e tabernas, “senón a todo aquel canto furtivo e espontáneo non sometido a máis regras que á sensibilidade, ao gusto, á entoación e ao ritmo sen maior acompañamento que unha guitarra e unha gaita”.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Páxina 1 de 7