Reunións, actos, ...
Os bos e xenerosos. 3ª edición.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a 3ª edición deste acto de homenaxe e recoñecemento anual. Cada ano escóllese a unha figura ou colectivo que, pola súa actividade de intervención social, contribuíse á difusión pública da cultura galega.Este ano preténdese poñer de relevo á traxectoria do colectivo Ponte... nas Ondas! que naceu en 1995 coa fin de incentivar a comunicación internacional entre adolescentes e profesionais das dúas beiras do Miño. Conseguiron salvar barreiras e crear lazos de entendemento entre comunidades veciñas pero separadas por unha fronteira política. O labor de recuperación, estudo e clasificación do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués de Ponte... nas Ondas!! a través da radio tamén constitúe unha labor encomiable deste colectivo.
Os actos da 3ª edición de “Os bos e xenerosos” terán lugar o sábado 25 de marzo a partir das 11:30 no Auditorio do Centro Sociocultural Caixa Galicia, na rúa Policarpo Sanz, 21, Vigo.
XI Xantar Gaiteiro
De novo no comezo da primavera, coma noutras e facéndoo xa ritual, nesta ocasión a Asociación de Gaiteiros Galegos quéreo celebrar cun suculento xantar ao estilo do país, formalizando o 'XI Xantar Gaiteiro', para o vindeiro domingo 26 de marzo no restaurante Punta del Este de Carballo (A Coruña).
O menú (22 euros) será:
Sopa de cocido
Cocido de grelos e patacas con polo, cachola, lacón, carne fresca, chourizos...
Pan de molete e viño Mencía ...(¡auga tamén...!)
Filloas... orellas...café araghonés (con Jotas)
Desta volta, amais, imos propoñer máis actividades coma música na rúa; exposición de instrumentos e fotos; representación teatral e proxeccións.
Traede bo humor e algún instrumento musical. E para os que non lle paran quietos os pes, que non se couten, tamén poderán botar unha baila. Pero traede tamén a algún colega que queira participar connosco porque andamos a procura de xente con ilusión que queira aportar algo á nosa comunidade de músicos e de xente namorada da cultura do pobo galego.
Para confirmar a participación, por favor, ponte en contacto con nos antes do día 22 de marzo:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo // Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
(Sonsoles) 986 847 074 // (Raúl Galego) 607 844 813
Mais información.
Os gaiteiros de Alcobendas mobilízanse a favor da música tradicional galega.
Para todos aqueles que aínda non teñades plan para a ponte do 1 de maio a asociación ‘Xuntanza de Galegos’ de Alcobendas invítavos a participar nunha concentración de músicos tradicionais en contra das falsificacións da tradición musical galega e a favor dunha interpretación responsable da mesma.A devandita concentración terá lugar a fin de semana do 29 e 30 de abril na vila madrileña. Os actos comezarán o día 29 de abril cun pasacorredoiras polas rúas de Alcobendas, para rematar cunha xuntanza no feiral, onde cada grupo realizará unha actuación de entre 15 e 20 minutos. Os recorridos e a festa non cesarán ata luns día 1 que é festivo.
Mais información.
Ler mais. Os gaiteiros de Alcobendas mobilízanse a favor da música tradicional galega.
O Obradoiro de Gaitas da familia Seivane recolle en Barcelona o Percebe de Prata
O pasado 25 de febreiro tivo lugar a ‘Gran Noite de Galicia en Barcelona 2006’, unha gala á que acudiron varios cargos da Xunta e mesmo o alcalde da Cidade Condal, Joan Clos.
Os galardóns entrégaos dende hai 24 anos a ‘Enxebre Xuntanza do Percebe da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña’ que quixo facer este ano un recoñecemento á gaita. Os membros do obradoiro de gaitas da familia Seivane foron agasallados co Percebe de Prata. O pai de Susana Seivane foi o encargado de levar a Cambre o merecido crustáceo.
Carlos Núñez tamén fora invitado a recoller o seu premio en forma de prezado marisco, mais no último momento anunciou que non podería acudir deixando totalmente desconcertada á organización do evento.
Texo e imaxe extraídos de La Voz de Galicia.
DÍA DO ORGULLO GAITEIRO
Do 17 de decembro do ano 1458 data o documento, achado polo escritor e historiador Xesús Ferro Couselo, no que o gaiteiro “Gomes Mouro”, do que a Asociación toma nome é recibido como veciño da vila de OURENSE.Esa data supón pois a primeira constancia escrita da presenza dun gaiteiro na nosa cidade (a segunda en toda Galiza), e foi tomada pola Aula desde hai xa varios anos como xornada “reivindicativa” e lúdica arredor da nosa música tradicional.
O pasado ano 2004 bautizaron esa data como o “DÍA DO ORGULLO GAITEIRO”, un día no que fronte a universalización que nos conquista, tan enriquecedora e tan empobrecedora ao mesmo tempo, deixan ben claro que a nosa música segue viva, animando a todos os músic@s tradicionais a facer un exercicio de auto-estima combativa fronte a outras músicas que nos inundan.
Mais información.
Máis artigos...
Páxina 4 de 5