Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Homenaxes, Premios, Recoñecementos, ....

Muxía homenaxea a Pazos de Merexo co Premio María Amelia e un libro-disco

merexo acordeonSegue recibindo recoñecementos o bo de Pazos de Merexo. Despois do Premio Nordés, estes días o Concello de Muxía facía público o nome do Premio María Amelia 2015 que recaerá precisamente sobre Manuel Pazos, o acordeonista de Merexo que traspasa xeracións.

A nova é doble pois na gala de entrega do galardón, que será o vindeiro 12 de abril, ás 11:30h, no Salón do Voluntariado de Muxía terá lugar o acto de presentación do libro-disco “Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte”, o primeiro, e único, libro que afonda na historia do acodeón diatónico en Galiza. Unha cuidada e rigurosa monografía que publica o Concello de Muxía e a colección Chave Mestra, a iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acodeón para as novas xeracións.

O Premio María Amelia é un nomeamento reservado para aquelas persoas que co seu traballo enriquecen e difunden o patrimonio cultural material ou inmaterial de Muxía e de toda a Costa da Morte. Un premio que lembra aquela muller que traspasou fronteiras dende Muxía a través da rede, que nos deixaba no 2009.
A proposta de entregar o Premio a Pazos partíu do propio Concello e foi aprobada por unanimidade polo xurado da mesma, no que, como en cada edición, hai membros de todos os grupos municipais.

(Prema no título para ler a nova completa)

Ler mais. Muxía homenaxea a Pazos de Merexo co Premio María Amelia e un libro-disco

 

Homenaxe a Perfecto Feijoo

homenaxe perfecto feijoo"Os de Algures" organizan este Homenaxe a Perfecto Feijoo con motivo do 80 aniversario do seu falecemento.

Consta de catro escenas teatrais onde se escoitarán as Pezas grabadas en 1904, cun son o máis fiel a realidadel de como soaba  Perfecto Feijoo nese momento (conseguido grazas as réplicas das gaitas de Villanueva) e uns intermedios musicais de corte máis moderno e actual conseguido cos arranxos e a inclusión de máis instrumentación nas pezas.

O Coro de Cámara Gli Appassionati encargarase da parte vocal na representación do Coro Aires da Terra.

A entrada e libre ata completar cabida.

 

Homenaxe a Santiago Caneiro

santiSantiago Caneiro é home de poucas palabras, de falares quedos, dos que saben que non son os berros os que dan a razón. Santi ten as ideas claras e sabe escoitar. Nunca interrompe; espera a que todos falen e despois, se cadra, irrumpe na conversa paseniño, con esa voz timbrada que invita a escoitalo atentamente. Non adoita atallalo ninguén pero, se algunha vez sucede, cala, escoita, espera e, sen perder o seu fio, continúa cando volta o silencio.

Caneiro case que di sempre a última palabra. Pero non a impón. Sucede que, despois de oir as súas razóns, é moi complicado estar en desacordo con él. Sabe como expoñer os seus argumentos que están ben cimentados no seu apego á terra e á tradición. Pero se o adversario turra, Santi teima. Da gusto velo negociar sen achicarse cos responsables políticos de calquera cor.  É moi difícil que volte co paxe valeiro. E á saída sempre ha botar un remate retranqueiro con marcado acento ferrolano coma “Estaba duro el nacho, pero ablandó, carallo!…”.

Santiago é un home traballador e sacrificado. Sabe o que é erguerse antes do amencer dende moi novo. E tamén deitarse a deshora ou durmir na cabina do camión de volta de calquera produción. Santi vendeu peixe, fabricou foles, tocou o tambor e maila gaita, fundou unha empresa e, mesmo, axudou a fabricar barcos de gran tonelaxe. Porén, sempre sacou tempo para adicarlle á Asociación de Gaiteiros Galegos:
- Hai que ir a Santiago? -Santi vai!
-Hai que levar un equipo de son a Pontevedra? -A que hora quedamos!?
Caneiro nunca falla!

Por todo esto e porque, ademais, é boa xente –moi boa xente–, os que traballamos ao seu carón na AGG e os que temos a sorte de gozar da súa amizade, queremos rendirlle unha merecida homenaxe a este home que leva 21 dos 25 anos de vida da nosa Asociación ao frente da mesma ás duras, infinitamente máis que ás maduras. Queremos que saiba que ten o agradecemento e o agarimo de tódolos membros da xunta directiva e de tódolos asociados, e queremos deixalo patente coa imposición da primeira medalla de ouro da AGG e cunha monteira bordada coma símbolo do orgulloso Gaiteiro que Santi é.

Gaiteiras e gaiteiros, por favor, un forte aplauso para o noso presidente Santiago Caneiro Aneiros!

   

Festa do 25 Aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos

cartaz 25anos finalpeqDende a  Asociación de Gaiteiros Galegos temos o pracer de convidarte o vindeiro domingo 7 de Decembro do 2014 á FESTA DE CELEBRACIÓN DO NOSO 25 ANIVERSARIO, onde faremos un pequeno percorrido por estes 25 anos de traballo en prol da defensa e posta e valor da música tradicional.

É para nós un orgullo termos convertido a lo longo de todos estes anos nunha gran familia, e queremos contar con todos vós para celebralo por todo o alto, contando para elo, e como non podía ser doutra maneira, coa actuación de grandes da música tradicional.

Gustaríanos ademáis que participárades activamente no acto, polo que temos previsto facer para a inauguración do mesmo unha gran tocata dun par de pezas. As pezas escollidas para esta animación son

 

“Muiñeira de Armenteira” e o “Himno Galego” con gaitas en Do e outros instrumentos para acompañar.

PROGRAMA

Ler mais. Festa do 25 Aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos

 

Assembly Point recibe o premio ao “Mellor grupo Folk 2011” no Irish Fleadh de Cáceres

assembly point premio folkA banda formada polo galego Fernando Barroso, o irlandés Eoghan Neff e o portugués Luis Peixoto, que veñen de editar o seu primeiro traballo discográfico baixo o nome de Assembly Point, recibiron a pasada fin de semana o premio que os recoñece como o mellor grupo Folk participante no festival Irish Fleadh de Cáceres. Alí compartiron escenario, entre outros, coa recoñecida banda irlandesa Kila.

Ler mais. Assembly Point recibe o premio ao “Mellor grupo Folk 2011” no Irish Fleadh de Cáceres

   

Páxina 3 de 5