Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Homenaxes, Premios, Recoñecementos, ....

Homenaxes, Premios, Recoñecementos, ....

Homenaxe a Perfecto Feijoo

26.01.15

homenaxe perfecto feijoo"Os de Algures" organizan este Homenaxe a Perfecto Feijoo con motivo do 80 aniversario do seu falecemento.

Consta de catro escenas teatrais onde se escoitarán as Pezas grabadas en 1904, cun son o máis fiel a realidadel de como soaba  Perfecto Feijoo nese momento (conseguido grazas as réplicas das gaitas de Villanueva) e uns intermedios musicais de corte máis moderno e actual conseguido cos arranxos e a inclusión de máis instrumentación nas pezas.

O Coro de Cámara Gli Appassionati encargarase da parte vocal na representación do Coro Aires da Terra.

A entrada e libre ata completar cabida.

   

Homenaxe a Santiago Caneiro

09.12.14

santiSantiago Caneiro é home de poucas palabras, de falares quedos, dos que saben que non son os berros os que dan a razón. Santi ten as ideas claras e sabe escoitar. Nunca interrompe; espera a que todos falen e despois, se cadra, irrumpe na conversa paseniño, con esa voz timbrada que invita a escoitalo atentamente. Non adoita atallalo ninguén pero, se algunha vez sucede, cala, escoita, espera e, sen perder o seu fio, continúa cando volta o silencio.

Caneiro case que di sempre a última palabra. Pero non a impón. Sucede que, despois de oir as súas razóns, é moi complicado estar en desacordo con él. Sabe como expoñer os seus argumentos que están ben cimentados no seu apego á terra e á tradición. Pero se o adversario turra, Santi teima. Da gusto velo negociar sen achicarse cos responsables políticos de calquera cor.  É moi difícil que volte co paxe valeiro. E á saída sempre ha botar un remate retranqueiro con marcado acento ferrolano coma “Estaba duro el nacho, pero ablandó, carallo!…”.

Santiago é un home traballador e sacrificado. Sabe o que é erguerse antes do amencer dende moi novo. E tamén deitarse a deshora ou durmir na cabina do camión de volta de calquera produción. Santi vendeu peixe, fabricou foles, tocou o tambor e maila gaita, fundou unha empresa e, mesmo, axudou a fabricar barcos de gran tonelaxe. Porén, sempre sacou tempo para adicarlle á Asociación de Gaiteiros Galegos:
- Hai que ir a Santiago? -Santi vai!
-Hai que levar un equipo de son a Pontevedra? -A que hora quedamos!?
Caneiro nunca falla!

Por todo esto e porque, ademais, é boa xente –moi boa xente–, os que traballamos ao seu carón na AGG e os que temos a sorte de gozar da súa amizade, queremos rendirlle unha merecida homenaxe a este home que leva 21 dos 25 anos de vida da nosa Asociación ao frente da mesma ás duras, infinitamente máis que ás maduras. Queremos que saiba que ten o agradecemento e o agarimo de tódolos membros da xunta directiva e de tódolos asociados, e queremos deixalo patente coa imposición da primeira medalla de ouro da AGG e cunha monteira bordada coma símbolo do orgulloso Gaiteiro que Santi é.

Gaiteiras e gaiteiros, por favor, un forte aplauso para o noso presidente Santiago Caneiro Aneiros!

   

Festa do 25 Aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos

26.11.14

cartaz 25anos finalpeqDende a  Asociación de Gaiteiros Galegos temos o pracer de convidarte o vindeiro domingo 7 de Decembro do 2014 á FESTA DE CELEBRACIÓN DO NOSO 25 ANIVERSARIO, onde faremos un pequeno percorrido por estes 25 anos de traballo en prol da defensa e posta e valor da música tradicional.

É para nós un orgullo termos convertido a lo longo de todos estes anos nunha gran familia, e queremos contar con todos vós para celebralo por todo o alto, contando para elo, e como non podía ser doutra maneira, coa actuación de grandes da música tradicional.

Gustaríanos ademáis que participárades activamente no acto, polo que temos previsto facer para a inauguración do mesmo unha gran tocata dun par de pezas. As pezas escollidas para esta animación son

 

“Muiñeira de Armenteira” e o “Himno Galego” con gaitas en Do e outros instrumentos para acompañar.

PROGRAMA

   

Assembly Point recibe o premio ao “Mellor grupo Folk 2011” no Irish Fleadh de Cáceres

09.11.11

assembly point premio folkA banda formada polo galego Fernando Barroso, o irlandés Eoghan Neff e o portugués Luis Peixoto, que veñen de editar o seu primeiro traballo discográfico baixo o nome de Assembly Point, recibiron a pasada fin de semana o premio que os recoñece como o mellor grupo Folk participante no festival Irish Fleadh de Cáceres. Alí compartiron escenario, entre outros, coa recoñecida banda irlandesa Kila.

   

X Premios Opinión de Música Folk

28.10.11

Unha noite para gozar do folk con dúas formacións espectaculares

A que se vivirá hoxe no coruñés teatro Colón será unha noite aínda máis especial que as precedentes, xa que se chegará á décima edición na historia dos galardóns organizados por LA OPINIÓN, e este sempre é un aniversario que se adoita celebrar ao grande.
E desa maneira formulouse a idea central deste ano, que consistiu na creación dunha banda para tocar versións de sete temas que estiveran gravados en álbumes galardoados nas anteriores edicións. E para dar un enfoque aínda máis diferente, decidiuse optar pola orixinalidade e contar na formación cunha sección de instrumentos de metal, algo inusual na historia do folk galego.
Son dez músicos os que forman Axada,

   

Ceremonia entrega premio Xabier Prado Lameiro

27.10.11

Ás 20,30 horas do xoves, día 27 de outubro de 2011, no teatro Principal de Ourense, terá lugar a cerimonia de entrega do II PREMIO XABIER PRADO “LAMEIRO” ao Grupo de Danza – Castro Floxo  “polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.”, segundo acordou por unanimidade o xurado.

   

As mil maneiras de facer país de Mini e Mero premiadas en Láncara

25.10.11

Un pode facer país a través da política, da literatura, do cine, da música, dos medios de comunicación e de moitas outras artes. Algúns dos diversos xeitos de defender e promocionar Galicia, a súa lingua e a súa cultura aparecen compendiados nas figuras das dúas persoas que onte recibiron en Láncara o premio Ramón Piñeiro López «Facer País».

Os músicos, poetas, mestres e investigadores Mini (Xosé Luís Rivas Cruz) e Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio) foron merecedores deste galardón na súa décima edición por crear e recrear o cancioneiro galego e outras manifestacións da cultura de Galicia, polo seu compromiso profesional como educadores e colaboradores con distintos colectivos e pola súa activa participación na recuperación da memoria histórica.

   

A OFG Sondeseu distinguida co premio da crítica de música 2011

24.10.11

SondeSeu obtuvo o galardón en Música "como proxecto pioneiro e singular que, a partir da música tradicional e popular galega creou un novo modelo de interpretación en formato orquestral que xa se converteu nun referente inspirador en outros países europeos". O xurado valorou tamén a súa dimensión pedagóxica, a través da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad), xerme da OFG SondeSeu.

A e-Trad síntese especialmente orgullosa da concesión á  Orquestra Folk de Galicia SondeSeu do Premio da Crítica 2011 no apartado de Música e quere felicitar ao director e aos máis de 45 músicos e mestres que a compoñen por teren creado e mantido no seo da e-Trad e, desde hai xa dez anos, unha formación recoñecida en Europa como un dos proxectos pedagóxicos e escénicos máis novidosos e revolucionarios levados a cabo neste tempo no eido da música folk e tradicional.

http://e-tradvigo.blogspot.com

   

Centenar e medio de gaitas para un supervivente

24.10.11

Piloño homenaxeou dous músicos afogados nun accidente en 1969 e o único que se salvou.

A homenaxe era para o trío, pero só un puido dar as grazas. Jesús Espiño foi o único supervivente nun tráxico accidente que en 1969 acabou coa vida dos outros dous integrantes do grupo de gaiteiros de Piloño. Xesús puido contalo, pero o seu pai, Carmelo Espiño, e Enrique Silva, faleceron afogados no río Ulla. Regresaban de actuar na parroquia de Novefontes e cruzaban en barca a canle fluvial. Chegando á beira pontevedresa, a barca foi arrastrada pola corrente e os dous gaiteiros foron tragados polas augas.

   

Cantigas e Agarimos consegue o IV Premio Opinión Andaina Senlleira

20.10.11

Coincidindo co noventa aniversario da súa fundación, a agrupación compostelá Cantigas e Agarimos vén de acadar o IV Premio Opinión Andaina Senlleira, que foi creado para premiar a traxectoria salientable de músicos, colectivos ou institucións a prol da música de raíz. Unha manchea de alumnos pasaron polas súas aulas en todos estes anos e o traballo educativo sempre se fixo coa intención de dignificar a nosa cultura.

Na súa páxina web a agrupación santiaguesa deixa claro o seu pensamento:

   

Páxina 2 de 2