Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Tradescola

Tradescola

Luis Prego impartirá un novo obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego

25.05.16

 02-cartaz o pandeiro trad2016A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 12 de xuño, no salón de actos do Centro Lug2 - Tradescola, un obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego guiado polo estudoso e investigador do folclore galego Luis Prego.

Neste obradoiro @s asistentes aprenderán as bases técnicas do pandeiro, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais.

O curso terá unha duración total de 6 horas, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, e contará co seguinte programa:

 (Para ler a nova completa clic no título)

   

IV certame de debuxo "Os instrumentos da Música Tradicional Galega" e Sons de maio para Manuel María

16.05.16

mosaico2O IV certame de debuxo "Os instrumentos da Música Tradicional Galega" é unha iniciativa posta en marcha pola Tradescola coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

A finalidade desta actividade, dirixida a case 2.000 nen@s de primeiro, segundo e terceiro de primaria dos centros de ensino do Concello de Lugo, é potenciar e difundir entre @s máis pequen@s a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respeto e valoración da mesma.

Na Tradescola, na Rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo podes visitar a exposición dos case 860 debuxos entregados, estará aberta ao público de Luns a Venres en horario de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas ata o vindeiro 31 de Maio. A tod@s @s participantes queremos darlles a noraboa polos fantásticos debuxos que nos achegaron!!!!!!!

Ademais, como nota especial, a Tradescola deseñou este mosaico con todos os debuxos participantes que podedes descargar facendo clic aquí. Atopache xa o teu debuxo!?!?

 (Para ler a nova completa clic no título)

   

A Tradescola presenta Sons de maio para Manuel María

13.05.16

 concerto tradescola 1O vindeiro xoves 19 de maio a partir das 19:00 horas, na Praza de San Marcos de Lugo, a Tradescola renderalle homenaxe a Manuel María, o noso poeta nacional.

Sons de maio para Manuel María é un concerto no que alumn@s e mestres/as da Tradescola musicarán algúns dos seus poemas, ademais de adicarlle outras pezas da nosa música tradicional, da que Manuel María era fan incondicional.

Unha nova actividade de difusión da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional que forma parte da programación Os Seráns Culturais da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Ademais o concerto contará coa entrega de premios @s finalistas do IV Certame de Debuxo "Os instrumentos da Música Tradicional Galega" d@s que pronto coñeceremos o nome.

E para abrir apetito, compartimos unha pequena mostra do ensaio xeral infantil do martes 10 de maio.
(podes ver o vídeo facendo clic no enlace "ensaio xeral infantil")

Contamos con tod@s vos!!!!

   

Xornadas Interculuturais de Música Tradicional "Proxecto Galauda"

22.04.16

cartaz cdtrad proxectogalauda-01O vindeiro martes 26 de abril en horario de 12:45 a 13:45 horas, a Tradescola colaborará co Proxecto Galauda impartindo un concerto didáctico de música tradicional no salón de actos do Centro Lug2 (Rúa Pintor Corredoira, 4, Lugo) dirixido aos alumn@s de 1º da  ESO de El Casal (Castellar del Vallès, Barcelona), que forman parte deste proxecto educativo intercultural, e que nesta ocasión estarán acompañados pol@s alumn@s de 5º de primaria do CEIP Anexa de Lugo.

O Proxecto Galauda, naceu na Secció de Filologies Gallega e Portuguesa da Universidade de Barcelona, é un proxecto educativo intercultural que pretende provocar nos adolescentes unha percepción da diversidade lingüística e cultural como unha necesidade incuestionable para as sociedades actuais.

Neste concerto didáctico, que impartirán os mestres da Tradescola Bruno Villamor e Xabi Iglesias, @s escolares coñecerán os distintos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66

   

A Tradescola organiza dous obradoiros de regueifas no CEIP Álvaro Cunqueiro e no IES San Rosendo de Mondoñedo

20.04.16

cartaz odtrad mondoedo2016-01A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase ao CEIP Álvaro Cunqueiro e o IES San Rosendo de Mondoñedo para impartir dous obradoiros de regueifas que terán lugar o luns día 25 de abril de 15:00 a 16:30 e de 16:45 a 18:15 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.

Os obradoiros estarán impartidos por Josinho da Teixeira, mestre regueifeiro da contorna de Vigo, leva recorrido Galicia denda hai anos levando a improvisación e a tradición da música oral de Galicia por todolos rincóns do país.

@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro e de 4º da ESO do IES San Rosendo coñecerán a historia do arte da improvisación en todo o mundo, centrándose na regueifa con mais presenza en Galicia, onde traballarán o ritmo, a técnica, a rima así como coñecer os numerosos para improvisar.

Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66

 

   

Exposición do IV Certame de debuxo “Os Instrumentos da Música Tradicional Galega”

20.04.16

expo trad 2016webXa vai pola IV edición do certame de debuxo “Os Instrumentos da Música Tradicional Galega” que a Tradescola ven organizando coa finalidade de potenciar e difundir entre @s máis pequen@s a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respeto e valoración da mesma.  
Dende a Tradescola coidamos imprescindible e necesario este proceso de transmisión, que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións.

 (Para ler a nova completa clic no título)

   

A Tradescola organiza unha nova xornada de música tradicional no CEE Santa María

11.04.16

 cartaz cdtrad cee santamaria-01A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase ao CEE Santa María de Lugo para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o mércores día 13 de abril as 11:00 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.

Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Branca Villares e Jose Manuel López (Josele), amosaránlles os instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66

   

Obradoiro de multipercusión tradicional

05.04.16

cartazobradoiromultipercusiontradicional2016-01A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 23 de abril en horario de 18:00 a 21:00 horas ata a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte para impartir un obradoiro de multipercusión tradicional da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Xose Lois Romero.

Neste obradoiro amosaránse as técnicas básicas, recursos e posibilidades dos instrumentos populares de percusión: tarrañolas, tixola, lata, bombo, pandeira, pandeiro, charrasco...

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s percusionistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

   

Obradoiro de técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado

22.03.16

 cartazobradoirogaita ribadeo2016-01A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 2 de abril en horario de 11:00 a 14:00 horas a Ribadeo para impartir un obradoiro de Técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Jose Manuel López (Josele).

Neste obradoiro @s asistentes traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio en aberto e pechado.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s gaiteir@s que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

   

A Orquestra de Jazz de Galicia presenta "Fame" na Tradescola

22.03.16

cartaz tradescola - copiaO vindeiro mércores 30 de marzo ás 20:00 horas, Roberto Somoza e Pedro Lamas, director e produtor e músico da Orquestra de Jazz de Galicia, presentarán "Fame", o primeiro traballo da Orquestra de Jazz de Galicia na Tradescola. O evento terá lugar no Salón de Actos do Centro Lug2, situado na Rúa Pintor Corredoira, 4.

A Orquestra de Jazz de Galicia foi creada hai catro anos da man dos músicos Roberto Somoza e Pedro Lamas. Reúne nas súas ringleiras a algúns dos músicos máis destacados en Galicia da escena do jazz e tamén das músicas sinfónica e tradicional, co obxectivo de explorar o diálogo entre o xénero nado en Estados Unidos a finais do século XIX e a música galega de raíz.

*Entrada libre até completar o aforo

   

Páxina 1 de 3