Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,...

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

III Xornadas de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

19.09.11

2 de Outubro na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
Organiza: Asociación Berros Do Castro

- EXPOSICIÓN
"A tradición apícola en Galiza".(coa colaboración da AGA)

-OBRADOIRO DE MÚSICA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)

-CONCERTOS (a partir das 20:00h)
"Os Resesos" (Santiago de Compostela)
"Pandereteiras de Donaire" (A Coruña)

-DESCRICIÓN DO OBRADOIRO DE MÚSiCA
"Iniciación ao toque pechado na tradición da gaita de fol". (Carlos Rodríguez Osorio)
Presentación (10.00 h)
Contidos (10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h)

   

Obradoiros e mostra de canto e baile tradicional en Monforte

19.09.11

Domingo, 25 de setembro 2011 no local da A.C. Amigos da Pandeireta, rúa Rosalía de Castro, Monforte de Lemos:

Obradoiros e Mostra de canto e baile tradicional impartidos por profesores da Tradescola.

11:00 a 13:00 Baile tradicional e creación, impartido por Xabier Iglesias.
16:00 a 18:00 Técnica vocal para o canto tradicional galego, impartido por Begoña Lorenzo.
18:00 a 19:30 Baile tradicional agarrado, impartido por Xabier Iglesias.

   

Pesdelán dará un obradoiro no I Encontro Intercultural de Rois

06.09.11

OBRADOIRO DE PESDELÁN
+ Festival Intercultural + Degustación Gastronómica

Venres 9 de setembro de 2011 ás 19:30h
Campo da Festa de Urdilde, Rois (A Coruña)
Primeiro Encontro Intercultural do Concello de Rois

Pesdelán é un proxeto de música para baile
Levan vendidas máis de 3000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé, en tan so en 5 meses
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante

   

Espectáculo Raigame - Castro Floxo

02.08.11

O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.

Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.

   

Obradoiros de baile, construción de palletas e composición musical no Festival de Ortigueira

04.07.11

O Festival do Mundo Celta de Ortigueira acollerá novamente cursos folk durante a fin de semana da súa celebración (do 7 ao 10 de xullo). O prazo de inscrición está aberto, son de balde e ten límite de prazas. Os obradoiros deste ano son de baile, construcción de palletas e composición musical.

   

Iº Obradoiro Maghúa de Folclore Galego na Coruña

17.06.11

Desde a Asociación Cultural Maghúa convidamos-te a participar no Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO.

Organizado pola A.C. Maghúa coa colaboración da Deputación d'A Coruña e o Concello d'A COruña, através da Concellaria de Cultua.

Orientado ao nível de PERFECCIONAMENTO, constará de catro módulos:
- BAILE GALEGO, impartido por Montse Rivera.
- GAITA GALEGA , impartido por David Bellas.
- PERCUSIÓN TRADICIONAL, Lola Fernández.
- CANTO TRADICIONAL, impartido por Xabier Díaz.

Celebrará-se o dia 25 de xuño de 2011, sábado, no marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, co seguinte horário:
Mañá: 10 a 14 e Tarde: 16 a 20.

Cada módulo terá un custo de 35 euros.

Para mais info, ou para solicitar inscrición (as prazas serán limitadas) podes escrever ao email da asociación ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ), ou ben poñer-te en contacto co celular 696607342.

http://maghua.blogspot.com/

   

VI Serán Mar de Rianxo

10.06.11

Programa:

Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Obradoiro de Treboada

09.06.11

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego presenta o obradoiro de Treboada que organiza dentro da VI Mostra de Cinema Etnográfico do Museo. Será o sábado 11 de xuño ás 11 horas.

Este ano como actividade complementaria á Mostra e tendo relación con algúns dos documentais que se van pasar, Oli Xiraldez achegaranos ás TREBOADAS, ese conxunto instrumental típico da comarca do Baixo Miño, formado orixinariamente por unha gaita de barquín, un tambor e un ou dous bombos de grandes dimensións, e que ao largo do pasado século foise modificando, aumentando o número de bombos, e sustituindo a gaita de barquín pola de sopro directo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Obradoiro de Treboada a cargo de Oli Xiraldez

31.05.11

sábado 11 de xuño ás 11h00

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego quérevos convidar ao obradoiro de Treboada que está a organizar dentro da VI Mostra de Cinema Etnográfico do Museo.
Este ano como actividade complementaria á Mostra e tendo relación con algúns dos documentais que se van pasar, Oli Xiraldez achegaranos ás TREBOADAS, ese conxunto instrumental típico da comarca do Baixo Miño, formado orixinariamente por unha gaita de barquín, un tambor e un ou dous bombos de grandes dimensións, e que ao largo do pasado século foise modificando, aumentando o número de bombos, e sustituindo a gaita de barquín pola de sopro directo.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

III Xornadas de Música Tradicional en Balboa

19.05.11

Entre os días 20, 21 e 22 de maio de 2011 celebraranse na localidade de BALBOA as III Xornadas de Música Tradicional, que como en anos anteriores están dirixidas a ofrecer diferentes cursos especializados nalgún campo da música e as demais artes folclóricas e tradicionais.

Nesta 3ª edición impartiranse:

Taller de gaita galega con Daniel Bellón.
Taller de baile tradicional con Montse Rivera.
Taller de técnica vocal e pandeireta con Fco. Javier Feijoo "Chisco".
Taller de Rabel con Xuacu Amieva.

(Prema no título para ver a nova ao completo).

   

Páxina 3 de 3