Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,...

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

Obradoiro e concerto-baile de Pesdelán

21.04.16

bailalle cabewebBáilalle á primavera!
A Cidade da Cultura convídavos a recibir a primavera bailando. Coincidindo co Día Internacional da Danza, o Museo Centro Gaiás vestirase de cores para vivir unha tarde chea de música e baile.
A celebración comeza ás 18 horas cun obradoiro de balde co que aprender a bailar danzas galego-portuguesas.
Pensado para gozar en familia, o grupo Pesdelán ensinaralles aos participantes os pasos básicos para cada un dos bailes, nunhas divertidas clases que estarán amenizadas con música en directo.

 (Para ler a nova completa clic no título)

   

II Bailes do Cuartel

17.06.15

bailes cuartel2015"Bailes no Cuartel" é un proxeto da AANPA da ESMU de Moraña. Baixo este nome queren levar a cabo unha serie de atividades que complementen a formación dos alumnos da esola "baixo o eixo vertebrador do baile". Faránse durante o día master class de guitarra, clarinete, saxo, iniciación á harmonía moderna, percusión, gaita, canto, zanfona ou violín.Obradoiros de danzas e GRANDE BAILE FINAL A partires das 20h. no patio da Casa da Cultura.

Os cursos son gratuitos. Terán preferenia os alumnos soios da AAMPA e os demais alumnos da ESMU por esta orde. Estarán abertos a outras
persoas do Conello ata completar límite de prazas de cada curso. Os cursos  de instrumento terán un límite de 12 prazas. No obradoiro de
baile poderán insribirse ata 30 participantes.

Máis información e inscricións na Casa da Cultura.

Díptico (portada). Díptico (interior).

   

I NEG- Xornadas de educación e cultura tradicional

19.01.15

cartel xornadastradicional negTeo (Casa Común Marisa Mirás- Calo), 21, 22 e 23 de xaneiro de 2015

Primeira edición das NEG-Xornadas de Cultura Tradicional e Educación. Estas xornadas nacen para reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial.
A intención de Nova Escola Galega é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta.
Deste xeito, dende a organización pretenden aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá nas súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.

   

I Xornadas de Danza e Música da FGGD

02.12.14

i xornadas de danza e msica da fggdO vindeiro sábado 13 de decembro, celebrarase na cidade de Vigo, estas primeiras xornadas para todos os asociados da Federación Galega de Grupos de Danza, tamen e se quedan praza baleiras poderan inscribirse todas as persoas que dexesen participar. Os mestres seran, Miguel Sotelo para Baile, Paulo González para Gaita e Xabier Díaz para Canto e Pandeireta.

Lugar: Local socal A.C. Traspés

   

Obradoiro de tarrañolas e culleres

28.12.11

obradoiro culleresCantigas e Agarimos organiza no primeiro trimestre do ano un obradoiro de tarrañolas e culleres.

Terá unha duración total de 10 h. e nivel de iniciación.

Profesor: Manuel Rey


Datas:
16, 23, 30 de xaneiro
6, 13, 27 de febreiro
5, 12, 26 de marzo

Horario:
Luns de 20:15 a 21:30 e de 21:30 a 22:45

Prezo: 60 euros
Prazo de matrícula ata o 13 de xaneiro.


Máis Info:
Cantigas e Agarimos
Antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño 21
Santiago de Compostela
T. 618 518 524 - 981 939 084

   

Obradoiro de Arrolos en Teo

11.11.11

arrolos teo"Cantos de berce: práctica, valores e composición". Rosa Bugallo e Ugia Pedreira imparten este curso para pais e nais sobre o imaxinario e a práctica dos cantos de berce galegos. Organiza o Concello de Teo
"Cantos de berce: práctica, valores e composición". Curso orientado a pais e nais para o achegamento a dez arrolos galegos cantados por Ugia Pedreira e explicados por Rosa Bugallo, con explicación sociolóxica e práctica en grupo. Dez cantos de berce de autor e de composición propia coas que se fará unha análise antropolóxica e social sobre os valores expostos nos textos e nas melodías. As persoas asistentes escoitarán a unha das voces máis recoñecidas da canción galega actual, aprenderán as melodías e as letras dunha selección de dez nanas do cancioneiro popular galego-portugués, ou outras coma “Nana para un amante” (Fuxan os Ventos), “Durme meu neno” (letra de Antón Avilés de Taramancos),....

   

Obradoiro de Baile Tradicional

09.11.11

obradoiro baile ourenseOBRADOIRO. UNHA ACHEGA AO BAILE TRADICIONAL…

- Lugar: Casa da Xuventude de Ourense
- Datas: 19, 26 de Novembro e 10 de Decembro.
- Hora: 11:00 h. a 12:30 h.

OBXECTIVO: Familiarizarse cos movementos e ritmos básicos do baile tradicional galego.

IMPARTE: Alexandre Sotelino Losada (Mestre de Baile Tradicional)

ORGANIZA: A RUN RUN XOGOS E ENREDOS

CONDICIÓNS:
- Traer roupa e calzado cómodo (a poder ser deportiva)

PROGRAMA

   

Obradoiro e Taller Formativo de Gaita Galega e Música Tradicional

26.10.11

A música galega comeza a soar no campus

As dez prazas iniciais ampliáronse a 18 pola demanda existente

“Aínda que non é o único, a gaita é o instrumento máis representativo da cultura galega, moi asequible para empezar a aprender a tocar e moi agradecido para logo gozar del en todo tipo de acontecementos”. Deste xeito explica Gonzalo Abelairas, profesor do Obradoiro e Taller Formativo de Gaita Galega e Música Tradicional que se imparte no campus de Ourense, o éxito desta iniciativa, que nesta edición vén de aumentar de 10 a 18 as prazas dispoñibles debido á demanda existente. Iniciadas xa as clases, os seus organizadores agardan que tras este prometedor comezo calle un grupo estable de música tradicional no campus de Ourense, a semellanza do que aconteceu co coro universitario ourensán.

O obradoiro é unha das 17 propostas que

   

XII Xornadas de danza e música tradicionais galegas (Vigo)

25.10.11

BASES DE PARTICIPACIÓN NAS XII XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS

1. A Concellaría de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc as XII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 30 de outubro e 19 e 27 de novembro de 2011 no Centro cultural de Valadares.
O acto de presentación será o domingo, 30 de outubro, ás 19:00 horas.
O día 19 de novembro, sábado, actuarán seis agrupacións ás 17:00 horas e outras seis ás 20:00 horas.
O día 27 de novembro, domingo, ás 19:00 horas, terá lugar a final das xornadas.

2. Nestas xornadas poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro.

   

I Obradoiro Maghúa de Folclore Galego

18.10.11

O sábado, 22 de outubro de 9:00 a 20:00 h celébrase o I Obradoiro Maghúa no IES Universidade Laboral, con Luis Prego para Baile Galego, Xabier Díaz para Canto Tradicional, David Bellas para Gaita Galega e Lola Fernández para Percusión Tradicional.

   

Páxina 2 de 3