Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Banda de Gaitas Província de Pontevedra

Banda de Gaitas Província de Pontevedra

Deput. Pontevedra




A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DILAPIDA

90.000 EUROS NUN CONVENIO COA

ASOCIACIÓN BANDA DE GAITAS

PROVINCIA DE PONTEVEDRA



Compañeir@s,

A Asociación de Gaiteiros Galegos sempre se caracterizou pola defensa da nosa música patrimonial, a todos os niveis pois é a Asociación de todos os músicos tradicionais galegos.

Como tal colabora e axuda con calquer iniciativa encamiñada a promover a música galega tradicional, mais tamén denuncia publicamente as malversacións de diñeiro público en músicas non galegas (que ademais se venden como galegas), sobre todo cando esas mesmas Administracións non invirten no noso máis prezado tesouro.

Recentemente a Deputación Provincial de Pontevedra asinou un convenio coa asociación “Banda de gaitas provincia de Pontevedra” destinado a creación e posta en marcha, inicialmente, de catro escolas de gaitas e percusión distribuídas en catro zonas: Sur, Centro, bisbarra do Salnés e bisbarra do Deza; na actualidade este número xa se incrementou cunha nova escola situada en Cangas.

A Asociación de Gaiteiros Galegos, quere manifestar que sempre serán os primeiros en alabar e apoiar calquer iniciativa que se tome desde as distintas institucións públicas encamiñadas a facilitar e apoiar o ensino da música tradicional, sempre e cando, sexan levadas a cabo dunha maneira transparente e despois dun proceso de selección público con todas as garantías e publicidade.

O convenio suscrito entre a Deputación e dita asociación foi aprobado no pleno do día 14 de febreiro FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia. Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos non cremos que este sexa o camiño adecuado para destinar unha partida de 90.000,00€ no ensino da música tradicional, e denota un amplo descoñecemento da realidade cultural da provincia de Pontevedra.

Na provincia de Ourense, desde fai anos, a Deputación promove e subvenciona a mal denominada Escola de Gaitas, da que a seguinte foto é só un exemplo ilustrativo da estética (na foto a cara está "borrada" de xeito intencionado para preserva a intimidade da persoa).



Ademais, o xeito de tocar destes instrumentistas está ven lonxe dos xeitos tradicionais, a todos os niveis.


Se queredes consultar o texto completo que a Asociación de Gaiteiros Galegos remitiu como nota de prensa a todos os xornais premede na seguinte ligazón:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/provincia-pontevedra.pdf

No apartado de novas iremos publicando os distintos actos e reunións, xunto coas conclusións e decisións adoptadas.

Consultar novas .


Ademais, no apartado de Foros poderedes expresar as vosas opinións nun fío aberto para tratar iste tema. Ir ao fío .