Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / SAN FROILÁN 2005: O concello non acepta a proposta de colaboración (14/09/05)

SAN FROILÁN 2005: O concello non acepta a proposta de colaboración (14/09/05)

Varios

NOTA DE PRENSA RELATIVA AO SANFROILÁN 2005

Este ano a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) volveu a ofrecer a súa colaboración ao Concello de Lugo para a organización da “Mostra de música tradicional do Domingo das Mozas”, que tanta sona e prestixio acadau durante os doce anos que se celebrou nas festas de San Froilán, organizada pola AGG.




O Presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, reuniuse coa Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o luns dia 12 de setembro. Nesta xunta Santiago Caneiro manifestoulle a disposición da AGG de retomar o acordo co Concello que o goberno municipal rompeu o ano pasado.


Mais información
NOTA DE PRENSA RELATIVA AO SANFROILÁN 2005

Este ano a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) volveu a ofrecer a súa colaboración ao Concello de Lugo para a organización da “Mostra de música tradicional do Domingo das Mozas”, que tanta sona e prestixio acadau durante os doce anos que se celebrou nas festas de San Froilán, organizada pola AGG.

O Presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, reuniuse coa Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, o luns dia 12 de setembro. Nesta xunta Santiago Caneiro manifestoulle a disposición da AGG de retomar o acordo co Concello que o goberno municipal rompeu o ano pasado. Expúxolle que durante estes doce anos pasaron por Lugo os mellores grupos profesinais de música tradicional de Galiza; que o motivo principal que levou á AGG a propoñer esta mostra no ano 1992 non era outro que o de acabar co concepto de que os gaiteiros son "grupos folclóricos" que se empregan como peóns de axedrez para poñer e quitar dun lado para outro da rúa en función da improvisación do momento; que non se pode tratar aos gaiteiros como músicos menores, que teñan que desfilar diante das autoridades cando estas o impoñan; e que a proposta da AGG para as festas de Lugo é a de contratar músicos profesionais, cunha longa traxectoria no mundo da música tradicional, gravacións e CDs no mercado, e unha experiencia contrastábel de calidade e rigor no seu traballo.

Pois o que se facia era unha mostra organizada na que calquer persoa que entrase en Lugo, por calquer das portas da muralla fose recibida con música tradicional galega, e o que é máis importante que se pode facer un festival na praza de Sta. Maria con grupos musica tradicional, á media tarde, e que esta se ateigaba de público ano tras ano e ademáis sempre acababa nun baile impresionante. Sempre se puxo o nome dos grupos que viñan a tocar nos programas de man, e non un xenérico grupos tadicionais ou folclóricos. En definitiva que os músicos tradicionais galegos acadaban un grao de respecto e trato igual que o de calquer outro artista dos que viñan ás festas do San Froilán, e ademáis chegou a coller unha sona tan importante que mesmo foi un modelo de mostra que algunha das cidades do estado se puxo en contacto connosco para facer eles o mesmo coa sua música tradicional.

Estos argumentos non convenceron á Concelleira de Cultura que nos dixo que seguirian coma o ano pasado, fórmula que lle daba máis mobilidade cos grupos e lles saia máis barato. Loxicamente ten que sair máis barato porque non fan a mesma programación.
Lamentamos non poder chegar a ningún acordo de colaboración, pois foi imposible chegar a debatir ningún punto,xa que traia unha idea preconcebida e inamobible á reunión.
Asi pois este ano, de novo, veremos que nas únicas festas das sete cidades nas que por un dia a música tradicional era a principal protagonista deixará de ser excepción e sumarase a esa forma de facer as festas que teñen as nosas cidades meirandes onde a música tradicional galega é unha anecdota na súa programación.

Só nos queda agardar a que polo menos este ano non fagan coma o ano pasado e teñamos que ver determinadas bandas de gaitas no S.Froilán que en absoluto teñen que ver coa nosa música tradicional.

Rematamos indicando que agardaremos ao vindeiro ano para tentar que a música tradicional ocupe o lugar que lle corresponde nas festas de Lugo, ficando ao dispór do seu Concello para calquer proxecto que desexen realizar relacionado coa música tradicional galega.
Lugo a 14 de setembro de 2005

Asdo.:Santiago Caneiro Asdo.:Xaneco Tubío
Presidente da AGG Secretario da AGG