Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Domigo das Mozas 2005: A AGG solicita retomar (publicado o 3/08/2005)

Domigo das Mozas 2005: A AGG solicita retomar (publicado o 3/08/2005)

Festivais, Foliadas, Romarías

A Asociación de Gaiteiros Galegos colaborou coa Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, entre os anos 1991 e 2003 na organización dunha “mostra de música tradicional” durante o Domingo das Mozas das festas do San Froilán, formando parte do programa de festas durante os 12 anos citados. A citada mostra acadou unha grande acollida entre a xente que disfruta do día máis emblemático das festas do San Froilán.

Mais información

Durante os anos en que a AGG colaborou co concello na organización desta “mostra de música tradicional”, Lugo foi referencia en toda Galiza de cómo a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa, así Lugo converteuse en modelo para a integración da música tradicional nas festas patronais doutras capitais galegas.

Vimos de apresentar un escrito no Concello de Lugo, dirixido á Concelleira de Cultura, solicitando que teña a ben aceptar a nosa colaboración para que a música tradicional galega siga sendo un dos atractivos máis das festas do San Froilán e a protagonista do “Domingo das Mozas”, habendo disposición pola nosa parte a chegar a un acordo sobre o xeito de materializar a presenza de música tradicional nas festas.