REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO 2010
Luns, 14 Setembro 2009 09:40
Xa está aberto o proazo de inscripción para participar na Rede Galega de Musica ao Vivo.A música é unha das liñas de atención preferente da AGADIC, que en 2007 pon en marcha a Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) en colaboración con Clubtura, asociación de salas galegas de música en directo.
O obxectivo desta programación, que no seu primeiro ano de actividade ofreceu preto de 800 concertos a cargo duns 70 grupos en 49 salas de toda Galicia, é lograr a consolidación dun circuíto musical estable que sirva como plataforma de promoción para bandas e artistas de todos os estilos e contribúa a optimizar a súa presenza no territorio galego.
A RGMV representa tamén a materialización dunha liña de actuación longamente demandada polos programadores dos locais que ofrecen música en directo, ao tempo que dota dunha estrutura de distribución sistematizada o sector musical, á que poden acceder tanto formacións emerxentes como outras máis consolidadas.
Mais información na páxina web da RGMV.