Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / Bases concurso de Sarria, publicadas o 1/09/05

Bases concurso de Sarria, publicadas o 1/09/05

Concursos e Certames

V Concurso de Gaitas do País da “Asociación Cultural Meigas e Trasgos C.I.T.”

17 de setembro do 2005

A asociación Centro Cultural Meigas e Trasgos C.I.T. de Sarria (Lugo), convoca o V Concurso de Gaitas do País a celebrar o vindeiro 17 de setembro do presente ano 2005, baixo o patrocinio do Concello de Sarria e a colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, dacordo coas seguintes:

BASES:


Mais información
V Concurso de Gaitas do País da “Asociación Cultural Meigas e Trasgos C.I.T.”

17 de setembro do 2005

A asociación Centro Cultural Meigas e Trasgos C.I.T. de Sarria (Lugo), convoca o V Concurso de Gaitas do País a celebrar o vindeiro 17 de setembro do presente ano 2005, baixo o patrocinio do Concello de Sarria e a colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, dacordo coas seguintes:

BASES:

1.- Poderán participar tódolos gaiteiros e grupos de gaitas, tanto de Galicia como dos Centros Galegos de España ou do estranxeiro.

2.- As solicitudes de inscrición remitiranse ao:

“Centro Cultural Meigas e Trasgos, C.I.T.”
Apartado de Correos 11
27600 Sarria (Lugo)

Ou ben a través do teléfono:

661 445 787

A inscrición no concurso é completamente gratuita. Na mesma, os participantes farán constar o nome do grupo/solista, número de compoñentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así como un pequeno currículo do grupo/solista.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de setembro, pero a organización poderá pechalo cando se cubra o número máximo de participantes previsto.

Debido á elevada participación no IV concurso, e a diferenza das anteriores edicións, haberá unha fase eliminatoria da cal só pasarán á final a metade dos participantes, tanto en grupos como en solistas. En caso de que o nº de participantes sexa impar pasarán a metade máis un.
A devandita fase eliminatoria só será realizada no caso de que haxa un número moi elevado de participantes.

3.- Haberá dúas categorías:

Categoría individual: Un só gaiteiro solista quen, opcionalmente, poderá estar acompañado por tambor, bombo e/ou pandeireta.
Categoría de grupos: O grupo terá un mínimo de catro e un máximo de sete compoñentes, entre os que haberá en todo caso unha gaita, un tambor e un bombo.

Ningún dos participantes poderá concursar na categoría de grupos con máis de unha formación. Sen embargo os participantes que o desexen poderán concursar na categoría individual e na de grupos (como moito nunha formación).

4.- Os participantes comparecerán ás 10:00 Horas do día 17 de setembro no Lar Social de Meigas e Trasgos, C.I.T., sito en Sarria (Lugo), Praia do Chanto s/nº.

5.- PEZAS: O número de pezas a interpretar por cada gaiteiro ou grupo, a diferenza dos certames anteriores, será de tres, a saber:

Categoría individual: Dúas obras de libre elección e outra obrigatoria, que será:

“CHUVASQUEIRA”, de Raúl Galego García (recollida no libro Doce Polainas Enteiras).

Categoría de grupos: Dúas obras de libre elección e outra obrigatoria, que será:

“O ENCORADOIRO”, de Pepe Romero (recollida no libro De Pano Sedán).

Un dos temas libres, cunha duración aproximada de 3’30” minutos, interpretarase na fase eliminatoria, que comezará ás 11:00 horas. A segunda peza libre e a obrigatoria, quedarán para a fase final que terá lugar a partir das 17:00 horas.

6.- Premios:

Categoría Individual:
- Primeiro: 300 €
- Segundo: 200 €

Categoría de grupos:
- Primeiro: 600 €
- Segundo: 400 €

7.- Os instrumentos a utilizar serán só de carácter e feitura tradicional.

Os participantes terán que presentarse e actuar con traxe tradicional galego.

A orde de actuación será rigurosamente segundo a orde de inscrición dos grupos e solistas. Ademáis, a organización proporcionará aos participantes un listado no cal figurará dita orde de participación.

8.- O Xurado será nomeado pola asociación convocante e poderá declarar deserto calquera dos premios. O Xurado valorará a calidade interpretativa, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elexidas así como a presenza e enxebreza de cada un dos grupos e/ou solistas. En particular, valorarase a interpretación de pezas tradicionais obtidas en traballo de campo de recolleita.

9.- A mera inscrición neste concurso supón a total aceptación das presentes bases.

10.- O xurado terá a potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida. O fallo e outras decisións do xurado serán inapelables.