Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións / Novo artigo de Pablo Carpintero

Novo artigo de Pablo Carpintero

Publicacións

Neste novo artigo de Pablo Carpintero apresentan-se as GAITAS DE FOL CON CANTORES TIPO ÓBOE.




Podedes consultar o artigo completo da sección de artigos.




Mais información
Neste novo artigo de Pablo Carpintero apresentan-se as GAITAS DE FOL CON CANTORES TIPO ÓBOE.




Podedes consultar o artigo completo da sección de artigos.



Non deixedes de ler as conclusións e agradecementos:

CONCLUSIÓN
A lamentable conclusión deste curto traballo é que a enorme riqueza de instrumentos musicais tradicionais galegos (aquí só fixemos un repaso polos clarinetes e óboes), foi derramada pola desintegración da nosa cultura popular. Tódolos primitivos aerófonos dos que viñemos de dar conta están esquecidos polas novas xeneracións de músicos galegos. Nin sequera o máis representativo dos nosos instrumentos musicais, a gaita de fol, soportou con enteireza a desmembración da nosa cultura tradicional, achándose nun estado de homoxeneización verdadeiramente deplorable dende o punto de vista da riqueza que á cultura aporta a diversidade.

AGRADECEMENTOS
En primeiro lugar debemos a nosa gratitude a tódolos informantes que coa súa paciencia fixeron posible este traballo. Tamén debemos agradecer ó Museo de Pontevedra a oportunidade de estudiar tódolos seus vellos instrumentos e de furgar nos seus arquivos, o que nos proporcionou datos de valor incalculable para o coñecemento da nosa tradición.

NOTA DO AUTOR
Este traballo non foi financiado en absoluto por ningunha entidade oficial nin privada, soamente o autor dispuxo os medios económicos que lle permitiron percorrer máis de 250.000 km e coleccionar preto de 150 instrumentos musicais tradicionais galegos en dez anos de traballo de campo.