Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / V FOLIADA DA MARIÑA EN XOVE

V FOLIADA DA MARIÑA EN XOVE

Varios

O 18 de xullo celebrarase en Xove a V edición da Foliada da Mariña. Este ano realizaranse todo tipo de actividades relacionadas coa cultura, a música e o baile tradicional galego.

Nin que decir ten que todo aquel que o desexe ou teña curiosidade se pode acercar a praza do concello de Xove a partires das 12 da mañá.


Actividades:

12.00 h.
- I Obradoiro. Construción de enredos musicais impartido por Emilio Lois Blanco.
- Pasarrúas a cargos dos gaiteiros de Saíñas.

14.00 h.
- Xantar popular na carpa situada na praza do concello.
(Previa inscripción)

17.00 h.
- Xogos tradicionais para pequenos e maiores que se celebrarán no campo de entrenamento situado a carón do campo municipal de Xove.

19.30 h.
- Foliada popular con todos os asistentes na que poderá tocar ou bailar calquera que o desexe.

22.30 h.
- Concerto cos grupos de música tradicional Galega TANTO NOS TEN e COANHADEIRA.
- Festa ata que o corpo aguante.