Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / RESULTADOS DO CONCURSO X MEMORIAL RICARDO PORTELA

RESULTADOS DO CONCURSO X MEMORIAL RICARDO PORTELA

Concursos e Certames

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organizou esta fin de semana o Memorial Ricardo Portela, que este ano camiñou pola súa décima edición. Durante os días 11 e 12 de Xullo, celebraronse, na praza de Ourense e na praza da Peregrina, as diferentes actividades.

Durante os dous días, na Praza de Ourense e en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h, permaneceu aberta a Mostra de Artesáns de Música Tradicional, que contou cunha grande afluencia de público interesado na construción de instrumentos musicais tradicionais.

O sábado, ao longo do día, celebrouse o Concurso X Memorial Ricardo Portela, no que participaron sete formacións de música tradicional: A Requinta de Xián, Os Folerpas, Ludovaina, Contracocheno, Os Enxebres de Cacheiras, Miañadura e Picuíña.

Durante a mañá, os participantes no concurso levaron a cabo un pasarrúas polas zonas máis céntricas da cidade para enfrontarse pola tarde na final, celebrada na Praza da Peregrina e que contou coa asistencia de numeroso público.

Os premios repartíronse do seguinte xeito:

Primeiro premio (1.500 euros): Os Enxebres de Cacheiras
Segundo premio (900 euros): Os Folerpas
Terceiro premio (600 euros): Contracocheno
Premio Seivane-Goretex (consistente nunha gaita creada especialmente para o X Memorial): Os Enxebres de Cacheiras
Premio especial Ricardo Portela (600 euros) á mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo: Picuíña