VIII FESTIVAL RETROUSO EN BUEU
Xoves, 09 Xullo 2009 09:02
O sábado 11 de xullo ás 21h, celebrarase o VIII Festival Retrouso, organizado pola Asociación Cultural Retrouso, no Eirado de Cela, en Bueu (O Morrazo).No Festival, centrado no baile tradicional, actuarán:
Etnográfico de Vila Praia de Âncora (Portugal)
Grupo da Asociación Cultural Folklórica Andrés Laguna (Segovia) Rondalla de San Vicente de Esplús (Huesca)
Grupo folclórico Retrouso.
A partir das 22.30h, ao finalizar estas actuacións, abrirase o escenario á foliada, para que toquen e bailen todos aqueles aos que lles apeteza pasalo ben.
Haberá carpa e a entrada será de balde.