Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Toma de posesión / Artigo en xornal.com de S. Carregal

Artigo en xornal.com de S. Carregal

Toma de posesión

Antes, durante e despois do acto de toma de posesión foron aparecendo distintos artigos nos xornais en relación coa escolla dun gaiteirazo solista vs á trapallada de edicións anteriores.

Neste caso, temos un artigo de S.Carregal publicado en xornal.com que podedes consultar na seguinte ligazón

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20050802104253

Mais información

(martes 02 de agosto de 2005)

XORNAL I S.Carregal / A Coruña.- O señor Foxo toma rumbo de baixada no noso ascensor por terse considerardo tácitamente posuidor único do son da gaita galega. O director de la Real Banda de Gaitas de Ourense ven de lamentar a ausencia dos seus pupilos na toma de posesión de Touriño.

Debería saber que moitos non o consideran precisamente defensor das raíces propias de Galicia polos ritmos que saen dos foles que el controla. Empregar gaitas de tres roncos ou unha percusión non correspondente á tradición galega, valeulle unha chea de críticas por parte de defensores da etnografía e a tradición da nosa terra. Por non falar do carácter marcial que teñen estas formacións, que moitos se pregunta de onde xurde.

Igualmente, que un presidente galego decida dignificar a tradición da man dun único gaiteiro, de coñecido prestixio, que entone o himno do antiguo Reino, en vez de encher unha praza de gaitas na procura récords, non parece ser merecedor de críticas.

Segundo Foxo "diante de colores políticos, están as raíces galegas", certo. Aínda que non vemos relación entre o desprestixio da gaita e o número de gaiteiros que a toquen a un tempo. ¿Ou si?