Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Celebración do fin de curso da Tradescola

Celebración do fin de curso da Tradescola

AGG

Alumnos e docentes da Tradescola ofreceron un concerto no Centro Lug II co gallo da celebración do fin de curso.

O día 30 de Xuño ás 20 h. tivo lugar no Centro Lug II (Lugo) o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuaron alumnos e profesores de dito centro. Un ateigado salón de actos disfrutou co traballo desenvolto polos docentes e alumnos da Tradescola, que ofreceron no concerto, un amplo repertorio de música, canto e baile tradicional.

Posteriormente, ás 22 h. realizouse unha cea-festa á que asistiron o alumnado, docentes e convidados.

A Asociación de Gaiteiros Galegos obtivo un balance moi positivo do primeiro ano de vida da Tradescola, no que se formaron un total de 150 alumnos, e máis de 300 persoas puideron asistir aos monográficos realizados pola mesma en distintas comarcas da provincia, unha cifra importante tendo en conta que este é o primeiro ano de funcionamento do proxecto.

Cabe mencionar que para o vindeiro curso 2009-2010 xa hai unha reserva de prazas para a Tradescola á que se apuntaron preto de 200 alumnos e alumnas. Logo do descanso estival, a Tradescola iniciará un novo curso en setembro.